Saltar ao contido

Ana Vallés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAna Vallés
Biografía
Nacemento1959 Editar o valor en Wikidata (65/66 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónrealizadora, actriz, bailarina, dramaturga, poeta visual Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDicionario biográfico de Galicia
Enciclopedia Galega Universal
Gallegos Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4788199 BUSC: valles-ana-1959

Ana Vallés nada en Ferrol en 1959 é unha directora de escena, dramaturga, bailarina, actriz e poeta visual española.[1][2]Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes no ano 2024.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Deu os seus primeiros pasos no ámbito da artesanía creando monicreques o que a levou de maneira natural ao mundo do teatro. Creadora autodidacta, a maior parte da súa traxectoria profesional estivo ligada a Baltasar Patiño que asumiu a parte técnica mentres que Vallés orientouse máis cara á creación, a dirección e a posta en escena.[3] Nun principio, tiveron un taller para construír elementos escenográficos para outras compañías ata que decidiron lanzar un espectáculo coas súas propias marionetas. Continuaron creando montaxes diferentes aos habituais e investigando no teatro de creación afastándose do de texto á vez que trataban de alcanzar unha maior conexión co público buscando formas de aproximar a este a figura interpretativa.[4][5]

En 1986, fundaron en Santiago de Compostela, a compañía galega Matarile Teatro, que desde entón, experimenta con diferentes tipos de linguaxe escénica atravesando teatro, danza, performance ou circo.[6][7]

Entre 1993 e 2008, mantiveron aberto o Teatro Galán, como espazo para programar e difundir o teatro e a danza contemporáneos en Galicia. Este teatro converteuse nun importante referente para as artes escénicas na rexión, de feito, foi o primeiro que programou danza contemporánea de forma estable.[8][4] En 1995, puxeron en marcha o Festival Internacional de danza para paseantes En Pé de Pedra[9] que se celebrou durante doce anos en rúas e prazas de Compostela. Este proxecto desempeñou un papel fundamental no desenvolvemento e promoción da danza contemporánea en Galicia e brindou oportunidades a numerosas coreógrafas e coreógrafos emerxentes.[10][6]

En 2010, Matarile Teatro tivo un parón por motivos económicos, pero a partir de 2013, volveu á actividade con novas formulacións, recuperando o seu espírito colaborativo cunha compañía máis pequena e incorporando a música en escena, entre outros cambios.[1][5][11]

No ano 2017, crearon a sala Montiel, un espazo de exhibición temporal para novos creadores, que se caracterizou pola súa independencia dos orzamentos e normativas oficiais, permitindo unha maior liberdade creativa e artística.[6][12][13]

En 2019, o Festival de Outono da Comunidade de Madrid na súa edición 37 homenaxeou a Matarile Teatro entre outras compañías por levar máis de tres décadas na vangarda escénica española e programou unha retrospectiva da compañía coas obras Daimon y la jodida lógica, Los limones, la nieve y todo lo demás e Teatro Invisible[14].[15]

Ao longo da súa traxectoria, Vallés puxo en escena con Matarile Teatro varias decenas de espectáculos dificilmente clasificables, que recibiron numerosos premios e mencións en distintos lugares de España e Europa.[16]

Ademais dos traballos con Matarile Teatro, tamén realizou outros á marxe desta compañía.[6] No ano 2000, con motivo de Santiago Capital Cultural Europea, inaugurouse o II Festival Millenium co espectáculo escrito e dirixido por Vallés Para figuras brancas encargado polo Auditorio de Galicia.[17] Para o Teatro de la Abadía creou e dirixiu Me acordaré de todos vosotros en 2007.[18] Dirixiu ou se encargou da dramaturxia da compañía Provisional Danza, xunto a Carmen Werner, en tres espectáculos Fine Romance (2001),[19] Matar el nueve (2005) e Sin pena y sin Gloria (2012).[20][21] Foi directora e creadora de Illa Reunió para o Centro Dramático Galego (CDG) (2006).[22] En 2010, encargouse da dirección e dramaturgia da ópera A voz humana para o Auditorio de Galicia.[23] En 2011, Vallés colaborou co Centro Dramático Galego (CDG) e a Radio Galega dirixindo a dramatización das obras finalistas do V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.[24] En 2017, estreouse El fin de las cosas, peza de danza contemporánea creada e dirixida por Eva Guerrero, na que Vallés participou como Ojo externo.[25]

En maio de 2023, por primeira vez desde que comezou a súa relación profesional, Vallés presentou un espectáculo de Matarile Teatro sen a presenza de Baltasar Patiño nos créditos, FRÁXIL handle with care.[26]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • En 1992, obtivo o Premio Compostela de Teatro á Mellor Dirección por Café Acústico.
  • En 1996, Negro é negro, foi nomeada aos Premios de Teatro Galego María Casases a Mellor Dirección e Mellor Espectáculo.[27]
  • En 2001, obtivo o 2.º Premio á Mellor Dirección do IV Certame Nacional de Teatro para Directoras de Escena.[28]
  • En 2003, fíxose co 2.º Premio á Mellor Dirección do VI Certame Nacional de Teatro para Directoras de Escena.[28]
  • En 2003, recibiu o Premio a Mellor Dirección dos Premios de Teatro Galego María Casases por Así que pasen cinco anos, montaxe da Compañía Sarabela.[29]
  • En 2005, Historia Natural alzouse co Premio ao Espectáculo máis Innovador do XI Festival Internacional de Teatro e Artes de Rúa de Valladolid (TAC). Tamén conseguiu o Premio do Público ao Mellor Espectáculo na Feira do Teatro de Galicia.[14]
  • En 2008, o Festival Internacional de Teatro e Artes de Rúa de Valladolid (TAC) dedicoulle unha homenaxe pola súa traxectoria artística.[14][30]
  • En 2009, recibiu o Premio do Público ao mellor espectáculo do Festival Don Quixote de París por Animais Artificiais[14].
  • En 2015, alzouse co Premio ao Espectáculo máis Innovador do XI Festival Internacional de Teatro e Artes de Rúa de Valladolid (TAC) por Homes Bisagra[14].
  • En 2019, foi nomeada a mellor Directora de escena nos Premios Max polo traballo Circo de pulgas. Con este nomeamento, foi a primeira directora galega finalista nestes premios.[1]
  • En 2024 foi Medalla de Ouro do Mérito nas Belas Artes do Ministerio de Cultura.[31]

Espectáculos

[editar | editar a fonte]
  • 1986 - O cumpreaños da infanta, construción de monicreques, manipulación, voz en directo, codirección de Vallés e Baltasar Patiño. É considerado o primeiro espectáculo de marionetas para adultos de Galicia.[32]
  • 1991 - Andante, creación e dirección.
  • 1992 - Café Acústico, creación e dirección.
  • 1993 - Deriva, codirección de Vallés e Baltasar Patiño.
  • 1995 - MVSEO, creación, dirección e interpretación.
  • 1996 - Negro é negro, creación, dirección e interpretación.
  • 1996 - Zeppelin núm. 7, creación, dirección e interpretación.
  • 1997 - 12 rounds, creación, dirección, guion e interpretación.
  • 1998 - Teatro para camaleóns, creación e dirección.
  • 1999 - The Queen is dead, creación, dirección e interpretación.
  • 2000 - Para figuras brancas, creación e dirección.
  • 2001 - A brazo aberto, creación, dirección e interpretación.
  • 2001 - Fine Romance, dirección compañía Provisional Danza.
  • 2002 - Sin sombra de duda, creación e interpretación.
  • 2003 - Acto seguido, creación e dirección.
  • 2005 - Pie izquierdo, creación e interpretación en colaboración coa coreógrafa e bailarina de Provisional Danza, Carmen Werner.
  • 2005 - Historia Natural, creación, dirección e textos.
  • 2005 - Matar el nueve, dramaturgia.
  • 2006 - Illa Reunió, creación y dirección.
  • 2007 - Truenos y misterios, creación, dirección, interpretación e textos.
  • 2008 - Animales artificiales, creación, dirección, interpretación e textos.
  • 2009 - Cerrado por aburrimento, creación, dirección, interpretación e textos.
  • 2010 - La voz humana, dirección e dramaturgia.
  • 2012 - Sin pena y sin Gloria, dirección.
  • 2013 - Staying Alive, creación, dirección, interpretación e textos.
  • 2014 - Hombres bisagra, codirección de Vallés e Baltasar Patiño.
  • 2014 - El cuello de la jirafa, creación, dirección, interpretación e textos.
  • 2014 - Teatro invisible, dirección e textos.
  • 2016 - Antes de la metralla Forcejeos Humidades y Estratexias sobre Tácticas Teatrales, encontro escénico. Participante.
  • 2017 - Circo de pulgas, creación, dirección e interpretación.
  • 2017 - El fin de las cosas, ollo externo.
  • 2018 - Los limones, la nieve y todo lo demás, creación e interpretación en colaboración coa bailarina e coreógrafa Mónica García.
  • 2019 - DAIMON y la jodida lógica, dirección, textos e coreografías.
  • 2020 - El diablo en la playa, dirección e textos. Primeira parte da Triloxía da fraxilidade.
  • 2021 - Inloca, dirección, texto e coreografía. Segunda parte da Triloxía da fraxilidade.
  • 2023 - FRÁXIL handle with care, creación, dirección, texto, espazo escénico e coreografía. Terceira parte da Triloxía da fraxilidade.

Obra publicada

[editar | editar a fonte]
  • 2017 - Cerrado por aburrimento, Staying Alive, Teatro invisible, El cuello de la jirafa. Transcrición das dramaturgias textuais de Ana Vallés e Matarile para estas catro pezas. Edicións Invasoras ISBN 84-16-99306-8
  • 2022 - Inloca, Centro Dramático Nacional ISBN 84-9041-438-6
  1. 1,0 1,1 1,2 "Ana Vallés: «Lo raro es que se siga haciendo en muchos casos un teatro decimonónico»" (en castelán). 2019-05-20. Consultado o 2023-07-12. 
  2. Ribas, Por María Parejo (2019-11-17). "Ana Vallés: “Lo más difícil del teatro es dar con una forma propia”" (en castelán). Consultado o 2023-07-13. 
  3. "Ana Vallés: «Me encantaría poder recuperar esa efervescencia que tenía la ciudad»" (en castelán). 2019-10-28. Consultado o 2023-07-14. 
  4. 4,0 4,1 Nieto, Antonio Hernández (2020-10-08). "Ana Vallés, una referencia teatral no planificada" (en castelán). Consultado o 2023-07-14. 
  5. 5,0 5,1 "Matarile Teatro, 30 años con la mirada bajo el foco" (en castelán). 2016-03-22. Consultado o 2023-07-13. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 "Matarile Teatro". Consultado o 2023-07-12. 
  7. Rodríguez, José Carlos (2021-11-26). "Ana Vallés, de Matarile Teatro: “Europa vive fundamentalmente de sus ruinas”" (en castelán). Consultado o 2023-07-12. 
  8. "El Teatro Galán (Santiago de Compostela) se cierra como espacio de exhibición" (en castelán). Consultado o 2023-07-13. 
  9. "PEDRA INICIO". matarile (en inglés). Consultado o 2024-11-23. 
  10. culturagalega.org (2021-02-02). "O Festival Internacional de Danza para Paseantes desenvolveuse en Compostela entre 1995 e 2007" (en castelán). Consultado o 2023-07-13. 
  11. "La tormenta perfecta de Ana Vallés" (en castelán). 2021-11-22. Consultado o 2023-07-13. 
  12. "La Sala Montiel inicia su actividad" (en castelán). 2017-09-02. Consultado o 2023-07-13. 
  13. sabela (2017-08-05). "saLa Montiel, a 7 días" (en castelán). Consultado o 2023-07-13. 
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 horacio (2022-01-31). "«INLOCA», de Ana Vallés, un espectáculo dirigido a «dotados para la oscuridad»" (en castelán). Consultado o 2023-07-13. 
  15. "El Festival | 37 Festival de Otoño. 2019". Consultado o 2023-07-13. 
  16. Diariocrítico.com. "Ana Vallés: “Prefiero el balbuceo a la sentencia”" (en castelán). Consultado o 2023-07-14. 
  17. "Gena Baamonde - Primer movimiento: para figuras brancas | CDAEM, Teatro Español". Consultado o 2023-07-13. 
  18. "Me acordaré de todos vosotros" (en castelán). Consultado o 2023-07-13. 
  19. "Provisional Danza se adentra en el teatro con «Fine romance»" (en castelán). 2001-04-03. Consultado o 2023-07-13. 
  20. "Sin pena y sin gloria. 25 años de Provisional Danza". 
  21. Fole, Xiana. "USCénica: encontro teatral con Ana Vallés" (en castelán). Consultado o 2023-07-13. 
  22. "El Centro Dramático Galego representará mañana en el Jofre su último montaje, «Illa Reunión»" (en castelán). 2006-05-31. Consultado o 2023-07-16. 
  23. "Tiempos de decadencia" (en castelán). Consultado o 2023-07-13. 
  24. "Ana Vallés dirige para el CDG la dramatización de las obras finalistas del V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico - Xunta de Galicia" (en castelán). Consultado o 2023-07-14. 
  25. "Cia. Eva Guerrero: El fin de las cosas" (en castelán). Consultado o 2023-07-14. 
  26. Artezblai (2023-06-23). "Ana Vallés estrena la última parte de la 'Trilogía de la Fragilidad', vinculada a la pandemia" (en castelán). Consultado o 2023-07-14. 
  27. "Illa Reunión". Consultado o 2023-07-14. 
  28. 28,0 28,1 "XXI Certamen de Teatro para Directoras de Escena | Ayuntamiento de Torrejon". Consultado o 2023-07-14. 
  29. "VIII edición premios de teatro gallego". Consultado o 2023-07-14. 
  30. Artezblai (2008-05-26). "IX Festival Internacional de Teatro y Artes de Calle" (en castelán). Consultado o 2023-07-13. 
  31. Diario, Nós (2024-12-23). "Chelo Loureiro, Encarna Lago e Ana Vallés reciben a Medalla de Ouro do Mérito nas Belas Artes". Nós Diario. Consultado o 2024-12-24. 
  32. Antelo Lema, Luís Miguel (2020). Universidade Da Coruña, ed. A crise identitaria no sistema teatral galego do século XXI: tensións entre o valor económico e o compromiso cunha identidade cultural diferenciada (PDF). 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]