Ana do Reino Unido
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2018.) |
Ana do Reino Unido, a Princesa Real , (Anne Elizabeth Alice Louise), nada en Londres o 15 de agosto de 1950, é a única filla da raíña Isabel II do Reino Unido e do seu consorte, o príncipe Filipe de Edimburgo. É a sétima en portar o título de princesa real e a décimo terceira na liña de sucesión ao trono.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dende o momento do seu nacemento, o 15 de agosto de 1950, recibiu o título de princesa Ana de Edimburgo, grazas á patente real que o seu avó, Xurxo VI do Reino Unido emitira en 1948 garantindo devandito título aos fillos do duque de Edimburgo.
O seu bautizo celebrouse na Sala de Música do Palacio de Buckingham, o 21 de outubro de 1950.
A princesa educouse no Palacio de Buckingham e despois no internado Benenden en Kent. Este último permitiu á princesa dominar o idioma francés.
Traballo cos cabalos
[editar | editar a fonte]A princesa mostrou entusiasmo polos cabalos dende unha temperá idade e dedicoulles parte da súa vida. Competiu nos Xogos Olímpicos de Montreal 1976 co equipo británico. Foi presidenta da Federación Ecuestre Internacional entre 1986 e 1994.
Matrimonio e descendencia
[editar | editar a fonte]A súa voda o 14 de novembro de 1973 co capitán Mark Anthony Phillips na Abadía de Westminster foi televisada a todo o mundo.Tiveron dous fillos:
- Peter Phillips (nado o 15 de novembro de 1977). Casou con Autumn Patricia Kelly (n. 1978). Teñen dúas fillas:
Savannah Phillips (nada o 29 de decembro de 2010) e Isla Phillips (nada o 29 de marzo de 2012).
- Zara Phillips, MBE (nada o 15 de maio de 1981). con Michael James Tindall, MBE (n. 1978). Teñen dúas fillas:
Mia Tindall (nada o 17 de xaneiro de 2014) e Lena Tindall (nada o 18 de xuño de 2018).
Os seus fillos non recibiron título nobiliario ningún.
O 20 de marzo de 1974 a princesa sufriu un intento de secuestro infrutuoso.
En 1992 separouse do capitán Mark Phillips e casou co vicealmirante Timothy James Laurence, co que segue casada na actualidade.