Anacardium
xénero Anacardium | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Anacardio (Anacardium occidentale) | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
Véxase no texto |
Anacardium é un xénero de plantas de flor na familia Anacardiaceae, nativa das rexións tropicais das Américas.
Distribución
[editar | editar a fonte]Estas especies atópanse nas Américas tropicais, dende México e nas Indias Occidentais até o Brasil e o Perú.
Descrición
[editar | editar a fonte]Árbores case sempre de pequeno porte ou arbustos sempreverdes, de copa estendida, que poden acadar 6–10 m de altura en cultivo, aínda que existen algunhas variedades ou especies de gran tamaño, como o Anacardium excelsum (Mijao) ou o Anacardium giganteum, que poden chegar a acadar 45 m de altura ou máis.
Follas simples, alternas, obovadas, de até 20 x 15 cm, glabras, co ápice arredondado, curtamente pecioladas.
Inflorescencias en panículas terminais de numerosas flores, de 10 a 20 cm de longo, masculinas ou femininas, o cáliz con 5 sépalos, a corola con 5 pétalos lanceolados alongados, de 7 a 8 mm de longo, averdados cunha faixa avermellada. Androceo con 10 estames.
Propiedades
[editar | editar a fonte]O froito é comestíbel en Anacardium occidentale e consta dunha parte carnosa (pseudofroito), de sabor acedo e adstrinxente, rica en vitamina C, polo que se cultiva é a noz ou anacardio, froito seco situado no extremo da parte carnosa e rico en proteínas e graxas.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito por (Herb.) G.Nicholson e publicado en Species Plantarum 1: 383. 1753.[1] A especie tipo é: Anacardium occidentale
Anacardium: nome xenérico que deriva da palabra procedente do grego kardia = corazón, pola forma do seu froito.
En portugués coñécese a árbore como cajueiro, o froito é o cajú ou noz de cajú[2].
Algunhas das especies
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Anacardium". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 13 de xullo de 2013.
- ↑ https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm#15526145
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anacardium |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Anacardium |