Anacardio
Anacardio | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Anacardium occidentale L. 1753 |
Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 553 kcal (2 310 kJ) |
30.19 g | |
Amidón | 23.49 g |
Azucres | 5.91 g 0.00 g |
Fibra alimentaria | 3.3 g |
43.85 g | |
Saturadas | 7.783 g |
Monoinsaturadas | 23.797 g |
Poliinsaturadas | 7.845 g |
18.22 g | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Vitamina A | 0 IU |
Tiamina (B1) | 37% 0.423 mg |
Riboflavina (B2) | 5% 0.058 mg |
Niacina (B3) | 7% 1.062 mg |
Ácido pantoteico (B5) | 17% 0.86 mg |
Vitamina B6 | 32% 0.417 mg |
Ácido fólico (B9) | 6% 25 μg |
Vitamina B12 | 0% 0 μg |
Vitamina C | 1% 0.5 mg |
Vitamina D | 0% 0 μg |
Vitamina E | 6% 0.90 mg |
Vitamina K | 32% 34.1 μg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 4% 37 mg |
Cobre | 110% 2.2 mg |
Ferro | 51% 6.68 mg |
Magnesio | 82% 292 mg |
Manganeso | 79% 1.66 mg |
Fósforo | 85% 593 mg |
Potasio | 14% 660 mg |
Selenio | 28% 19.9 μg |
Sodio | 1% 12 mg |
Cinc | 61% 5.78 mg |
Outros constituíntes | Cantidade |
Auga | 5.20 g |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient |
O anacardio[1] (Anacardium occidentale) é unha árbore tropical da familia Anacardiaceae. Nativa do norte e nordés do Brasil, cultívase agora en moitas zonas de clima tropical, polo seu froito, tamén chamado anacardio.
A árbore mide entre 5 e 10 metros de altura, chegando os exemplares máis altos a 20 metros, coa súa copa ben poboada. O seu froito ten forma de ril, e seco ou torrado son as formas máis habituais do seu consumo. Xunto as súas flores, ben pequenas, fórmase un pedúnculo maior e máis brando que o froito, tamén comestible, de cor laranxa ou vermella.
Os portugueses levaron a árbore ás súas colonias de Asia e África, pero foi na India onde mellor se adaptou a árbore. Hoxe a India, Mozambique e o Brasil son os maiores exportadores do anacardio. Do anacardio tamén se procesa un licor; o de Goa, chamado fenny é o máis coñecido. En portugués a árbore coñécese co nome de cajueiro, e o froito como castanha de cajú.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Características
-
Froito
-
Flores
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para anacardio.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Anacardio |