Andoni Agirregomezkorta
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de abril de 1971 (53 anos) Donostia, España |
Actividade | |
Ocupación | actor, presentador |
Andoni Agirregomezkorta Muñoz, nado en Donostia en 1971, é un actor vasco. O seu traballo máis coñecido é o que realizou desde 2004 até 2011 en Vaya Semanita como presentador e actor, así como polo seu papel de Patxi na serie Euskolegas, spin-off da anterior.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En setembro de 2004 comezou en Vaya Semanita como actor. Destacou como protagonista en sketchs como o cobrador do bar ou Sé tinto, amigo, parodia do anuncio de Bruce Lee. Nesa etapa o programa recibiu o Premio da Academia de Televisión ao mellor programa autonómico de entretemento. Desde setembro de 2005 até xuño de 2011 foi o presentador e entrevistador de Vaya Semanita (a pesar de el mesmo afirmar que a entrevista no é o seu). Nesa etapa o programa conseguiu o Premio Ondas ao mellor programa autonómico.
- 1998 - Obra Teatral Tú a tú
- 1999 - Varios sketchs do programa de ETB-1 Sorginen Laratza
- 2000 - Obra Teatral Pulsos
- 2000 - Homenaxe a Lluís Companys Anuncio interactivo de Euskaltel
- 2001 - 8 capítulos na serie de ETB-1 Hasiberriak
- 2001 - La importancia de llamarse Ernesto
- 2002 - Obra teatral Tragicomedia de Don Cristóbal y la señá Rosita
- 2002 - Participación no programa Balearen sabeletik da Radio Popular de Loiola e Donostia.
- 2002 - Spot da campaña de EiTB Estamos abiertos (familia txapeldun).
- 2004 - Obra teatral A ze parea!
- 2004 - Programa da ETB-2 Vaya Semanita
- 2005 - Spots de cervexa Keler Epa!
- 2005 - Longametraxe El síndrome de Svensson
- 2005 - TV movie Zeru Horiek
- 2009 - Euskolegas, spin-off de Vaya Semanita
- 2010 - Participación no programa de TVG Comando chef
- 2012 - La que se avecina, un episodio
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Andoni Agirregomezkorta en Vaya SemanitaArquivado 22 de agosto de 2007 en Wayback Machine.
- Andoni Agirregomezkorta en Comando chef