Saltar ao contido

André Chastagnol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAndré Chastagnol
Biografía
Nacemento(fr) André Jean Chastagnol Editar o valor en Wikidata
21 de febreiro de 1920
XIV Distrito de París (Francia) Editar o valor en Wikidata
Morte2 de setembro de 1996 (76 anos)
París.
Presidente Société Française de Numismatique
1977 – 1979 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Francesa.
EducaciónLycée Lakanal (Sceaux , Altos do Sena).
Universidade de París.
Q89547790Presidente da Sociedade Francesa de Numismática.
Actividade
Campo de traballoEpigrafía, historiografía clásica, epigrafía e numismática.
Ocupaciónepigrafista, historiador da antigüidade clásica, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorDeutsches Archäologisches Institut.
Pontificia Accademia Romana di Archeologia.
Polska Akademia Umiejetnosci.
Centre national de la recherche scientifique.
École pratique des hautes études.
Membro de
Société française de numismatique.
Société nationale des antiquaires de France.
ProfesoresAndré Piganiol Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoRoland Delmaire (en) Traducir, Christophe Badel (en) Traducir, Stéphane Benoist e Christine Hamdoune (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Oficial da Orde Nacional do Mérito.
Comendador das Palmas Académicas.

Descrito pola fonteThe New Pauly (en) Traducir, (vol:Supplementband 6, p.223-224) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1012869

André Jean Chastagnol, nado en París o 21 de febreiro de 1920 e finado na mesma cidade o 2 de setembro de 1996, foi un historiador, epigrafista, numismático e catedrático universitario francés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]

André Chastagnol cursou o seu ensino secundario no Lycée Lakanal, en Sceaux, no departamento francés de Altos do Sena, e posteriormente licenciouse en Historia e Xeografía na Universidade de París.[1]

Logo da súa etapa formativa e de acadar a súa acreditación docente, exerceu como profesor durante unha década, primeiro no Lycée de Châteauroux (1946-1950) e despois no Lycée Hoche de Versalles (1950-1956).[1]

En 1960 acadou o seu doutoramento, coa defensa dunha tese acerca da prefectura urbana en Roma durante o Baixo Imperio,[2][3][4] que iniciara en 1941 baixo a dirección do arqueólogo e historiador André Piganiol e que logo continuou a partir de 1947 con William Seston como director.[1]

Traxectoria universitaria

[editar | editar a fonte]

Chastagnol acadou en 1956 a condición de investigador asociado no Centro Nacional de Investigación Científica (CNRS, polas súas siglas en francés), que abandonou axiña, cando se lle abriu a posibilidade da docencia universitaria. En 1957 exerceu a docencia en Alxer, onde dedicou unha serie dos seus estudos á epigrafía da África romana,[1] que foron o xermolo da posterior publicación de L'Album municipal de Timgad, en 1978.[3][5]

A partir do seu doutoramento en 1960 foi profesor na Universidade de Rennes, compartindo departamento con Jean Delumeau, Pierre Goubert, Pierre Riché e François Villard.[1] Logo de pasar un semestre na Universidade de Princeton en 1963, en 1965 trasladouse como profesor á Universidade Paris-Nanterre, onde fundou o Centro de Investigacións sobre a Antigüidade Tardía e a Alta Idade Media, xunto con Pierre Riché.[6] Finalmente, en 1969 trasladouse á Université Paris-Sorbonne (Paris 4), á que estivo vinculado ata que puxo fin á súa carreira como catedrático coa súa xubilación en 1986.[3][7][8]

Paralelamente ao exercicio da súa cátedra, Chastagnol sucedeu en 1980 a Hans-Georg Pflaum como director do seminario de Epigrafía Latina da École pratique des hautes études,[9] da que logo pasou a ser profesor emérito.[3][7]

Actividade científica

[editar | editar a fonte]

As súas obras acerca do Baixo Imperio romano e a Antigüidade tardía convertéronse en referencia e mantiveron a súa autoridade. Chastagnol interesouse en especial pola Historia Augusta, que traduciu, e a cuxo estudo contribuíu decisivamente.[8]

André Chastagnol foi membro da Sociedade Francesa de Numismática desde 1965, de cuxa xunta directiva formou parte a partir de 1971, en condición de presidente entre 1977 e 1979.[10][11] Tamén formou parte do comité de redacción da revista desta sociedade, Revue numismatique, na que publicou catro dos seus artigos.[12]

Entre a súa actividade en institucións e sociedades eruditas, cabe destacar tamén o seu papel como copresidente do comité editorial de L'Année épigraphique (1974-1992) e como membro do Instituto de Dereito Romano, da Pontificia Academia Romana de Arqueoloxía, da Academia Polaca de Ciencias, do Instituto Arqueolóxico Alemán, da Sociedade de Estudos Latinos (presidente en 1975) e da Sociedade Nacional de Anticuarios de Francia (presidente en 1980).[1]

Chastagnol mantivo unha forte vinculación co Centro Gustave-Glotz, de París, onde presentou algunhas das súas investigacións e onde, en 1976, organizou xunto con Claude Nicolet e Henri van Effenterre a conferencia “Exércitos e impostos no mundo antigo”. Tamén foi presidente da Asociación de Amigos do Centro Glotz.[8]

A súa participación nos Congresos de Historia Augusta tamén foi habitual, desde o segundo, en 1963, ata o celebrado en 1994 en Maria Laach, Bonn.[1]

É de salientar a colaboración asidua de Chastagnol na revista L'Année Epigraphique, de cuxa dirección se encargou a partir de 1975 xunto con Jean Gagé, Marcel Leglay e Hans-Georg Pflaum.[13] Tamén pertenceu ao comité de dirección de Antiquités africaines entre 1976 e 1994, unha revista na que publicou varias investigacións relevantes.[9]

A rica biblioteca de Chastagnol foi cedida á Sorbona, e pasou a formar parte da Biblioteca de Serpente.[14]

André Chastagnol finou en París o 2 de setembro de 1996.[2][8][9]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

A obra de Chastagnol é moi abundante, con máis de 200 referencias entre artigos e monografías.[9] Esta é unha escolma os traballos monográficos publicados por el ao longo da súa traxectoria:[15][16][17]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Carrié, J-M.; Duval, N. (1997) Arquivado 21 de decembro de 2018 en Wayback Machine.. Páxina 14.
  2. 2,0 2,1 Loriot, X.; Nony, D. (1997). Páxina 7.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Catinchi, P-J. (1996).
  4. Véxase "(1960)" na sección "Publicacións".
  5. Véxase "(1978)" na sección "Publicacións".
  6. Carrié, J-M.; Duval, N. (1997) Arquivado 21 de decembro de 2018 en Wayback Machine.. Páxinas 14-15.
  7. 7,0 7,1 Carrié, J-M.; Duval, N. (1997) Arquivado 21 de decembro de 2018 en Wayback Machine.. Páxina 15.
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 "André Chastagnol (1920-1996)". En Cahiers du Centre Gustave Glotz. 1997. VIII. Páxinas 7-8.
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 Gascou, J. (1996).
  10. Le Rider, G. et al. (1965). "La Société française de numismatique : 1865-1965". En Revue Numismatique. 1965. Páxina 24.
  11. "Les présidents de la SFN". Société française de numismatique (Sfnumismatique.org).
  12. Loriot, X.; Nony, D. (1997). Páxina 8.
  13. Carrié, J-M.; Duval, N. (1997) Arquivado 21 de decembro de 2018 en Wayback Machine.. Páxina 17.
  14. "Bibliothèque de Serpente". Lettres.sorbonne-universite.fr
  15. "Bibliographie africaine d'Anfré Chastagnol". En Antiquités africaines. Vol. 32. Páxina 8.
  16. "Chastagnol, André (1920-1996)". Persee.fr
  17. "L’œuvre d'André Chastagnol". En Ktèma. Vol. 26.? 2001. Páxinas 163-237.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
F. Dumas
Presidente da
Sociedade Francesa de Numismática

1977-1979
Sucesor:
Daniel Nony