Andrés Eguíbar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de abril de 1954 ![]() Portugalete, España ![]() |
![]() | |
2 de xullo de 1977 – 2 de xaneiro de 1979 Lexislatura: Lexislatura Constituínte de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña Electo en: Eleccións Xerais 1977 en España ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Andrés Eguíbar Rivas, nado en Portugalete o 5 de abril de 1954, é un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comercial Administrativo. Militante das Juventudes Socialistas, foi detido en 1972 e condenado polo Tribunal de Orde Pública. Posto en liberdade, foi novamente detido na concentración socialista de homenaxe a Pablo Iglesias no cemiterio civil de Madrid e pasou dous meses en Carabanchel.
Instalado na Coruña, foi secretario de relacións políticas da Federación galega do PSOE e como tal participou na Táboa Democrática de Galicia e na Plataforma de organismos democráticos. Foi elixido deputado do Congreso polo PSOE pola provincia da Coruña na lexislatura constituínte (1977-1979). En xaneiro de 1979 abandonou o PSOE e solicitou a alta na UCD.[1] En 1980 foi nomeado Subdirector Xeral de Traballo da Consellería de Traballo e Servizos Sociais. Foi xerente do Xacobeo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Andrés Eguibar" 2/1/1979 El País (en castelán).