Andrés Lago
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Andrés Lago Louro 16 de febreiro de 1973 (51 anos) Louro, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xuíz |
Andrés Lago Louro, nado en Louro (Muros)[1] o 16 de febreiro de 1973,[2] é un xuíz galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Ingresou na carreira xudicial no ano 2004, e desde entón ocupou diversos xulgados como o Xulgado de Instrución número 2 de Corcubión, o número 1 de Cistierna (León), e o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela.[3]
Entre outros, foi o xuíz instrutor dos xuízos polo caso Orquesta[4], o accidente de Angrois[3] ou a denuncia dos doentes afectos pola hepatite C contra o SERGAS.[5]
É profesor da Universidade de Santiago de Compostela no mestrado de Avogacía.[6] Foi elixido xuíz decano de Santiago de Compostela en 2018 e reelixido no cargo en 2022.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Marta Gómez (29 de xaneiro de 2023). "Andrés Lago, un apasionado de la Justicia hecho a sí mismo". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ Consello Xeral do Poder Judicial (10 de maio de 2023). "A. Nombramientos, situaciones e incidencias". BOE: 64 993.
- ↑ 3,0 3,1 Faro de Vigo (ed.). "Andrés Lago Louro, nuevo titular del juzgado que investiga el Alvia.". Consultado o 28 de abril de 2016.
- ↑ Obelleiro, Paola. El País, ed. "El juez reactiva el ‘caso Orquesta’ tras la ratificación de 28 imputaciones.". Consultado o 28 de abril de 2016.
- ↑ Europa Press (ed.). "Dos cargos del Sergas, investigados por retrasar fármacos de hepatitis C.". Consultado o 28 de abril de 2016.
- ↑ "Práctica xurídica penal II". Universidade de Santiago de Compostela.
- ↑ "O loureán Andrés Lago Louro é reelixido por unanimidade xuíz decano de Santiago". Que pasa na Costa. 26 de outubro de 2022.