Andrés Landín
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1846 Nogueira, España |
Morte | 18 de febreiro de 1910 (63/64 anos) Pontevedra, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, político |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | Prudencio Landín Tobío |
Andrés Landín, nado en Nogueira (Meis) en 1846 e finado en Pontevedra o 18 de febreiro de 1910, foi un impresor, xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Instalouse en Pontevedra. Foi propietario da imprenta A. Landín (1868-69), que despois se denominou Landín y Compañía (1871) e finalmente A. Landín (1873-1900). No seu obradoiro imprimíronse moitos libros e periódicos como El Payaso, La República Federal (do que foi redactor), El Progreso, El Orden, La Crónica, La República e Extracto de Literatura. Fundou e dirixiu La Luz, El Lérez, El Diario, El Noticiero Gallego e Diario de Pontevedra. Foi un "riestrista" e "monterista" moi destacado. Foi concelleiro e primeiro tenente de alcalde de Pontevedra e vicepresidente da Cámara de Comercio de Pontevedra. Finou en Pontevedra o 18 de febreiro de 1910.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Dolores Tobío e foi pai de Prudencio Landín Tobío.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en Diario de Pontevedra, 19-2-1910, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Andrés Landín |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- "Landín, Andrés". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Landín, Andrés". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.