Andrés Suárez Otero
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de abril de 1983 ![]() Ferrol, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantautor, músico ![]() |
Período de actividade | 2002 ![]() |
Xénero artístico | Balada e Jazz ![]() |
Instrumento | Voz, guitarra e piano ![]() |
Selo discográfico | EMI ![]() |
Sitio web | andressuarez.es ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Andrés Suárez Otero, nado en Ferrol o 16 de abril de 1983, é un cantautor galego en lingua castelá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Con dez anos de idade montou o seu primeiro grupo na súa cidade natal, Ferrol. Dende entón pasou por distintos grupos de pop e rock até viaxar a Santiago de Compostela. Alí fíxose cantautor, actuou polos locais da zona vella e gravou o seu primeiro disco, De ida, cunha distribución de case tres mil copias e que o levou de xira por todo o país.
No ano 2006 gañou o Certamen de Jóvenes Cantautores Burgos, o primeiro premio á mellor letra no certame Cantautores Elche e, tamén á mellor letra, no Certame Descubre la Región de Murcia de Madrid.[1] Ademais, logrou o segundo premio no Certame Marcilla Trovadora de Navarra, e o terceiro premio no Certame Alameda de Málaga.[2][3]
Discografía
[editar | editar a fonte]- De ida
- Maneras de romper una ola (2008) - Produción: Tontxu
- Piedras y charcos (EP) (2010)
- Cuando vuelva la marea (2011)
- Moraima (2013)
- Mi pequeña historia (2015)
- Desde una ventana (2017)
- Andrés Suárez (2020)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Serna, Rebeca (19 de novembro de 2006). "Andrés Suárez gana el XIII Concurso de Cantautores". Diario de Burgos (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 30 de maio de 2017.
- ↑ Villa Trovadora (5 de xuño de 2006). "Ganadores de la 1ª edición (5 de junio de 2006) celebrado en Marcilla (Navarra)" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 30 de maio de 2017.
- ↑ Santiago. Ro. "Entrevista con Andrés Suárez en Vis a Vis". El Correo Gallego (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 30 de maio de 2017.