Andrés Tomás Bouza de Figueroa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1819 San Xurxo de Sacos, España |
Morte | 13 de xaneiro de 1885 (65/66 anos) Santiago de Compostela, España |
Alcalde de Santiago de Compostela | |
11 de xaneiro de 1874 – 30 de marzo de 1875 ← José Sánchez Villamarín – Juan José Viñas → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político, xurista |
Andrés Tomás Bouza de Figueroa, nado en San Xurxo de Sacos (Concello de Cotobade) en 1819 e finado en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1885,[1] foi un xurisconsulto e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do facendado de Cotobade Domingo Antonio da Bouza e da rianxeira Silvestra Martínez, estudou Leis na Universidade de Santiago de Compostela.
Xuíz de Paz de Santiago (ca. 1863), Promotor Fiscal de Santiago (1869) e de Ferrol (1870), e avogado colexiado de Santiago. A súa carreira política deu comezo a mediados do século XIX, incorporándose ás corporacións de Pío Rodríguez Terrazo[2] e José Sánchez Villamarín[3], onde alcanzou unha das tenencias de alcalde. Foi alcalde de Santiago de Compostela entre 1874 e 1875, comenzando o seu mandato de modo interino por nomeamento «da autoridade militar da cidade»[4], tras o golpe militar do xeneral Manuel Pavía. Opúxose á Lei de Redención Foral do 20 de agosto de 1873, pedindo ao ministro de Graza e Xustiza a súa suspensión[5], cousa que sucedeu a finais do mes de febreiro de 1874.
Participou activamente na vida social compostelá, sendo socio do Recreo Artístico e Industrial de Santiago de Compostela e da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. Ademais, foi padroeiro de Sangue da Fundación Manuel Ventura Figueroa[6] e secretario do Colexio de Avogados de Santiago[7]. Desde os seus postos de responsabilidade, promoveu a celebración de corridas de touros na cidade, especialmente nas Festas do Apóstolo do Ano Santo de 1875[8]. Tamén pertenceu á Comisión organizadora dos Xogos Florais de Santiago, celebrados o 23 de abril de 1875[9].
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou o 11 de maio de 1844 coa viúva bilbaína Ventura Garay Laja, oito anos maior ca el.
Predecesor: José Sánchez-Villamarín Pereira |
Alcalde de Santiago 1874 - 1875 |
Sucesor: Juan José Viñas Balduvieco |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Discusión, de Madrid, 18-1-1885.
- ↑ Esposición [sic] elevada á S.M. por el Ayuntamiento Constitucional de Santiago en 29 de junio de 1856....
- ↑ La Gacetilla de Santiago, de 21-4-1873 e 20-5-1873.
- ↑ Segundo unha folla informativa de principios de 1874, cando se estaba afogando a rebelión cantonal de Cartaxena, polo que con probabilidade a data de inicio da súa alcaldía sexa o 11 de xaneiro ("Ayer tarde tomaron posesión del cargo de Concejales...", impreso por José Souto Díaz; Biblioteca de Galicia, sg.530).
- ↑ El Ejemplo, 3-2-1874, p.2.
- ↑ El Diario de Santiago, de 13-4-1877, p.2.
- ↑ Gaceta de Galicia, de 18-5-1880.
- ↑ El Diario de Santiago, de 14-12-1874 e 2-3-1875.
- ↑ El Diario de Santiago, de 23-3-1875.