Saltar ao contido

El Diario de Santiago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Diario de Santiago

Editar o valor en Wikidata
Fundación6 de xullo de 1873
FundadorManuel Bibiano Fernández
LocalidadeSantiago de Compostela
Na rede
Galiciana: 3856
editar datos en Wikidata ]

El Diario de Santiago, foi un periódico galego editado en Santiago de Compostela entre 1873 e 1879.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulado De intereses materiales, noticias y anuncios, foi un periódico liberal fundado por Manuel Bibiano Fernández. O primeiro número apareceu o 6 de xullo de 1873, seguindo a numeración deixada pola anterior cabeceira, La Gacetilla de Santiago, da que era continuación. Dirixido por Manuel Bibiano Fernández e Alfredo Vicenti, contou coa colaboración de Alberto de Quintana. Tivo moitos problemas e unha forte censura eclesiástica (foi excomungado polo cardeal Payá). Cambiou o seu nome polo de Gaceta de Galicia en 1879.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]