Manuel Bibiano Fernández
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1842 Santiago de Compostela, España |
Morte | 28 de abril de 1907 (64/65 anos) Ourense, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Antonio e Mariano Fernández Tafall |
Manuel Bibiano Fernández Redondo, nado en Santiago de Compostela en 1842 e finado en Ourense o 28 de abril de 1907, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Creou en 1872 a imprenta que tirou do prelo La Gacetilla de Santiago. Co tempo modificou a súa denominación e adoptou os nomes das cabeceiras de El Diario de Santiago e Gaceta de Galicia, periódicos que dirixiu, este último ata que o 30 de xaneiro de 1892 pasou a dirección ao seu fillo Antonio Fernández Tafall. En 1876 promoveu a edición de La Reforma e en 1895 de La Propaganda Industrial. Organizou en xaneiro de 1888 unha reunión no Teatro-Circo en defensa dos ataques que algúns coruñeses dirixiran a Santiago e ao seu representante en Cortes Eugenio Montero Ríos. Publicou Las prolongaciones del ferrocarril compostelano a Pontevedra y Tieira (1895).
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi pai de Antonio e Mariano Fernández Tafall.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Palomares Ibáñez, Jesús María (1983). Universidad de Valladolid, ed. "Prensa y política en Galicia: la prensa periódica compostelana (1875-1936)". Investigaciones históricas: Época moderna y contemporánea (4): 391–430. Consultado o 8 de xullo de 2013.