Saltar ao contido

Andrea Nunes Brións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAndrea Nunes Brións

(2023) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de abril de 1984 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Marín, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoetisa, escritora Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX4681131 BUSC: nunez-briones-andrea-1984 Dialnet: 2130896
Andrea Nunes Brións no II Congreso LGBTIQ+, 2023.

Andrea Núñez Briones, coñecida tamén como Andrea Nunes Brións,[1] nada en Marín o 13 de abril de 1984,[2] é unha escritora galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2009. É unha activista política e feminista. A súa obra céntrase no ensaio e no xénero poético, está escrita na súa maior parte en lingua galega e é de carácter marcadamente feminista. Colabora de maneira activa en publicacións e proxectos relacionados co xénero, diversidade e lingua. Pertence ao grupo As Candongas do Quirombo e a Plataforma de Crítica Literaria A Sega.

Os seus versos foron publicados en numerosas revistas, xornais e libros colectivos. O seu primeiro poemario Corrente do esquecemento apareceu en 2007 editado por Aturuxo (Federación Galega de Asociacións Lésbicas, Gais, Bisexuais e Transexuais). En 2011 publicou Todas as mulleres que fun, foi finalista nos premios AELG, é un poemario ilustrado por Annet Borrás onde fai unha crítica contra o capitalismo, o patriarcado e a falta de consciencia ecolóxica. No 2018 escribe conxuntamente con María Rosendo Diáspora do amor balea, co que gañou o XII Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas en 2017. O seu último poemario, Esta disidencia que habitamos, é unha antoloxía bilingüe en español e galego editada por Librefeminista (Madrid), libro no que coexiste cos textos da autora clásica Renée Vivien.

Foi profesora durante seis anos en diferentes partes da China: Universidade de Nanjing, Universidade Normal de Changchun e en Xi´an Jiaotong Liverpool University.  En Italia traballou na Università de Ca´Foscari en Venecia e ao seu regreso a Galicia no Centro de Linguas da Universidade da Coruña. Na actualidade é profesora de ensino secundario en Santiago de Compostela e imparte diferentes obradoiros sobre escrita creativa e diversidade.

  • Corrente do esquecemento (Aturuxo, 2007)
  • Todas as mulleres que fun (Corsárias, 2011)
  • Diáspora de amor balea (Caldeirón, 2018; con María Rosendo Priego)
  • Esta disidencia que habitamos. Antoloxía bilingüe esp/gal (Librefeminista editora, 2023)

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Sem as mulheres nom há revoluçom. XXV Festival da Poesia no Condado. Salvaterra de Miño: S. C. D. Condado, 2011.
  • Mulheres entre poesía e luita (AMC). Assembleia de Mulheres do Condado. 2011
  • A cidade na poesía galega do século XXI. Noia: Toxosoutos, 2012.
  • Como cantan las piedras. Ed. Isla Negra, Puerto Rico, 2012
  • Guía viva de ortodoxos y heterodoxos en la poesía gallega contemporánea. Ed. Endimión. 2012
  • Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto. Malpica de Bergantiños: A. C. Caldeirón, 2013.
  • Cuestión social. Literatura, cine y prensa. Estudios de Comunicación Social. Andavira Editora. 2013
  • Prólogo del libro Do amor e outras mariconadas de Ricardo de Barreiro, Ed. Toxosoutos.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
  • De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño. 2015, libro electrónico.
  • 13. Antología de la poesía gallega próxima. (ed) María Xesús Nogueira. Edición bilingüe. Compostela/Madrid. Chan da pólvora & Papeles mínimos. 2017
  • Que nom te silenziem. XXXII Festival da poesia no Condado. Salvaterra de Miño: S. C. D. Condado, 2018.
  • Árbores que non arden. As mulleres na prevención de incendios forestais. Proxecto Batefogo. Catro Ventos. 2019
  • Poetízate. Cood Fran Alonso. Xerais 2018.
  • Prólogo do libro Entrecontar de Yolanda Aldrei, Através Editora, 2020
  • Nxs, as inadaptadxs. Representações, desejos e histórias lgbtiq na Galiza Através Editora.
  • 15 voces da nova poesía galega. Edición día das letras galegas. Gadis, 2021.
  • Poetas gallegos y portugueses. Ateneo de Pontevedra/ Deputación de Pontevedra, 2021
  • Alguén que Respira! Corpos, Disidencias e desexos. Xunta de Galicia- Concello de Santiago, 2022
  • Prólogo do libro Ex Céntricas de Anxela Lema e Sara Villar (Fetiche ed.)
  • Somos pandeireteiras. (ed) Natalia Balseiro, libro electrónico. 2022
  • Antoloxía Biosbarda para Parche. Ruín Alteredicións e Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos, 2022
  • Prólogo de Feitas ao Sisel de Diana Kurich, Editorial Caldeirón, 2023

En colaboración coas Candongas do Quirombo

[editar | editar a fonte]
  1. "Hemeroteca de Galicia Hoxe". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 11 de abril de 2011. 
  2. "Núñez Briones, Andrea (1984-)". Biblioteca nacional de España. 
  3. "Andrea Nunes e María Rosendo gañan o Illas Sisargas de poesía erótica". Sermos Galiza. 4 de novembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 05 de novembro de 2017. 
  4. "Gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2024". Axenda cultural Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. 7 de maio de 2024. Consultado o 15 de outubro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]