Andrea Zapata-Girau
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de novembro de 1986 ![]() Vigo, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | directora de cinema ![]() |
![]() ![]() |
Andrea Zapata-Girau, nada en Vigo o 26 de novembro de 1986, é unha directora de cinema galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou música no conservatorio Mayeusis de Vigo e na Guildhall School of Music & Drama, comunicación audiovisual na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, licenciouse na TAMK School of Art, Music & Media da Universidade de Ciencias Aplicadas de Tampere, na especialidade de montaxe cinematográfica.[1]
Os seus filmes foron programados en festivais como o Festival Internacional do Novo Cinema Latinoamericano da Habana, Festival Internacional de Cinema das Palmas de Gran Canaria, Internationale Kurzfilmtage Winterthur, Zinebi, Curtocircuíto e espazos como a Filmoteca Española (Madrid), Cineteca (Matadero Madrid), CCCB (Barcelona), Museo Sitio de Memoria (Bos Aires), teatro Symphony Space (Nova York) e o Gran Salón de Oración da sinagoga de Toledo.[2]
En 2023 recibiu en Finlandia a prestixiosa bolsa da fundación KONE para investigación, arte e cultura.
Obra
[editar | editar a fonte]- Jiskra (curtametraxe)
- Red (curtametraxe)
- Guitarra de palo (longametraxe)
- Aava (curtametraxe parte de Visións)
- Ruovesi (curtametraxe)
Premios
[editar | editar a fonte]A súa curtametraxe Aava, integrada na película colaborativa Visións,[3] recibiu o premio do xurado á mellor curtametraxe de imaxe real do Festival de Cans en 2017.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Andrea Zapata-Girau". Deputación de Pontevedra. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2019. Consultado o 14 de maio de 2019.
- ↑ "Biografía". Andrea Zapata-Girau.
- ↑ "Unha curta do proxecto da Deputación de Pontevedra “Cinema e mulle” recibe un premio no Festival de Cans". 29 de maio de 2017. Consultado o 14 de maio de 2019.
- ↑ "Palmarés 2017". Festival de Cans. Consultado o 14 de maio de 2019.