Curtocircuíto (festival)
Curtocircuíto | |
---|---|
Tipo | festival de cinema |
Data de fundación | 2004 |
Sede | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
Na rede | |
https://curtocircuito.org/gl | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Curtocircuíto é un festival internacional de cine, que se organiza en Santiago de Compostela dende o ano 2004[1]. Dende o ano 2013 o seu director é Pela del Álamo[2] substituíndo ó británico Tim Redford. Tradicionalmente o festival estivo centrado nas curtametraxes pero desde 2013 integrou na súa programación longametraxes e todo tipo de formatos audiovisuais. En 2015 o modelo de festival incluÍu propostas doutras disciplinas artísticas, sempre en diálogo co cinema. Desde entón, é presentado como un festival interdisciplinar que, tomando o cinema como eixo, prantexa unha programación heteroxénea que inclúe música, arte sonora, fotografía, artes visuais, etnografía ou literatura.
Forma parte xunto con Cineuropa e Amal do grupo de festivais de cine que se celebran na capital galega.
O Festival
[editar | editar a fonte]Realízase entre finais de setembro en comezos de outubro, aínda que con anterioridade ocupou outras datas. Desde o 2016 ten catro categorías competitivas:
- Radar: Unha das dúas sección oficiais onde se dan cita a propostas cine de autor internacionais.
- Explora: A outra sección oficial céntrase nas propostas mais transgresoras e experimentais.
- Planeta GZ: Na que se reúnen pezas producidas ao longo dese ano en Galicia e polo que teñen pasado directores galegos como Xacio Baño, Jaione Camborda, Santos Díaz, Álvaro Gago ou Lois Patiño.
- Penínsulas: Centrado na produción de curtametraxes no conxunto do estado.
Son habituais dentro do festival obradoiros de creación e outras seccións como retrospectivas e proxeccións de autores nacionais ou internacionais como Oliver Laxe, Jessica Sarah Rinland ou Aki Kaurismaki[3].
Durante os días do festival organízanse concertos en varias salas da cidade.
Palmarés
[editar | editar a fonte]2019
[editar | editar a fonte]Premio Radar: The Sasha, de María Molina.[4]
Premio Explora: ALTIPLANO, de Malena Szlam.
Premio Planeta GZ: En la Boca da Mina, de Brandán Cerviño.
Premio Penínsulas: Urpean Lurra, de Maddi Barber.
2018
[editar | editar a fonte]Premio Radar: Solar Walk, Réka Bucsi.[5]
Premio Explora: Monelle, Diego Marcon.
Premio Planeta GZ: Uluru, de Alberte Pagán.
Premio Penínsulas: Mi amado, las montañas, de Alberto Martín Menacho.
2017
[editar | editar a fonte]Premio Radar: Find, Fix, Finish de Mila Zhluktenko e Sylvain Cruiziat.[6]
Premio Explora: Y Berá. aguas de luz de Sarah Jessica Rinland.
Premio Planeta GZ: Aysha de Fon Cortizo.
Premio Penínsulas: Contact de Alessandro Novelli.
2016
[editar | editar a fonte]Premio Radar: Boy who cried de Mark Rappaport.[7]
Premio Explora: B-roll with Andre de James N. Kunitz.
Premio Planeta GZ: Rueda cabeza de Borja Santomé.
Premio Penínsulas: La disco resplandece de Chema García Ibarra.
2015
[editar | editar a fonte]Premio Radar: Blood Below the Skin de Jennifer Reeder.[8]
Premio Explora: Sound of a Million Insects, Light of a Thousand Stars de Tomomari Nishikawa
Premio Planeta GZ: Sin Dios ni Santa María de Helena Girón e Samuel M. Delgado.
2014
[editar | editar a fonte]Premio Radar: Traversées, de Antoine Danis.[9]
Premio Explora: Substanz, de Sebastian Mez.
Premio Planeta GZ: Ser e voltar, de Xacio Baño.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Curtocircuíto 2015 – Curtocircuíto". curtocircuito.org. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 2020-04-26.
- ↑ "Curtocircuíto estrena director y nuevo calendario". La Voz de Galicia (en castelán). 2013-11-21. Consultado o 2020-04-26.
- ↑ "O CINEASTA AKI KAURISMÄKI VISITARÁ CURTOCIRCUÍTO – Curtocircuíto". curtocircuito.org. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2018. Consultado o 2020-04-26.
- ↑ "Palmarés Curtocircuíto 2019". curtocircuito.org (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 2020-04-26.
- ↑ "Palmarés Curtocircuíto 2018". curtocircuito.org. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2020. Consultado o 2020-04-26.
- ↑ "Palmarés 2017". curtocircuito.org. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 2020-04-26.
- ↑ "PALMARÉS CURTOCIRCUÍTO 2016 – Curtocircuíto". curtocircuito.org. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 2020-04-26.
- ↑ "PALMARÉS 2015 – Curtocircuíto". curtocircuito.org. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 2020-04-26.
- ↑ "Curtocircuíto 2014". Magnolia (en inglés). 2014-10-17. Consultado o 2020-04-26.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web Arquivado 26 de setembro de 2018 en Wayback Machine. do Festival
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|