Andrei Katkov
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de outubro de 1916 Irkutsk, Rusia |
Morte | 18 de setembro de 1995 (78 anos) Roma, Italia |
Lugar de sepultura | Cemiterio comunal monumental Campo Verano |
Bispo titular | |
14 de novembro de 1958 – Diocese: Titular see of Nafplia (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica bizantina rusa |
Educación | Pontificio Instituto Oriental Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1958–), sacerdote católico (1944–) |
Consagración | Aleksandr Evreinov |
Andrei Katkov (en ruso: Андрей Катков), nado como Apollon Vladimirovich Katkov (en ruso: Аполлон Владимирович Катков) o 26 de outubro de 1916 en Irkutsk (Imperio Ruso) e finado o 18 de setembro 1995 en Roma (Italia), foi un relixioso mariano ruso, bispo grecocatólico ruso, que exerceu o seu apostolado na diáspora.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos en Rusia e na China
[editar | editar a fonte]Naceu nunha o 26 de outubro de 1916 en Irkutsk,[1] recibiu o nome de Apollon no seu bautismo na Igrexa ortodoxa rusa. En 1920 a familia trasladouse a Manchuria, e entre 1929 e 1937 Apollon Katkov estudou no Liceo de San Nicolao de Harbin, parte da estrutura do exarcado apostólico de Harbin para os católicos rusos de rito bizantino.
Logo dos seus estudos e de se converter ao catolicismo, ingresou como novizo na Congregación dos Padres Marianos, onde o seu mentor foi o bielorruso Tamaš Padziava. Katkov fixo os votos monásticos e tomou o nome de Andrei o 4 de decembro de 1938.
Roma
[editar | editar a fonte]En 1939 Andrei marchou a Roma para continuar a súa educación, e estudou Filosofía na Pontifícia Universidade de San Tomé de Aquino. En 1941 recibiu a tonsura monástica con votos perpetuos.
Foi ordenado sacerdote o 30 de xullo de 1944 polo bispo Aleksandr Evreinov.[1] Doutorouse en Filosofía en 1945, e posteriormente tamén graduouse polo Pontificio Instituto Oriental e residiu no Colexio Ruso. En Roma traballou cos refuxiados da Unión Soviética.
Diáspora rusa
[editar | editar a fonte]Por motivos pastorais foi trasladado a Inglaterra en 1950, e en 1951 a Australia, onde canda o arquimandrita Georgii Brianchaninov fundou un centro misioneiro en Melbourne para a atención dos católicos de rito oriental. En Australia organizou á comunidade de rusos católicos emigrados dende a República Popular da China. En 1958 o hieromonxe foi chamado a Roma polo papa Xoán XXIII, onde o 14 de novembro foi nomeado bispo titular de Nauplia. Recibiu a consagración episcopal o 21 de decembro de mans de Aleksandr Evreinov, e foi nomeado bispo coadxutor de rito bizantino.
En 1960 foi nomeado membro da Congregación para as Igrexas Orientais e visitador apostólico para os grecocatólicos rusos no exterior, cargo que exerceu até 1984. Viviu en Roma, onde seguiu a axudar aos emigrantes rusos, moitas veces chegados a través de Harbin.
Notas
[editar | editar a fonte]- Bispos da Igrexa católica bizantina rusa
- Bispos católicos de Rusia
- Bispos católicos do século XX
- Relixiosos católicos de Rusia
- Alumnos da Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino
- Alumnos do Pontificio Instituto Oriental
- Marianos da Inmaculada Concepción
- Membros da Congregación para as Igrexas Orientais
- Nados en 1916
- Nados en Irkutsk