Tamaš Padziava
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de febreiro de 1906 Piarchulieva (en) |
Morte | 2 de outubro de 1975 (69 anos) Londres, Reino Unido |
Lugar de sepultura | cemiterio de St Pancras e Islington |
Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica bizantina belarusa |
Educación | Pontificia Universidade Gregoriana |
Actividade | |
Ocupación | xornalista de opinión, sociólogo, pedagogo |
Empregador | Servizo belaruso da Radio Vaticana |
Familia | |
Irmáns | Anton Padziava |
Descrito pola fonte | Polish Biographical Dictionary (en) |
Tamaš Padziava (en belaruso: Тамаш Падзява), nado o 6 de febreiro de 1906 no distrito de Miory (Belarús)[1] e finado o 2 de outubro de 1975 en Londres,[1] foi un teólogo e relixioso católico belaruso.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Logo de rematar a súa educación básica, estudou no ximnasio Stefan Batory dos marianos en Druja. En 1926 ingresou na Congregación dos Padres Marianos, facendo os votos en 1927.[1] Entre 1929 e 1935 estudou en Roma, no Pontificio Colexio Ruso e na Pontificia Universidade Gregoriana,[1] doutorándose en Filosofía en 1931 e licenciándose en Teoloxía en 1935. O 23 de decembro de 1934 foi ordenado sacerdote por Mykolai Charnetskyi.[1]
Comezou o seu ministerio na rexión de Harbin, en Manchuria, onde foi profesor no Liceo de San Nicolao e en dúas escolas femininas das ursulinas.[1]
O 22 de decembro de 1948 foi expulsado da China e entregado ás autoridades soviéticas. Foi arrestado pola NKVD en Chita, onde estivo arredor dun ano.[1] En 1949 foi sentenciado a 25 anos de traballos forzados, e foi enviado ao campo de Taishet.[1] En 1955 foi liberado e deportado a Polonia,[1] residindo inicialmente no mosteiro de Grudziądz, e posteriormente nos de Gietrzwałd, Varsovia, Głuchołazy, novamente en Grudziądz, Licheń Stary e Włocławek.
Na década de 1960 acadou sona pola súa labor ecuménica, difundindo os seus coñecementos sobre as igrexas católicas orientais. Publicou artigos nas revistas Božym šliacham e Źnič, e colaborou na sección belarusa de Radio Vaticana. En 1969 marchou a Roma, e logo dun breve período, trasladouse a Londres, onde exerceu o seu ministerio entre os belarusos da diáspora.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Героі Беларускай Грэка-каталіцкай Царквы: ераманах Тамаш (Падзява) - святар і філосаф" [Heroes da Igrexa greco-católica belarusa: o monxe Tamaš (Padziava) - sacerdote e filósofo]. Radio Vaticana (en belaruso). 26 de febreiro de 2012. Consultado o 19/10/2018.
- Nados en 1906
- Nados na rexión de Viciebsk
- Sacerdotes católicos de Belarús
- Sacerdotes católicos da China
- Sacerdotes católicos de Polonia
- Sacerdotes católicos do Reino Unido
- Finados en 1975
- Marianos da Inmaculada Concepción
- Relixiosos católicos de Belarús
- Sacerdotes da Igrexa católica bizantina belarusa
- Alumnos do Pontificio Colexio Ruso
- Alumnos da Pontificia Universidade Gregoriana