Mykolai Charnetskyi
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de decembro de 1884 Semakivtsi (en) |
Morte | 2 de abril de 1959 (74 anos) Lviv, Ucraína |
Lugar de sepultura | cemiterio de Lychakiv, поле 35 (1973–) 49°49′51″N 24°03′23″L / 49.8309, 24.05646 Saint Josaphat Church, Lviv (en) 49°51′48″N 24°01′37″L / 49.863438, 24.026969 Kulparkiv cemetery (en) |
Bispo titular | |
16 de xaneiro de 1931 – Diocese: Lebedus titular see (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica bizantina ucraína |
Educación | Pontificia Universidade Urbaniana |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1931–), sacerdote católico (1909–) |
Orde relixiosa | Congregación do Santísimo Redentor |
Consagración | Hryhorii Khomyshyn |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 2 de abril |
Mykolai Charnetskyi, nado o 14 de decembro de 1884 en Semakivtsi (Austria-Hungría, hoxe Ucraína) e finado o 2 de abril de 1959 en Lviv (RSS de Ucraína), foi un redentorista greco-católico ucraíno, exarca apostólico de Volinia, Polesia e Podlasia, e beato da Igrexa católica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Naceu o 14 de decembro de 1884 en Semakivtsi, entón no Reino de Galicia e Lodomeria, hoxe en Ucraína;[1] era o maior dos nove fillos que tiveron Oleksandr e Paraskeva Charnetskyi. Foi enviado polo bispo Hryhorii Khomyshyn a estudar no Pontificio Colexio Ucraíno de Roma, e o 2 de outubro de 1909 foi ordenado sacerdote da eparquía de Stanislaviv polo bispo Khomyshyn;[1] posteriormente volveu a Roma onde doutorouse en Teoloxía. Á súa volta a Stanislaviv ensinou Teoloxía dogmática e Filosofía no seminario diocesano durante nove anos, exercendo tamén as funcións de director espiritual do mesmo.
Relixioso redentorista e exarca
[editar | editar a fonte]En 1913 a provincia belga dos redentoristas estabeleceu unha misión en Lviv. Charnetskyi entrou como novizo en 1919, e o 16 de setembro de 1920 profesou como membro da Congregación do Santísimo Redentor.[1] Posteriormente traballou nunha parroquia próxima, e máis tarde ensinou no seminario menor da congregación.
En 1926 os redentoristas comezaron unha nova misión en Volinia, co principal propósito de mellorar as relacións entre católicos e ortodoxos. O papa Pío XII nomeouno o 16 de xaneiro de 1931 bispo titular de Lebedus e visitador apostólico para os greco-católicos de Volinia e Podlasia.[1] Recibiu a consagración episcopal o 2 de febreiro de mans do mesmo Khomyshyn, e tivo como co-consagrantes ao bispo de Lungro Giovanni Mele e ao superior xeral dos marianos Pranciškus Būčys.[2][1] En 1939 foi nomeado exarca apostólico de Volinia, Polesia e Podlasia, e administrou tamén o exarcado de Belarús até o nomeamento de Anton Niemancevič.
Invasión soviética
[editar | editar a fonte]Logo da invasión soviética de 1944, en 1945 Charnetsyi foi arrestado e acusado de ser axente dun poder estranxeiro (o Vaticano), polo que foi condenado a traballos forzados.[1] Inicialmente foi compañeiro de prisión de Yosyf Slipyi en Mariinsk, mais ao longo da súa condena estivo en máis de 30 centros diferentes. En 1956 a súa saúde estaba tan deteriorada que as autoridades decidiron liberalo. Finou anos despois, o 2 de abril de 1959.[1]
Culto
[editar | editar a fonte]O papa Xoán Paulo II beatificouno o 27 de xuño de 2001 na súa visita pastoral a Ucraína, xunto aos compañeiros mártires da súa causa conxunta.[3][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Boland, S. J. (1987). A Dictionary of the Redemptorists. Roma: Collegium S. Alfonside Urbe. p. 98.
- ↑ Beco, Jean (2006). "Les cent cinquante ans de la maison "Sant'Alfonso" à Rome" (PDF). Spicilegium Historicum Congregationis SSmi Redemptoris (Collegium S. Alfonsi de Urbe) LIV (Fasc. 1-2): 19. Consultado o 03/10/2018.
Le 8 février 1931, consécration épiscopale de Nicolas Czarneckij [...] par Mgr Gregor Chomyszyn, évêque ukrainien de Stanislawów, assisté de Mgr Pietro Bucys, évêque d'Olimpo et Mgr Giovanni Mele, évêque de Lungro pour les ltalo-albanais. Autres concélébrants: Mgr D. Sipiaguine et Dionisio Holoveckyj
- ↑ Os outros mártires da Igrexa católica ucraína beatificados canda el foron: os bispos Yosafat Kotsylovskyi, Nykyta Budka, Symeon Lukach, Vasyl Velychkovskyi, Ivan Sleziuk, Hryhorii Khomyshyn e Hryhorii Lakota; os presbíteros Mykola Konrad, Andrii Ishchak, Roman Lysko, Mykola Tsehelskyi, Petro Verhun e Oleksii Zarytskyi; os relixiosos Yakym Senkivskyi, Severiian Baranyk, Zenon Kovalyk, Vitalii Bairak e Ivan Ziatyk; as relixiosas Tarsykiia Matskiv, Olimpiia Bida e Lavrentiia Harasymiv; e o laico Volodymyr Pryima. Tamén foron beatificados os bispos grecocatólicos rusos Leonid Fedorov e Klymentii Sheptytskyi; e o bispo ruteno Teodor Romzha.
- ↑ Resch, Andreas (2006). I beati di Giovanni Paolo II. Libreria Editrice Vaticana. p. 108. ISBN 9788820978334.