Teodor Romzha
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (hu) Romzsa Tivadar György 14 de abril de 1911 Bocicoiu Mare, Romanía (pt) |
Morte | 1 de novembro de 1947 (36 anos) Mukachevo, Ucraína (pt) |
Causa da morte | veleno |
Bispo titular | |
8 de setembro de 1944 – Diocese: Appia (en) | |
Administrador apostólico | |
8 de setembro de 1944 – | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Pontificia Universidade Gregoriana Collegium Russicum (en) Collegium Germanicum et Hungaricum (pt) |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1944–), sacerdote católico (1936–), diácono (1935–) |
Consagración | Miklós Dudás |
Enaltecemento | |
| |
Día de festividade relixiosa | 31 de outubro |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Teodor Romzha (en ucraíno: Теодор Ромжа; en húngaro: Tódor Romzsa), nado o 14 de abril de 1911 en Velykyi Bychkiv (Austria-Hungría) e finado o 31 de outubro de 1947 en Uzhhorod (R.S.S. de Ucraína), foi un eclesiástico grecocatólico ruteno, administrador apostólico de Mukacheve, asasinado polo NKVD en 1947 e beatificado en 2001.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Romzha foi o noveno fillo de Pavel Romzha e Mariia Semak, pais dunha familia modesta e profundamente cristiá.[1] Naceu na vila de Nadbohcko (hoxe Velykyi Bychkiv) o 14 de abril de 1911.[1] Logo de rematar a educación básica na súa vila natal, continuou os seus estudos en Khust, graduándose con excelentes cualificacións en 1930;[1] amais de húngaro e ucraíno, aprendeu checo, latín, francés e ruso.[1] No mesmo ano, coa aprobación do bispo de Mukacheve Petro Gebei foi enviado ao Colexio Xermánico-Húngaro, mais antes de finalizar o curso alí trasladouse en 1934 ao Pontificio Colexio Ruso. En 1937 graduouse magna cum laude en Filosofía e Teoloxía pola Pontificia Universidade Gregoriana.[1]
Sacerdocio
[editar | editar a fonte]Recibiu a ordenación diaconal en 1935, e foi ordenado sacerdote o 24 de decembro de 1936 polo bispo ordenante para o rito bizantino Aleksandr Evreinov, continuando os seus estudos de seguido na Gregoriana. En 1937 volveu ao seu país para cumprir co servizo militar obrigatorio dun ano, na escola de oficiais de Praga; posteriormente foi nomeado administrador dunha parroquia na vila de Berezovo, e en 1939 profesor de filosofía no Seminario Teolóxico de Uzhhorod.[1]
Episcopado
[editar | editar a fonte]O 8 de setembro de 1944 foi nomeado administrador apostólico de Mukacheve. Recibiu a consagración episcopal o 24 de setembro, de mans do bispo de Hajdúdorog Miklós Dudás, na catedral de Uzhhorod.[1] A ocupación de Ucraína Occidental polos soviéticos veu seguida dunha dramática perda de sacerdotes, e Romzha comezou a trasladar ao clero que lle restaba a necesidade de prepararse para o martirio.[1] O seu rexeitamento a unirse á Igrexa ortodoxa foi a súa sentenza de morte.[1]
O 27 de outubro de 1947 recibiu unha malleira de soldados soviéticos, e posteriormente foi hospitalizado en Uzhhorod.[1] Na noite do 31 de outubro foi asasinado por envelenamento cunha inxección de curare que o NKVD proporcionou a unha enfermeira, axente do goberno.[1] Segundo as investigacións levadas a cabo por Evgeniia Albats, o seu asasinato foi ordenado persoalmente por Khrushchev.
Culto
[editar | editar a fonte]Romzha foi beatificado como mártir polo papa Xoán Paulo II o 27 de xuño de 2001 en Lviv. A súa festa celébrase o 31 de outubro.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Puskás, László (2002). Theodore Romzha: His Life, Times and Martyrdom. Eastern Christian Publications. ISBN 9781892278319.
- Suttner, Ernst Christoph (2008). Theodor Romža, Bischof von Mukačevo und Märtyrer. (1911–1947). Würzburg: Verlag „Der Christliche Osten“. ISBN 9783927894457.