Saltar ao contido

Andrii Sapeliak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAndrii Sapeliak
Nome orixinal(uk) Андрій Сапеляк Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de decembro de 1919 Editar o valor en Wikidata
Ryszkowa Wola, Polonia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte6 de novembro de 2017 Editar o valor en Wikidata (97 anos)
Vynnyky, Ucraína (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaVynnyky (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Eparch of Santa María del Patrocinio en Buenos Aires (en) Traducir
24 de abril de 1978 – 12 de decembro de 1997 – Mykhail Mykytsei →
Bispo auxiliar
14 de agosto de 1961 –
Bispo titular
14 de agosto de 1961 –
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica e Igrexa católica bizantina ucraína Editar o valor en Wikidata
EducaciónPontifícia Universidade Salesiana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPastoral Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Arxentina Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbispo católico (1961–), sacerdote católico (1949–), ministro Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaSociedade de San Francisco de Sales Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónIvan Buchko Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Andrii Sapeliak (en ucraíno: Андрій Сапеляк), coñecido tamén como Andrés Sapeliak durante a súa etapa na Arxentina, nado o 13 de decembro de 1919 en Ryszkowa Wola[1] (Polonia) e finado o 6 de novembro de 2017, foi un bispo católico ucraíno que exerceu de bispo da eparquía de Buenos Aires entre 1978 e 1997.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Andrii Sapeliak naceu nunha familia ucraína o 13 de decembro de 1919 en Ryszkowa Wola,[2] daquela baixo dominio da Segunda República Polaca, e pertencente á eparquía de Przemyśl.

Estudou seminario menor salesiano de Ivrea até 1941, continuou no Studentato Filosofico de Turín até 1945, e na casa de estudos salesiana de Bollengo até 1949. Finalmente licenciouse en Dereito Canónico pola Pontificia Universidade Salesiana en 1952, entón en Turín (hoxe en Roma).[2] O 29 de xuño de 1949 foi ordenado sacerdote da Sociedade de San Francisco de Sales.[1][2][3]

O 14 de agosto de 1961 foi nomeado bispo auxiliar do ordinariato para os fieis de rito oriental da Arxentina e bispo titular de Sebastopolis in Thracia, co encargo de visitador apostólico dos grecocatólicos ucraínos da Arxentina.[2][3] Recibiu a ordenación episcopal o 15 de outubro de 1961 en Roma, de mans de Ivan Buchko, sendo os co-consagradores o exarca apostólico de Francia, Volodymyr Malanchuk, e o bispo coadxutor de Belgrado Gabrijel Bukatko.[2][3][4]

O 9 de febreiro de 1968 foi nomeado exarca arquiepiscopal da Arxentina, e coa elevación da sé en 1978 tomou o título de bispo de Santa María do Patrocinio en Buenos Aires.[2] Logo da institución da Pontificia Comisión para a Revisión do Código de Dereito Canónico Oriental (Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo) por Paulo VI, o 15 de setembro de 1973 foi nomeado membro consultor da mesma.[5]

Retirouse o 12 de decembro de 1997, e volveu a Ucraína, onde traballou como párroco en Verkhnodniprovsk. En novembro de 2013 obtivo a cidadanía ucraína. Finou o 6 de novembro de 2017.[6]

  • Євангельська правда про Бога: Катехитичні розмови (Yevanhelska pravda pro Boha: Katekhytychni rozmovy) [A verdade do Evanxeo sobre Deus: conversacións catequéticas]. Lviv: Свічадо [Svichado]. 1996. 
  • Отець Іван Сенишин. Український місіонер - піонер в Аргентині (Otets Ivan Senyshyn. Ukrainskyi misioner - pioner v Arhentyni) [O pai Ivan Senyshyn. Misioneiro ucraíno - pioneiro na Arxentina]. Lviv. 1997. 
  • Київська церква на Слов’янському Сході. Канонічно-екуменічний аспект Kyivska tserkva na Slovianskomu Skhodi. Kanonichno-ekumenichnyi aspekt) [A Igrexa de Kiev no oriente eslavo: aspectos canónicos-ecuménicos]. Lviv: Галицька видавнича спілка [Halytska vydavnycha spilka]. 1999. 
  • Отець-прелат Кирило Селецький. Засновник монаших згромаджень Otets-prelat Kyrylo Seletskyi. Zasnovnyk monashykh zhromadzhen [O pai prelado Kyrylo Seletskyi. Fundador de congregacións monásticas]. Lviv: Галицька видавнича спілка [Halytska vydavnycha spilka]. 2004. 
  • Три ювілеї України з Іваном Павлом ІІ Try yuvilei Ukrainy z Ivanom Pavlom II [Tres aniversarios de Ucraína con Xoán Paulo II]. Lviv. 2013. 
  1. 1,0 1,1 Archivum: revista de la Junta de Historia Eclesiástica Argentina. Volumes 10-11. 1968. p. 123. ISSN 0325-5506. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Blazejowskyj, Dmytro (1990). Hierarchy of the Kyivan Church (861-1990). Roma: Editiones Universitatis Catholicae Ucrainorum S. Clementi Papae. pp. 345–346. OCLC 22834909. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Annuario Pontificio 2007. 2007. p. 675. 
  4. Agencia Informativa Católica Argentina (ed.). "Breve biografía de obispos: SAPELAK, Andrés". Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2017. Consultado o 26 de setembro de 2014. 
  5. Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo, ed. (1975). "Istituzione e composizione della Commissione" (PDF). Nuntia (Libreria Editrice Vaticana) (1): 12. OCLC 9237479. 
  6. UGCC (6 de novembro de 2017). "The eldest bishop of the UGCC reposes in the Lord" (en inglés). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Ningún
 Bispo de Santa María do Patrocinio en Buenos Aires 
9 de febreiro de 1968 - 12 de decembro de 1997
Sucesor:
Mykhail Mykytsei