Saltar ao contido

Anduriña dáurica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A anduriña dáurica[2] (Hirundo daurica, para outros autores Cecropis daurica) é un pequeno paxaro da familia das anduriñas. Habita nos países de clima temperado do sur de Europa e Asia, desde a Península Ibérica no oeste ata Xapón no leste, chegando á África tropical polo sur. Os exemplares indios e africanos son residentes, pero as anduriñas europeas e doutras partes de Asia son migratorios, invernando en África e na India.

Características

[editar | editar a fonte]
Cecropis daurica.

As anduriñas dáuricas son similares en costumes e aparencia a outras especies da orde dos Apodiformes. As partes superiores da cabeza, dorso e ás son dunha cor azul moi escura. O peito e ventre, castaño arrubiado con pequenas e numerosas pencas escuras. As ás son anchas e puntiagudas. Son rápidas voadoras e aliméntanse de insectos.

Parécese ás anduriñas comúns, pero son máis escuras e a mancha vermella na gorxa é máis clara e esténdese pola caluga, presentando tamén outra zona rubia no nacemento do rabo. Ademais, as gallas do rabo son claramente máis anchas.

As anduriñas dáuricas constrúen niños con forma de media esfera con lama que recollen cos seus peteiros, e chocan entre 3-6 ovos en cada posta, de maio a xuño. Normalmente aniñan entre os penedos altos, pero adáptanse con facilidade ás construcións humanas (pontes ou edificios). O niño lembra ó da anduriña de cu branco na forma e material, pero conta cunha entrada tubular da que carece o niño desta última.

Normalmente esta especie non forma grandes colonias de cría, pero son bastante gregarias fóra da estación de apareamento. As bandadas máis numerosas pódense observar nas extensas chairas da India.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Anteriormente a anduriña das pontes (Cecropis rufula) era considerada unha subespecie da anduriña dáurica (Cecropis daurica), pero, tras resultados de ADN, foron consideradas especies distintas.[2] Por iso, a única especie presente en Galicia e no sur de Europa é a anduriña das pontes.[2]

  1. "Red-rumped Swallow Hirundo daurica BirdLife species factsheet" (en inglés). BirdLife International. Consultado o 3 de xaneiro de 2010. 
  2. 2,0 2,1 2,2 González, Manuel González; Gómez, Silverio Cerradelo; Patiño, Xosé M. Penas; Cousido, Cosme D. Romay. "Nomes galegos das aves de Galicia e de España". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-09.