Anemone de bosque
Anemone de bosque | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Anemone nemorosa | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Non ameazado | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Anemone nemorosa' L. |
A Anemone nemorosa é unha planta que florece ao inicio da primavera normalmente no sotobosque. Pertence ao xénero Anemone dentro da familia Ranunculaceae. Entre os seus nomes máis comúns temos anemone de bosque, flor do vento e cheiro de raposo.
Descrición
[editar | editar a fonte]A Anemone nemorosa é unha planta herbácea perenne que acada unha altura entre os 5 e 15 cm. A mediados do verán aínda que a planta non desenvolva o seu porte aéreo, vai estendendo baixo o terreo as súas raíces semellantes a rizomas. Os rizomas esténdense rapidamente, contribuíndo á súa expansión nas condicións favorables do bosque, o que permite que a planta tapice grandes extensións do chan. A flor ten un diámetro de 2 cm, con cinco a sete pétalos semellantes a segmentos, (en realidade tépalos) dunha intensa cor branca.
Na natureza, en estado silvestre, normalmente son brancas, pero poden ser rosadas, lilas ó azuis, e a miúdo teñen unha tinguidura máis escura no envés dos pétalos. Non teñen aroma e teñen pouco néctar debido a que non necesitan demasiado aos insectos para a súa reprodución.
Principios activos
[editar | editar a fonte]- Protoanemonina
- Anemonina
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Anemone nemorosa
-
As anemones de bosque poden chegar a formar grandes colonias en condicións favorables
-
Anemone ranunculoides, a anemone de bosque amarela
-
Anemone nemorosa en floración
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Anemone de bosque |