Angel Stadium of Anaheim
Angel Stadium of Anaheim | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 33°48′01″N 117°52′58″O / 33.800277777778, -117.88277777778 |
Localización | Anaheim, Estados Unidos |
Alcume | The Big A |
Nomes antigos | Anaheim Stadium (1966–1997) Edison International Field of Anaheim (1998–2003) |
Construción | |
Construción | 31 de agosto de 1964 |
Inauguración | 19 de abril de 1966 |
Renovación | 1 de abril de 1998 |
Arquitecto | Construción: Noble W. Herzberg and Associates Renovación: HOK Sport (hoxe Populous) Robert A. M. Stern Walt Disney Imagineering |
Custo | $24 millóns (1966) $118 millóns (renovación, 1998) |
Estadio | |
Superficie | Tifway 419 Bermuda Grass (natural) |
Dimensións | Left Field – 347 ft (105,8 m) Left-Center – 390 ft (118,9 m) Center Field – 396ft (120,7 m) Right-Center – 370 ft (112,8 m) Right Field – 350ft (106,7 m) Backstop – 60.5 ft (18,4 m) |
Capacidade | 45.517 espectadores |
Propietario | Cidade de Anaheim |
Operadora | Angels Baseball LP |
Localía | Los Angeles Angels (MLB, 1966– ) Los Angeles Rams (NFL, 1980–94) |
Web | https://www.mlb.com/angels/ballpark |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Angel Stadium of Anaheim, orixinariamente chamado Anaheim Stadium e posteriormente Edison International Field of Anaheim, é un parque de béisbol situado en Anaheim, California (Estados Unidos). Desde a súa apertura serve como estadio local de Los Angeles Angels da Major League Baseball (MLB). Entre 1980 e 1994 tamén albergou os partidos locais de Los Angeles Rams da National Football League (NFL). O estadio é popularmente coñecido como The Big A (do inglés: A Grande A), alcume acuñado polo xornalista deportivo Bud Furillo. O Angel Stadium é o cuarto estadio en activo máis antigo da MLB, só por dertás do Fenway Park de Boston, o Wrigley Field de Chicago e o Dodger Stadium dos Ánxeles.[1] Entre outros eventos, albergou os All-Star da MLB de 1967, 1989 e 2010.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Shaikin, Bill (30 de agosto de 2013). "'Los Angeles Angels of Anaheim' could be no more". Los Angeles Times. Consultado o 5 de abril de 2019.