Anguis
Anguis | |||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Anguis fragilis | |||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
Especiess | |||||||||||||||||||||||||||||
|
Anguis é un xénero de réptiles da orde dos escamosos, que é o tipo da suborde dos anguimorfos, da familia dos ánguidos e da subfamilia dos anguinos.[1]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae,[1] no que o considera como un xénero de serpentes (Ver páxina 249).
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Anguis deriva do latín clásico angustus, estreito, debido a que anguis, en latín "serpe", xa que este xénero comprende un grupo de lagartos sen patas que semellan serpentes.[2]
Especies
[editar | editar a fonte]O xénero comprende as seguintes cinco especies:[1][3]
- Anguis cephallonica Werner, 1894
- Anguis colchica (Nordmann, 1840)
- Anguis fragilis Linnaeus, 1758
- Anguis graeca (Bedriaga, 1881)
- Anguis veronensis Pollini, 1818
Nota taxonónica
[editar | editar a fonte]Numerosos autores consideran unha sexta especie, Anguis incomptus (Mcconkey, 1955), pero moitos outros considérana invádida, e que está integrada no xénero Ophisaurus, como Ophisaurus incomptus McConkey, 1955 .[3][4]
Distribución xeográfica
[editar | editar a fonte]As 5 (ou 6) especies deste xénero se encontran en Europa e en México.[3]
En Galicia
[editar | editar a fonte]En Galicia unicamente vive unha especie, Anguis fragilis,[5] concretamente da subespecie Anguis fragilis fragilis Linnaeus, 1758.[6]
Publicación orxinal
[editar | editar a fonte]- Caroli Linnæi (Carl Linné): Systema naturæ per regna tria naturæ, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Editio decima reformata 1758, Tomus I. Holmiæ, Impensis direct. Laurentii Salvii.
Galería
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Anguis Linnaeus, 1758 no ITIS.
- ↑ Lescure, Jean; Le Garff, Bernard (2006). "L'étymologie des noms d'amphibiens et de reptiles d'Europe" (París: Belin ed.). ISBN 978-2-7011-4142-8.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Ophisaurus incomptus McConkey, 1955 en The Reptile Database.
- ↑ Anguis incomptus (McConkey, 1955) ni ITIS.
- ↑ Asensi Cabirta, Moisés (2006): Guía dos anfibios e réptiles de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-9652-629-1, pp. 124-125.
- ↑ Lista patrón dos réptiles de Galicia. En: VV.AA. (1995): Atlas de Vertebrados de Galicia. Tomo I. Peixes, anfibios, réptiles e mamíferos. Santiago de Compostela: Sociedade Galega de Historia Natural / Consello da Cultura Galega. ISBN 84-87172-89-X, p. 121.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anguis |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Anguis |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Arnold, E. N. & Burton, J. A. (1978): Guía de campo de los reptiles y anfibios de España y Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2820-488-8, pp. 174-175.
- Asensi Cabirta, Moisés (2006): Guía dos anfibuios e réptiles de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-9552-629-1.
- Glandt, Dieter (2015): Die Amphibien und Reptilien Europas. Alle Arten im Porträt. Wiebelsheim: Quelle & Meyer Verlag. ISBN 978-3-4940-1581-1, pp. 322–327.