Anguis graeca
Anguis graeca | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Anguis graeca fotografada no Epiro | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Anguis graeca Bedriaga, 1881 | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Anguis graeca é unha especie de réptil da orde dos escamosos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos,[1] unha das cinco comprendidas dentro do xénero Anguis.[2][3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1881 polo zoólogo ruso, especializado en réptiles, Jacques von Bedriaga.[4] no seu traballo "Die Amphibien und Reptilien Griechenlands". Bulletin de la Société impériale des naturalistes de Moscou, 56 (1): 242–310 (Ver texto íontegro) e (2): 278-344 (Ver texto íntegro).
Etimoloxías
[editar | editar a fonte]O epíteto específico, graeca, fai referencia á súa principal área de distribución.
Sinónimo
[editar | editar a fonte]- Anguis fragilis var. graeca.[5]
Distribución
[editar | editar a fonte]Esta especie distribúese por Grecia e Albania.[3][4]
Características
[editar | editar a fonte]Anguis graeca é moi semellante a Anguis fragilis (inicialmente Bedriaga describiuna como Anguis fragilis var. graeca). Caracterízase polo seu corpo alongado e sen patas. Ás veces pódese ver na cabeza unha pequena abertura do oído externo. No corpo xeralmente hai de 26 a 28 fileiras lonxitudinais de escamas. Os machos son de cor agrisada, parda clara ou parda avermellada nas partes superiores; algúns espécimes presentan pequenas manchas de cor azul escura no dorso. As femias teñen as partes superiores de cor parda clara, que destaca dos flancos escuros; polo xeral, unha liña escura atravesa lonxitudinalmente o medio do corpo, que tamén pode aparecer como unha fina liña dupla. Os animais inmaturos son moi claros polas partes superiores, e de cor abrancazada ou amarelada pálida, dourada ou gris prateada, e cunha liña central estreita de cor parda amourada; a miúdo hai unha mancha parda escura en forma de lágrima na cabeza.[7]
No norte do Peloponeso, esta especie convive Anguis fragilis, da que se pode distinguir por unha liña lonxitudinal irregular na parte frontal do corpo, a abertura do oído xeralmente non é visíbel desde o exterior e o número de fileiras lonxitudinais de escamas é tipicamente menor (24-26).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Anguis graeca Bedriaga, 1881 no ITIS.
- ↑ Anguis Linnaeus, 1758 no ITIS.
- ↑ 3,0 3,1 Anguis en The Reptile Database.
- ↑ 4,0 4,1 Anguis graeca Bedriaga, 1881 no GBIF,
- ↑ Anguis graeca Bedriaga, 1881 no NCBI.
- ↑ Jablonski, Daniel; Jandzik, David; Mikulíček, Peter; Džukić, Georg; Ljubisavljević, Katarina; Tzankov, Nikolay; Jelić, Dušan; Thanou, Evanthia; Moravec, Jiří (10-05-2016). "Contrasting evolutionary histories of the legless lizards slow worms (Anguis) shaped by the topography of the Balkan Peninsula". BMC Evolutionary Biology 16 (1).
- ↑ Glandt 2015, pp. 329–330.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anguis graeca |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Anguis graeca |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Glandt, Dieter (2015): Die Amphibien und Reptilien Europas: Alle Arten im Porträt. 2. Wiebelsheim: Quelle & Meyer Verlag. ISBN 978-3-494-01581-1, pp. 329–330.