Annona muricata
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Guanábana | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Vista xeral con froitos in situ implantados sobre o tronco. | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
|
A Annona muricata é unha árbore da familia Annonaceae, cultivada en moitos países tropicais polos seus froitos comestibles, coñecidos como guanábanas[1].
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha árbore sempre verde duns 10 m de altura. Ten a casca rugosa e follas, opostas, de pecíolo curto e limbo papiráceo obovado-oblongo a ovado-elíptico, duns 5–18 por 2–7 cm, de envés verdoso e glabro e de face verde e brillante. As inflorescencias, con só 1 ou 2 flores, son axilares, mais tamén poden estar implantadas en calquera parte do tronco ou das pólas. As flores, duns 4 cm de diámetro, son pediceladas e pubescentes. Os 3 sépalos, ovado-elípticos a ovado-triangulares, miden 3–5 mm. Os 6 pétalos son verdes e despois amarelados, os 3 exteriores grosos, amplamente triangulares, de 2,5–5 por 2–4 cm, co interior finamente pubescente e o ápice agudo a obtuso mentres os 3 internos son ovado-elípticos, de 2–4 por 1,5–3,5 cm, algo delgado, imbricados, pubescentes e con ápice obtuso. Os numerosos estames, de 4–5 mm, teñen os filamentos carnosos e o conectivo apical dilatado. Os abundantes carpelos, duns 5 mm, son pubescentes. O froito, chamado guanábana, é un sincarpo verde, ovoide, con frecuencia de forma oblicua ou curvada, de 10–35 por 7–15 cm, cuberta de espiñas suaves e polpa branca comestible. As sementes, unha por cada un dos froitos individuais agregados no sincarpo, son reniformes, de 2 por 1 cm e de color amarelo apardazado.[2]
Distribución
[editar | editar a fonte]De procedencia incerta, as primeiras crónicas nomean esta especie en Porto Rico, as Antillas e a zona do Caribe en xeral. Con todo, moitos autores sitúan a orixe en Colombia, sendo este país o que posúe un maior número de variedades[3]. Cultívase hoxe en día en torno ao Caribe, de México a Perú, zonas de África como Guinea Ecuatorial. Introducida e cultivada tamén en moitos países tropicais e subtropicais, incluída a China, Australia e a Polinesia. Actualmente estanse establecendo plantacións en zonas subtropicais de países coma España, sobre todo nas illas Canarias.[4]
Propiedades medicinais
[editar | editar a fonte]Desde o ano 1999, circulan por Internet anuncios publicitarios que afirman, sen fundamento científico, que o té de guanábana cura o cancro.[5][6] Non se realizaron probas in vivo que demostren que a guanábana —ou algún composto desta— sexa efectiva contra algún tipo de cancro en humanos.[5][7]
Existen diversos estudos sobre a anonacina, o compuesto da guanábana que supostamente tería efectos anticanceríxenos, pero eses estudos foron realizados in vitro ou in vivo en animais, non existindo aínda ningún estudo clínico en humanos.[8] Un motivo citado para a falta de estudos clínicos en humanos é o feito de que non se pode patentar unha planta, o que leva a certos laboratorios, que patrocinan os estudos, a concentrar as investigacións nos principios activos, acetoxeninas annonáceas, en vez da planta.
Por outra parte, un estudo in vitro realizado en conxunto pola Facultade de farmacia e bioquímica da Universidad Nacional Mayor de San Marcos e a Universidad Peruana Cayetano Heredia demostrou que un extracto etanólico das follas de Annona muricata ten un efecto citotóxico sobre os tipos C678 e H460 de cultivos de liñas celulares de adenocarcinoma gástrico e pulmonar.[9]
Efecto das acetoxeninas das annonáceas nas células
[editar | editar a fonte]As acetoxeninas das anonáceas son substancias cerosas que resultan da combinación de ácidos graxos de cadea longa (C32 ó C34) cunha unidade de 2-propanol no carbono 2 para formar unha lactonaterminal (esta lactona fica ao inicio da cadea).[10] Como outras acetoxeninas, a annonicina bloquea o complexo I, que é responsable de transformar NADH a NAD+, e crea a acumulación de protóns a través da membrana interna mitocondrial. Esta desactiva a habilidade dunha célula de xerar ATP mediante unha ruta oxidativa, obrigando finalmente a unha célula a apoptose ou necrose.
Nutrición
[editar | editar a fonte]A froita é unha fonte excepcional de vitamina C, e unha boa fonte de vitaminas B1, B2, B3, B5, B6, ferro, magnesio e potasio.[Cómpre referencia]
Riscos para a saúde
[editar | editar a fonte]A annonacina, presente nas sementes da froita, é unha neurotoxina asociada a doenzas neurodexenerativas,[11] Investigacións suxiren unha conexión entre o consumo de Annona muricata e formas atípicas da doenza de Parkinson debido ás altas concentracións de annonacina.[12]
En 2010, a Axencia de seguridade alimentaria francesa concluíu que, a partir dos resultados dos estudos dispoñibles, "non é posible confirmar que os casos observados de síndrome de Parkinson atípica […] estean relacionados co consumo de Annona muricata", recalcando a necesidade de facer máis estudos sobre os posibles riscos para a saúde humana.[13]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A Annona muricata foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum, vol. 1, P. 536–537, 1753.[14]
- Annona macrocarpa Wercklé
- Annona bonplandiana H.B.K.
- Annona cearensis Barb.Rodr.
- Guanabanus muricatus (L.) M. Gómez[15]
- Annona sericea Dunal in CorreiaM.P., (1984)[16][17]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ VV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración, pax. 127. Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. ISBN 978-84-453-5056-0
- ↑ Annona muricata en Flora of China
- ↑ Diaz Robledo. J. . (2004). Descubre los Frutales Tropicales. Madrid, Las Rozas: Norma Editorial.
- ↑ "Annona muricata en USDA, ARS, National Genetic Resources Program. Germplasm Resources Information Network - (GRIN) [Online Database]. National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland, 28 de febreiro de 2014". Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2008. Consultado o 08 de xullo de 2016.
- ↑ 5,0 5,1 Ralph W. Moss (31 de agosto de 2003). "A Friendly Skeptic Looks at Graviola" (en inglés). cancerdecisions.com. Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2011. Consultado o 30 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Graviola and Cancer" (en inglés). denvernaturopathic.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2012. Consultado o 30 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Can graviola (soursop) cure cancer?". Cancer Research UK.
- ↑ "Graviola and Cancer". This week in the HSI forum (en inglés). Health Sciences Institute. Consultado o 30 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Efecto citotóxico de Annona muricata (guanabana) en cultivo de líneas celulares de adenocarcinoma gástrico y pulmonar" (PDF). Sociedad Científica de San Fernando (Lima, Perú) 12 (1). 2007.
- ↑ Stephen J. Cutler, Horace G. Cutler (2000). "Thwarting Resistance: Annonaceous Acetogenins as New Pesticidal and Antitumor Agents". Biologically Active Natural Products: Pharmaceuticals. CRC Press. p. 173. ISBN 0-8493-1887-4. Consultado o 27 de abril de 2008.
- ↑ Le Ven, J.; Schmitz-Afonso, I.; Touboul, D.; Buisson, D.; Akagah, B.; Cresteil, T.; Lewin, G.; Champy, P. (2011). "Annonaceae fruits and parkinsonism risk: Metabolisation study of annonacin, a model neurotoxin; evaluation of human exposure". Toxicology Letters 205: S50. doi:10.1016/j.toxlet.2011.05.197.
- ↑
- Lannuzel, A; Michel, P.P; Höglinger, G.U; Champy, P; Jousset, A; Medja, F; Lombès, A; Darios, F; Gleye, C (2003). "The mitochondrial complex I inhibitor annonacin is toxic to mesencephalic dopaminergic neurons by impairment of energy metabolism". Neuroscience 121 (2): 287–96. PMID 14521988. doi:10.1016/S0306-4522(03)00441-X.
- Champy, Pierre; Melot, Alice; Guérineau Eng, Vincent; Gleye, Christophe; Fall, Djibril; Höglinger, Gunter U.; Ruberg, Merle (2005). "Quantification of acetogenins in Annona muricata linked to atypical parkinsonism in guadeloupe". Movement Disorders 20 (12): 1629–33. PMID 16078200. doi:10.1002/mds.20632.
- Lannuzel, A.; Höglinger, G. U.; Champy, P.; Michel, P. P.; Hirsch, E. C.; Ruberg, M. (2006). "Is atypical parkinsonism in the Caribbean caused by the consumption of Annonacae?". Journal of Neural Transmission. Supplementa. Journal of Neural Transmission. Supplementa 70 (70): 153–7. ISBN 9783211289273. PMID 17017523. doi:10.1007/978-3-211-45295-0_24.
- Caparros-Lefebvre, Dominique; Elbaz, Alexis (1999). "Possible relation of atypical parkinsonism in the French West Indies with consumption of tropical plants: A case-control study". The Lancet 354 (9175): 281–6. PMID 10440304. doi:10.1016/S0140-6736(98)10166-6.
- ↑ "Avis de l'Agence française de sécurité sanitaire des aliments relatif aux risques liés à la consommation de corossol et de ses préparations" (pdf). Agence française de sécurité sanitaire des aliments. 28 de abril de 2010.
- ↑ "Annona muricata". Tropicos.org Missouri Botanical Garden. Consultado o 10 de novembro de 2012.
- ↑ http://www.rain-tree.com/Graviola-Monograph.pdf
- ↑ Annona muricata en PlantList
- ↑ "Annona muricata". World Checklist of Selected Plant Families. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2019. Consultado o 10 de novembro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Annona muricata |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Annona muricata |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Mexico City.
- Correa A., M. D., C. Galdames & M. N. S. Stapf. 2004. Cat. Pl. Vasc. Panamá 1–599. Smithsonian Tropical Research Institute, Panama.
- Cowan, C. P. 1983. Flora de Tabasco. Listados Floríst. México 1: 1–123.
- Dodson, C. H. & A. H. Gentry. 1978. Flora of the Río Palenque Science Center: Los Ríos Province, Ecuador. Selbyana 4(1–6): i–xxx, 1–628.
- Dodson, C. H., A. H. Gentry & F. M. Valverde Badillo. 1985. Fl. Jauneche 1–512. Banco Central del Ecuador, Quito.
- Flora of China Editorial Committee. 2011. Fl. China 19: 1–884. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
- Fries, R. E. 1938. Annonaceae, Flora of Peru. Publ. Field Mus. Nat. Hist., Bot. Ser. 13(2/3): 700–766.
- Funk, V. A., P. E. Berry, S. Alexander, T. H. Hollowell & C. L. Kelloff. 2007. Checklist of the Plants of the Guiana Shield (Venezuela: Amazonas, Bolivar, Delta Amacuro; Guyana, Surinam, French Guiana). Contr. U.S. Natl. Herb. 55: 1–584.
- Idárraga-Piedrahita, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. 2011. Flora de Antioquia. Catálogo de las Plantas Vasculares, vol. 2. Listado de las Plantas Vasculares del Departamento de Antioquia. pp. 1–939.
- Jørgensen, P. M. & S. León-Yánez. (eds.) 1999. Catalogue of the vascular plants of Ecuador. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 75: i–viii, 1–1181.
- Killeen, T. J. & T. S. Schulenberg. 1998. A biological assessment of Parque Nacional Noel Kempff Mercado, Bolivia. RAP Working Papers 10: 1–372.
- Killeen, T. J., E. García Estigarribia & S. G. Beck. (eds.) 1993. Guía Arb. Bolivia 1–958. Herbario Nacional de Bolivia & Missouri Botanical Garden, La Paz.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bridg, Hannia: Micropropagation and Determination of the in vitro Stability of Annona cherimola Mill. and Annona muricata L.
- Purdue University Descrición da Annona muricata, de Froitas de Climas Cálidos (1987, ISBN 0-9610184-1-0)
- Sorting Annona names
- Guanábana: nutrición
- Philippine Herbal Medicine: Annona muricata