Anselmo López García
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de maio de 1896 ![]() A Habana, Cuba ![]() |
Morte | 1983 ![]() Ourense, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | militar, político ![]() |
![]() |
Anselmo López García, nado na Habana o 19 de maio de 1896 e finado en Ourense en 1983, foi un militar e avogado galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Capitán de Infantaría destinado ao Batallón de Cazadores de Montaña de Ourense. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela licenciándose en 1931.[1] Significado republicano, coa proclamación da República en Ourense foi levantado nos ombros e aplaudido.[2] Retirado coa lei Azaña, foi xuíz municipal de Ourense no primeiro bienio. Foi candidato polo Partido Republicano Radical Socialista da candidatura Republicano-Radical-Socialista-Nacionalista nas eleccións a Cortes constituíntes de 1931,[3] pero non foi elixido. Foi vogal da directiva do PRRS de Ourense en decembro de 1931,[4] e despois presidente da agrupación local; integrouse en Izquierda Republicana. Formou parte de sociedades recreativas e culturais como a Deportiva Fluvial.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 trasladouse a Tui o 25 de agosto aconsellado polo gobernador civil Manuel Quiroga Macía, porque "estaba ameazado de ser agredido na rúa". Actuou como defensor en varias causas incoadas aos defensores de Tui, chegando a manifestar a súa protesta diante dun Tribunal por atoparse con sentenzas xa ditadas previamente que facían inútil o seu labor como defensor. Despois pasou a residir en Vigo. A principios de novembro foi trasladado a Asturias por orde do responsable da VIII División onde permaneceu tres meses desmpeñando varias comisións. Procesado no sumario 598/36, foi xulgado en consello de guerra presidido por Ambrosio Feijoo Pardiñas no que actuou como fiscal Joaquín Otero Goyanes o 23 de marzo de 1937, con Marcial García Barros, Marcelino Otaduy Vázquez, Manuel Suárez Castro, Eduardo París Villar, Antonio Taboada Nóvoa e Higinio López Barrio.[5] Foi condenado a cadea perpetua. Foi dado de baixa no exército en setembro de 1937.[6] Cumpriu condena no Castelo de San Filipe de Ferrol. Abríronlle expediente de incautación de bens en maio de 1938. No franquismo exerceu como avogado en Ourense.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Miño con María Joaquina Morais García, filla de Ricardo Morais Arines, en 1923,[7] e foi pai de Anselmo, Ricardo, José Javier, Antonio José Joaquín, María del Carmen e Concepción López Morais.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Prada Rodríguez, Julio (2004). Ourense, 1936-1939. Alzamento, guerra e represión. Sada: Do Castro. p. 87. ISBN 978-84-8485-157-8.