Saltar ao contido

Antístenes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntístenes

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Ἀντισθένης Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento444 a. C. Editar o valor en Wikidata
Piraeus (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte365 a. C. Editar o valor en Wikidata (78/79 anos)
Atenas, Grecia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo Editar o valor en Wikidata
Período de tempoPeríodo helenístico Editar o valor en Wikidata
MovementoCinismo Editar o valor en Wikidata
ProfesoresSócrates Editar o valor en Wikidata
AlumnosDióxenes de Sínope Editar o valor en Wikidata
Influencias

Descrito pola fonteEncyclopedic Lexicon (en) Traducir
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5676359

Antístenes (444 a. C.365 a. C.) foi un filósofo grego, o fundador da escola cínica. Nado en Atenas de pais tracios, a súa condición de estranxeiro marcouno durante toda a súa vida. Estímase que gozou de boa posición económica durante a súa xuventude, e estudou retórica baixo Gorxias, Hipias e Pródico.

Desencantado da filosofía existente, perdeu a fe nela. Nesa situación fíxose discípulo de Sócrates. O seu entusiasmo pola disciplina socrática levouno a fundar unha escola no santuario e ximnasio de Cinosargo; o nome do lugar (probablemente de κύων ἀργός, kýon argós, "can áxil") é unha das probables orixes para o nome de cínicos (no grego κυνικός, kynikós, "semellante ao can"). Os seus discípulos contábanse sobre todo entre as clases populares, debido á simplicidade que predicaba. A súa vestimenta —capa e báculo— converteuse no uniforme da escola.

A doutrina de Antístenes é fragmentaria, aínda que Dióxenes Laercio informa que escribiu extensamente. Sábese que, como os eleáticos, negaba a realidade das calidades, posto que implicarían que un determinado ser é e non é o mesmo ó mesmo tempo. De Antístenes é a primeira definición conservada do enunciado como "aquilo que di o que algo é ou era" (Dióxenes Laercio VI, 3). Á súa vez, segundo o Crátilo de Platón, pódese apreciar outra ensinanza del, pola que "o que coñece o nome, coñece a cousa".

Escribiu pouco sobre ética, preferindo predicar o ascetismo e a simplicidade co exemplo. Defendeu unha teoloxía negativa, afirmando que o deus non é como as cousas, e nada do que poida dicirse delas pode afirmarse del. Aristóteles e Platón mostran pouco aprecio pola súa filosofía, afirmando que era incapaz de comprender as sutilezas da dialéctica.

Un dos seus discípulos foi Dióxenes.