Antón Masa Vázquez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de agosto de 1950 (74 anos) Santiago de Compostela, España |
Presidente Asociación Pola Defensa da Ría | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Galiza |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | biólogo, activista medioambiental |
Empregador | Asociación Pola Defensa da Ría |
Antón Masa Vázquez, nado o 18 de agosto de 1950 en Santiago de Compostela, é un ecoloxista e biólogo, presidente da Asociación Pola Defensa da Ría.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Santiago nunha familia numerosa, oito irmáns, realizou alí todos os seus estudos. Na universidade desta cidade iniciou a carreira de Bioloxía en 1967. Viviu as mobilizacións estudantís daqueles anos, iniciándose na militancia política e no activismo social. Militou na Mocidade Galega Revolucionaria e en movementos antimilitaristas.[1] Finalizados os estudos foi a vivir a Pontevedra, onde comezou a traballar na Misión Biolóxica de Galicia. No ano 1987 participou na fundación da Asociación Pola Defensa da Ría, organización que pasou a presidir en 1997.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Antón Masa, un biólogo marcado polas revoltas estudantís do 67". Pontevedra Viva. Consultado o 2023-02-24.
- ↑ "Antón Masa Vázquez: "Sin Celulosas, imaxino unha ría para a pesca, o lecer e o turismo"". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2023-02-24.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A playlist de...#59 Antón Masa. - Pontevedra Viva Radio (17/06/2017).