Ecoloxismo
Aparencia
O ecoloxismo é unha ideoloxía, con fundamentos éticos e orientación política, cuxo obxectivo é protexer a natureza realizando cambios nas actividades humanas que a danan ou prexudican.[1]
As principais áreas de reivindicación e proposta de cambios xiran arredor da contaminación, a protección do ambiente, o control da poboación mundial e a conservación dos recursos naturais.[2] O ecoloxísmo tamén busca orientar a organización política e económica cara a protección e restauración do ambiente.
Por outra banda, está moi achegado a outros movementos como o movemento antimilitarista, o movemento feminista ou o socialismo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Encyclopædia Britannica (ed.). "environmentalism". Consultado o 25 de marzo de 2014.
- ↑ Merriam-Webster (ed.). "Environmentalism". Concise Encyclopedia. Consultado o 25 de marzo de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ecoloxismo |