Greenpeace
Greenpeace | |
---|---|
Tipo | Ecoloxísta |
Campo de traballo | Quecemento global, Deforestación, sobrepesca, Contaminación, Organismo xeneticamente modificado e nuclear industry |
Área de operación | mundial |
Data de fundación | 1971 |
Fundador(es) | Irving Stowe, Dorothy Stowe, Jim Bohlen, Paul Côté, Robert Hunter e Ben Metcalfe |
Director/a | Ayesha Imam e Norma Torres |
Nº de membros | 3.200.000 (2017) |
Nº de empregados | 5.898 (2021) |
Organización subsidiaria | Greenpeace France, Greenpeace India, sen etiquetar, Greenpeace East Asia e Greenpeace USA |
Premios | Free Your Mind e Ozone Award |
Sede | Ámsterdam |
Na rede | |
https://www.greenpeace.org/international/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Greenpeace (do inglés green: verde, e peace: paz) é unha organización ecoloxista fundada no Canadá en 1971, de ámbito internacional, independente económica e politicamente, que non acepta doazóns nin presións de gobernos, partidos políticos ou empresas, e que se autofinancia polas achegas dos socios e doadores (95% dos seus fondos[Cómpre referencia]), así como a través da venda de produtos co nome de Greenpeace.
Historia
[editar | editar a fonte]Segundo cifras de Greenpeace, o número dos seus socios en todo o mundo en 2005 era de tres millóns. No mesmo ano, en España eran 85.000.
O obxectivo da organización é protexer e defender o medio ambiente, intervindo en diferentes puntos do planeta onde se cometen atentados contra a natureza. Greenpeace leva a cabo campañas para deter o cambio climático, protexer a biodiversidade, en contra dos transxénicos, contra a contaminación, para acabar co uso da enerxía nuclear e das armas e fomentar a paz.
Cunha oficina principal en Ámsterdan, traballa en estreita colaboración coas 44 seccións nacionais,[1] ademais de cos diferentes barcos que ten posuído, o máis coñecido deles quizais o Rainbow Warrior, afundido en 1985 polos servizos de intelixencia franceses. A toma de decisións faise tendo en conta a maioría de sectores que conforman a súa estrutura interna, intentado que ninguén poida tomar decisións unilaterais non acordes coa maioría dos membros representativos.
Salvando as baleas
[editar | editar a fonte]Quizais as accións e imaxes máis coñecidas e recoñecidas de Greenpeace dende a súa fundación foron aquelas nas que se vían os activistas de Greenpeace interpoñer as súas lanchas, e as súas vidas, entre os arpóns dos barcos baleeiros e os cetáceos que estes querían capturar. Tras 14 anos de moratoria na caza de baleas, en setembro de 2003 o Rainbow Warrior II actuou de novo en augas de Islandia para impedir e denunciar a pretensión por parte do goberno deste país de continuar coa industria baleeira.
A finais do 2005 dous barcos da frota de Greenpeace, o MV Artic Sunrise e o MV Esperanza, comezaron a sucar os océanos da Terra durante un ano, denunciando os perigos que os axexan. A súa primeira acción foi interceptar a frota baleeira xaponesa e esixirlles que abandonasen inmediatamente o Santuario Baleeiro da Antártida.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ (en inglés) «The campaign group: Greenpeace» BBC News. Consultado el 1 de marzo de 2015.