Antón Mascato
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1957 (66/67 anos) O Grove, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, editor, político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Xosé Antón Mascato García, nado no Grove o 17 de outubro de 1957, é un escritor, editor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fixo os seus estudos de filoloxía galego-portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, desenvolvendo a súa actividade profesional en Promocións Culturais Galegas e Ir Indo. Foi director de Edicións do Cumio despois de Carlos Blanco Yáñez,[1] e directivo do grupo NovaGalicia. Con Isaac Díaz Pardo e Víctor Fernández Freixanes foi codirector do Proxecto Século XXI, de materiais de referencia pedagóxica para a lingua e a cultura galega. En 1982, con Gogue e Pepe Carreiro, fundou a revista de humor Can sen Dono. Foi secretario da Asociación Galega de Editores e vogal da Federación do Gremio de Editores de España. Directivo fundador do Instituto de Estudos Miñoráns. Fundador e Presidente da Asociación pola Memoria Histórica do Grove. Militante do BNG, foi o primeiro concelleiro desta organización no Grove, en 1983, con delegacións de Cultura, Patrimonio e Normalización Lingüística, nas corporacións de 1983-1987 e 2007-2011.
Membro da comisión técnica do Arquivo Sonoro do Consello da Cultura Galega. Foi colaborador do semanario A Nosa Terra e do Jornal de Letras, Artes e Ideias de Lisboa. É colaborador de Faro de Vigo, Nós Diario e da revista de cultura marítima Nova Ardentía da que forma parte do seu consello de redacción. Tamén é membro da Comisión do Centenario de Conde Corbal e promotor do Seminario de Estudos de Arousa (SEA).
Obra
[editar | editar a fonte]Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Neste artigo hai que completar diversas tarefas pendentes:
|
- O fardel da memoria de Conde Corbal (2023). (Coord.)[Cómpre referencia]
- De Compostela ao exilio interior. Francisco Fernández del Riego , Editora Alvarellos (2023).
- Paco del Riego, o home que valía por mil (co-autoría con Pepe Carreiro), Galaxia Editorial (2023).
- As chatas do Grove. Os alcumes de Arousa (2022) (En coautoría: Archi Cabanelas, Patricia Arias, Xoaquín Cambados, Antón Mascato e Rosabel Magdalena), Publica Artesa das artes.
- A resistencia comunista no Grove (2022).[Cómpre referencia]
- A Irmandade Galeguista do Grove (2021).
- Inventario do Patrimonio marítimo construído da Península do Grove (2020).
- Anduriña. Cen anos de paixón (2019).
- Atila no Grove. Crónica política e Memoria da masacre (1923-1948) (2019) Edicións Positivas.
- Xosé Conde Corbal. Obra Gráfica (2013). (Dir.)[Cómpre referencia]
- As colareiras do Grove, (2010) (Co-autora Patricia Arias Chachero).
- A ruta do Mar de Arousa, (2004) (co-autores Manoel Santos e Francisco Macías), Editorial do Cumio.
- Paco del Riego. Unha historia da restauración política e cultural (2002). Editorial do Cumio
- Don Paco del Riego. Fillo adoptivo de Nigrán (2002) (Coord.)[Cómpre referencia]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Edicións do Cumio", Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Mascato García, Xosé Antón". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1321. ISBN 978-84-8288-942-9.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 367. ISBN 84-8064-113-4.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha do autor en Cumio.