Saltar ao contido

Pepe Carreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPepe Carreiro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1954 Editar o valor en Wikidata (69/70 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónilustrador, autor Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosAbraham Carreiro Editar o valor en Wikidata

BNE: XX987328 Bitraga: 2430 BUSC: carreiro-pepe-1954 Tebeosfera: carreiro_montero_xose

Xosé Carreiro Montero, máis coñecido como Pepe Carreiro, nado en Vigo en 1954, é un humorista gráfico, debuxante e guionista de banda deseñada, coñecido por ser o creador da serie infantil Os Bolechas.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Traballou de debuxante e director de arte en varias axencias de publicidade de Vigo, fundou con outros socios unha axencia propia e ten un estudio propio dende os anos 90.[2]

Foi fundador das revistas Can sen Dono e XO! "a voz que para a bestas"; publicou dous libros de humor gráfico: Fraga na Galiza (Laiovento) e Mellor que onte, pero mellor que mañán (Fervenza); e publicou viñetas e tiras en medios como A voz do Pobo (na sección "O fillo de Breogán"), Teima (na sección "O galo Camilo"), l La Codorniz, Mundo Obrero, El Pueblo Gallego ("O galo Camilo"), Hoja del Lunes de Vigo, Faro de Vigo ("Maxistérico"), Diario de Galicia, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, Faro del Lunes ("Canal privado"), Televisión de Galicia ("O anano do tesouro"), El Correo Gallego, ("O galo Camilo"), A Peneira ("Robinsón"), El Mundo, A Trabe de Ouro, Tempos novos, kkrak.net, Novas de Galiza, Retranca e Xornal de Galicia.[1]

Falando de Francisco Fernández del Riego na Festa do Libros de Pontevedra, 2023, con Beatriz Liz de Cea, Antón Mascato, Ramón Nicolás, Malores Villanueva e Malós Cabrera

Como debuxante e guionista de cómic publicou tres álbums da serie Os Barbanzóns: Baroña ou morte, Non solpor da prehistoria e A noite de Samaín; e un álbum da serie Galicia nas guerras napoleónicas: A retirada de Sir John Moore; ademais de varias páxinas en medios como Faro de Vigo, A Nosa Terra, Enclave, BD ou as fundadas por el como Can sen Dono e Xo![2]

Tamén é súa a serie Os Formigón (A Nosa Terra); a serie Os Pequenos Barbanzóns, en colaboración con Abraham Carreiro (Toxosoutos); e varios contos para as coleccións Contos do Miño (A Nosa Terra), Merlín (Xerais), Árbore (Galaxia) e A chalupa (Galaxia). Tamén publicou en Sotelo Blanco, Ir Indo, Pearson Education, Macmillan, EDB, Rodeira etc.

Pero o maior éxito como debuxante, ilustrador e escritor foi a creación da serie infantil Os Bolechas editada primeiro por A Nosa Terra e actualmente por Bolanda Edicións e Márketing e que deu o salto do papel a outros múltiples formatos, como espectáculos para teatro, discos, unha serie de televisión, etc.

Ademais de Os Bolechas, Biblioteca básica Os Bolechas e Os Barbanzóns.

A nosa historia (Baía Edicións)

[editar | editar a fonte]

Contos do Miño (A Nosa Terra)

[editar | editar a fonte]

Ilustrador

[editar | editar a fonte]

Entre outros:

Libros colectivos

[editar | editar a fonte]

Foi 3º premio ex aequo con Xan González do Concurso nacional de contos infantís O Facho de Cómics para nenos no 1980, por A illa dos carballos. No 2013 recibiu o premio Bo e Xeneroso da AELG.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

O seu fillo, Abraham Carreiro, tamén é debuxante.

  1. 1,0 1,1 "Carreiro, Pepe". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-07-23. 
  2. 2,0 2,1 "Pepe Carreiro - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-07-23. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]