Saltar ao contido

Xosé Antonio Perozo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXosé Antonio Perozo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de outubro de 1951 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Llerena, España Editar o valor en Wikidata
Presidente Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil
2023
← Francisco CastroDavid Cortizo Conde → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, xornalista Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoNarrativa e ensaio
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMaría Xosé Porteiro (1973–2003) Editar o valor en Wikidata
FillosLlerena Perozo Porteiro, Ozo Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1145782 Bitraga: 2864 AELG: 62 Dialnet: 2156016

Xosé Antonio Perozo Ruiz, nado en Llerena (provincia de Badaxoz) o 28 de outubro de 1951, é un xornalista, editor e escritor en lingua galega e lingua castelá. Reside en Galicia dende os anos setenta. Traballou en diversos medios de comunicación e foi director da Área de Cultura da Televisión de Galicia, onde dirixiu e presentou o programa Visións (1987), A noite das badaladas (1988) e Ás de ouros (1989). Director da editorial Ir Indo e director da Enciclopedia Galega Universal, ten publicados máis dunha trintena de títulos que abranguen desde obras de teatro, contos infantís e libros de divulgación. É director literario de Auga Editora.

É o pai de Llerena Perozo Porteiro e Ozo, estivo casado con María Xosé Porteiro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Literaria e cultural

[editar | editar a fonte]

Formou parte do equipo que puxo en marcha no 1978 os Premios da Crítica de Galicia, no Círculo Ourensán-Vigués, xunto a Víctor Freixanes, Malós Cabrera, Vítor Vaqueiro, Blanca Lorenzo, Bieito Ledo, Anxo Tarrío, María Xosé Porteiro, Miguel Murado ou Marta Alfageme, entre outros.

Entre 1979 e 1980 participou na creación de dous discos LP producidos polo cantautor Suso Vaamonde: Contos galegos para nenos, Volumes I e II. Perozo dirixiu as actrices e actores de Artello Teatro que deron forma ás primeiras gravacións de contos infantís galegos e en galego.

Como escritor estreou obras de teatro e publicou máis de oitenta títulos en editoriais españolas (Editorial Planeta, Editorial Bruño, Ediciones SM, Edelvives, Editorial Everest, Icaria Editorial, Algar Editorial, De la Luna Libros e Cuadernos del Laberinto) e galegas (Editorial Galaxia, Edicións Xerais de Galicia, Sotelo Blanco Edicións, Ir Indo, Edicións do Tambre).

A súa traxectoria literaria abarca dende obras para o público infantil e xuvenil como para o adulto, en xéneros como a narrativa, o teatro, a poesía e a divulgación.

Entre 2015 e 2023 presidiu GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) e desde 2017 OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil, sección española da IBBY).

Xornalística

[editar | editar a fonte]
Perozo no IES Manuel García Barros.

Establecido en Galicia desde os anos setenta, conta cunha dilatada experiencia nos medios de comunicación escrita, radiofónica e audiovisual. Entre outras actividades, dirixiu xunto a María Xosé Porteiro o programa cultural radiofónico Antes del silencio, desde o 1971 ao 1976, nas emisoras Radio Juventud e La Voz de Vigo. Xuntos propiciaron dúas edicións de premios de poesía en galego e castelán, formando parte do xurado Álvaro Cunqueiro, Mauro Panizo e os propios Perozo e Porteiro. Entre os gañadores destacan figuras como Darío Xohán Cabana e Isaac Otero.

Entre finais dos 70 e comezos dos 80 creou con María Xosé Porteiro En forma, un programa diario de información cultural para Radiocadena española.

Foi subdirector de Faro de Vigo, onde creou o suplemento educativo La Pizarra e coordinou o suplemento Artes e Letras. Perozo reconverteu o histórico suplemento dos venres, cunha extensión de entre 4 e 6 páxinas, con seccións fixas de creación, tanto de poesía como de banda deseñada. Entre os moitos colaboradores, destacan firmas como Xosé Luís Méndez Ferrín, Alberto Avendaño, Xavier Carro, Xosé Cermeño, Margarita Ledo Andión, Miguel-Anxo Murado, Camiño Noia, Isaac Otero, Valentín Paz-Andrade, Román Raña, Luís Rei Núñez, Antón Reixa, Anxo Tarrío e Fiz Vergara Vilariño. En Artes e Letras publicáronse, ademais, monográficos coordinados por Xesús Alonso Montero, dedicados a Cunqueiro, Ramón María del Valle-Inclán, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, aos nacionalismos ou ao humorismo galego.

Perozo traballou tamén como comentarista e articulista de actualidade cultural e política en medios escritos (El Pueblo Gallego, La Voz de Galicia, Galicia Hoxe, Xornal de Galicia, El Correo Gallego, La Región, El País) e audiovisuais (TVG, La Voz de Vigo, Radio Galega, Cadena SER).

No eido dos medios audiovisuais destacou ao seu labor como director da área de cultura da TVG, onde dirixiu e presentou o programa Visións (1987), A noite das badaladas (1988) e Ás de ouros (1989). Tamén exerceu como director xeral adxunto de CTV-Galaxia e director xeral de Yurital News.[Cómpre referencia]

Dirixiu gabinetes de comunicación política durante máis de corenta anos, sendo asesor e director de comunicación da Alcaldía de Santiago de Compostela de 1992 a 1997 e de 2002 a 2011. Nas súas actividades máis salientables destaca o deseño e a dirección da promoción Compostela 93, a xestión comunicativa do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, de Compostela Cidade Europea da Cultura de 2000 e de LITVI (Encontro Internacional de Literaturas de Viaxes).

Editorial

[editar | editar a fonte]

No 1998 comezou a súa andaina no mundo editorial en Ir Indo, encargándose da dirección literaria e da dirección da súa obra máis senlleira a Enciclopedia Galega Universal. Dende o 1999 e 2006 dirixiu o proxecto, a redacción e a edición dos dez primeiros tomos da mesma. A Enciclopedia Galega Universal recibiu o Premio da Crítica de Galicia en 2001.

En 2008 creou xunto a tradutora Mercedes Pacheco Vázquez a editorial Auga Editora, concibida para editar tanto en galego como en castelán. As temáticas vehiculares da editorial son a defensa do medio ambiente, a igualdade, o lecer e a educación infantil e xuvenil, entre outras.

Obra en galego

[editar | editar a fonte]

Narrativa

[editar | editar a fonte]
  • Bailables, 1994, Edicións do Cumio.
  • Coral de lirios morenos, 1994, Pentalfa.
  • Segunda convocatoria, 1994, Tórculo, 2ª edición ampliada no 2004, Xerais.
  • Martázul, 2002, Ir Indo. Foi traducida ao castelán.[1]
  • Espérame, 2006, Xerais.
  • Rumores de Compostela, 2018, Auga Editora.

Literatura infanto-xuvenil

[editar | editar a fonte]
  • Os ladróns das tixolas, 1985, Editorial Galaxia.
  • O senso da nariz, 1987, Galaxia.
  • O segredo de Cibrán e outros contos, 1988, Xerais.
  • A incrible historia de Claudina, 1990, Edelvives.
  • O enigma de Embívicus, 1991, Sotelo Blanco.[2] Publicado en 2007 en castelán como El enigma de Omlívicus, en Algar.[3]
  • Conto de nadal, 1993, edición do autor, Santiago.
  • Don ogro de papel, 1993, Sotelo Blanco.
  • Gato e rato: unha tarde de teatro, 1994, Alfaguara.
  • Contos máxicos, 1995, Bruño. Traducido ao castelán en 1998 como Cuentos mágicos, na mesma editora.[4]
  • Camiño de fantasía, 1998, Sotelo Blanco.
  • Claudina volveu, 1998, Alfaguara.
  • Papá Ogro, 1999, Ir Indo.
  • Os ladróns das tixolas, 2001, Ir Indo.
  • Nada no pais dos números, 2001, Ir Indo.
  • A ratiña presumida, 2001, Ir Indo.
  • Caderno de Riparia, 2004, Xerais (Atrapados en Riparia, 2006, versión en castelán).[5]
  • Os condes da mesa cadrada, 2004, Movemento polo cambio.
  • Vanesa non quere ser princesa, 2004, Sotelo Blanco.
  • O vento de Antón, 2004, Xerais.
  • Unha mensaxe para Sara, 2006, Sotelo Blanco.
  • Noite de Reis en Kalpankalá, 2006, Everest Galicia.
  • Alguén roubou o inverno, 2007, Xunta de Galicia.
  • O invento de don Cazapalabras, 2007, Everest Galicia.
  • Telma, Leire e os coellos sabios, 2017, Auga Editora.
  • Onde vai Carlos? 2017, Auga Editora.
  • María Victoria, terra adiante, 2018, Auga Editora.
  • A grande epopea do pianista de Cans (2019). Auga Ed. 54 páxs. ISBN 978-84-120308-2-2. En castelán: La gran epopeya del pianista de Cans. ISBN 978-120308-3-9.
  • E ecopanda e o misterio do Románico (2020). Xerais. Ilustracións de Viki Berre. 36 páxs. ISBN 978-84-120597-2-4.
  • Contigo na nube (2021). Auga Editora. Debuxos de Zaida Novoa. ISBN 978-84-121795-4-5. En castelán: Contigo en la nube. ISBN 978-84-120597-9-3.[6]
  • O libro das avos (2021). Vigo: Galaxia. 72 páxs. ISBN 978-84-9151-632-3. Ilustracións de María Lires.
  • Don Cazapalabras (2021). Auga Ed. ISBN 978-84-122846-5-2.
  • Historia do vampiro que perdeu os cabeiros (2022). Galaxia. Ilustracións de Lucía Cobo. 44 páxs. ISBN 978-84-9151-840-2.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Quen é quen no primeiro Parlamento Galego, con María Xosé Porteiro, 1981, Xerais.
  • Celso Emilio Ferreiro compañeiro do vento e das estrelas, con María Xosé Porteiro, 1982, Colección Arealonga, Akal.
  • Celso Emilio Ferreiro (1912-1979), 1989, Xerais. Con Xosé M. Salgado.
  • Voces en Compostela, 1993, Consorcio de Santiago.
  • Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
  • Foedus, o parruliño que sempre foi feo, en Contos de vermes, ratos, libros, princesas e parrulo, 2006, Xunta de Galicia.
  • O libro do fútbol (2023). Vigo: Galaxia.[7]

Premios literarios en galego

[editar | editar a fonte]

Obra en castelán

[editar | editar a fonte]
  • Transversos de amor y desamor, 2019, Cuadernos del Laberinto.

Narrativa

[editar | editar a fonte]
  • La furia del carnero, 1990.
  • Misterios gozosos, 1991.
  • El rey republicano. Cuento infantil para adultos, 1995, edición do autor.
  • El último disfraz, 1997, Ediciones de La Sibila.
  • Rosalía: recortable para esta navidad, 1998, Ediciones de la Sibila.
  • Lola la del papagayo, 2000, Ediciones de la Sibila.
  • Estación de partida: historia para esta navidad, 2001, Ediciones de La Sibila.
  • Rosas para Gabriela, 2003, De la Luna Libros, Mérida.
  • 5 de agosto de 1936, 2005, De la Luna libros.
  • El Grifón, 2009, Auga Editora.
  • Última noticia de Prisciliano, 2010, Auga Editora.

Literatura infanto-xuvenil

[editar | editar a fonte]
  • Historia famosa que fue del parto caprino que es primoera parte de los Misterios gozosos ahora puestos en romance por el bachiller José Antonio Perozo, 1984, edición do autor.
  • Ratón que te pilla el gato, 1986, Júcar.
  • La ciudad de cristal, 1987, Júcar.
  • Aquellos días malditos, 1997, S. M.
  • El Enigma de Embívicus, 2007, Algar Editorial.
  • Telma, Leire y los conejos sabios, 2016, Auga Editora.
  • Miguel, una cabrita y un sueño, 2017, Auga Editora.
  • Puerto Hurraco, la furia del carnero, 1990, edición do autor.
  • Auga: historia para el nuevo año, 2007, edición do autor.
  • Personaje histórico desechable: historia para abrir este nuevo año en el que aún seguiremos recuperando la memoria histórica, 2008, Versátil, Santiago.
  • Recorrer y recordar Santiago de Compostela (2019). Auga. 30 páxs. ISBN 978-84948778-3-4.
  • El vendedor, 1972, Grupo Esperpento.
  • Tal vez, Francisco de Zurbarán, 1998.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Mazurca para Camilo José Cela, 2016, con Paco López Barxas, en Auga Editora.
  • Santiago de Compostela, Ciudad Patrimonio de la Humanidad de España, 1997, con Fernándo Ónega en Artec Impresiones.

Notas

  1. "Martázul". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-29. 
  2. Despois incluído, co número 71, na Biblioteca Galega 120.
  3. "El enigma de Omlívicus". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-29. 
  4. "Cuentos mágicos". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-29. 
  5. "Atrapados en Riparia". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-29. 
  6. "Contigo en la nube". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-10. 
  7. "O libro do fútbol". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-06-22. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]