Antón Niñe
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de febreiro de 1958 (66 anos) Barreiros, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | profesor de ensino secundario , escritor |
Antón Niñe Fernández, nado en Barreiros o 14 de febreiro de 1958,[1] é un profesor e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pasou a súa etapa escolar no Colexio Martínez Otero de Foz, e posteriormente estudou Teoloxía. Traballou durante 9 anos nunha empresa privada das Pontes, e estivo vencellado ás actividades extraescolares do seu colexio, e ás da parroquia de Santiago de Foz, da que foi catequista e secretario do Consello Parroquial.[2][3]
En setembro de 1992, comezou a súa etapa de profesor de Relixión Católica no Instituto de Formación Profesional de Burela (actual IES Perdouro). En decembro de 1993 constituíuse a Asociación Cultural Os Matos para "fomentar un clima cultural propicio para o desenvolvemento de actividades que completen as funcións académicas";[4] Antón Niñe foi o seu presidente ata a súa xubilación.[5] En 1997 publicou un libro repasando a historia do asilo Nosa Señora do Carme de Foz, desde a súa construción levando pedras de canteiras próximas ao río Centiño ata a súa relación co pobo e co párroco de Burela.[6] En 1998, coescribiu con varias alumnas o libro IES Perdouro, 20 anos de vida, que repasa a historia do centro.[7]
En decembro de 2012, despois dunha investigación de 12 anos sobre as orixes da Escola Infantil Nosa Señora da Purificación de Foz, plasmou o seu traballo no libro Fondós, de escola a gardería infantil; nesta obra, remontouse ás orixes do edificio, construído en 1749 por Pascual Villapol, focense emigrado ao Perú.[8]
No libro Navegando a bordo do San Lorenzo de Foz (2018) empregou como fonte as anotacións do seu pai, que fora patrón do cargueiro entre 1950 e 1965.[9][10]
O seu seguinte libro tratou sobre a obra do escultor Xosé Rivas e os seus descendentes. Entre os seus traballos (principalmente relixiosos) destaca a Virxe do Carme de Foz, e hai moitas outras esculturas repartidas pola comarca (Viveiro, Burela, Celeiro, Landrove...), fóra de Galicia (como as imaxes da Semana Santa de Daimiel, Cidade Real) e mesmo por todo o mundo (Buenos Aires, Sao Paulo ou Filadelfia).[11]
Compaxinando o seu labor como escritor, realizou diversos actos culturais por varios puntos da Comarca da Mariña,[12][13][14] e fixo o pregón das Festas co Carme de Foz.[15]
Obra
[editar | editar a fonte]Libros
[editar | editar a fonte]- Niñe, Antón (1997). Asilo Nosa Señora do Carme. A súa historia. Burela: Asociación Cultural "OS MATOS" (IES Perdouro). p. 79. ISBN 84-605-6566-1.
- Seijas Mourelo, Iria (alumna 4º ESO); Maseda Díaz, Jésica (alumna 4º Administrativo); Rivas Crecente, Mª Mar (alumna 4º Administrativo); Rey Neira, Raquel (alumna 1º Bach); Niñe Fernández, Antón (profesor de Relixión Católica) (1998). IES Perdouro, 20 anos de vida (PDF). Burela: Asociación Cultural "OS MATOS" (IES Perdouro). p. 75. ISBN 84-607-0096-8.
- Niñe, Antón (xullo de 2004). Arredor da Virxe do Carme. Burela: Asociación Cultural "OS MATOS" (IES Perdouro). p. 93. ISBN 84-609-1749-5.
- Niñe, Antón (decembro de 2012). Fondós, de escola a gardería infantil. Burela. p. 268. ISBN 978-84-615-6237-4.
- Niñe, Antón (2018). Navegando a bordo do San Lorenzo de Foz. Lugo: Deputación de Lugo. p. 238. ISBN 9788481925579.
- Niñe, Antón (2023). Xosé Rivas e fillos: unha familia de escultores. De Riotorto camiño a Compostela. Burela: Xunta Cofradías Semana Santa de Viveiro 2023. p. 192. ISBN 978-84-09-49443-9.
Traballos de investigación
[editar | editar a fonte]Publicados na revista da A.C. Os Matos:[1]
- ‘Refráns mariñeiros’
- ‘Medallistas olímpicos galegos do século XX’
- ‘O románico no Norte de Lugo’
- ‘O gótico no Norte de Lugo’
- ‘Illas e illotes da costa luguesa’
- ‘Faros e balizas da costa luguesa’.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Curriculum Antón Niñe Fernández". Galicia Dixital.
- ↑ García, Yolanda (30 de setembro de 2017). "«Esta etapa no ensino foi intensa e marabillosa, con rosas e espiños»". La Voz de Galicia (Burela).
- ↑ Rivas, Lucía (13 de decembro de 2017). "Xubilación do profesor Antón Niñe". Lucía Rivas Fotografía (Burela).
- ↑ "Historia da Asociación Cultural Os Matos". IES Perdouro (Burela). 26 de xaneiro de 2009.
- ↑ Villapol, Pablo (24 de febreiro de 2023). "Que foi de... Antón Niñe?". El Progreso (A Mariña).
- ↑ Cuadrado, María (29 de xuño de 2008). "El asilo de Foz cumple 75 años". La Voz de Galicia (en castelán) (A Mariña).
- ↑ Seijas Mourelo, Iria (alumna 4º ESO); Maseda Díaz, Jésica (alumna 4º Administrativo); Rivas Crecente, Mª Mar (alumna 4º Administrativo); Rey Neira, Raquel (alumna 1º Bach); Niñe Fernández, Antón (profesor de Relixión Católica) (1998). IES Perdouro, 20 anos de vida (PDF). Burela: Asociación Cultural "OS MATOS" (IES Perdouro). p. 75. ISBN 84-607-0096-8.
- ↑ Bouza, Lupe F. (16 de decembro de 2012). "Antonio Niñe: Noriega Varela e Salgado Toimil foron profesores na escola de Fondós". El Progreso.
- ↑ "Antón Niñe emociona co seu libro «Navegando a bordo do San Lorenzo de Foz»". La Voz de Galicia (en castelán) (Foz). 20 de outubro de 2019.
- ↑ "A presentación do libro “Navegando a bordo do San Lorenzo de Foz” de Antón Niñe ateigou o salón de actos do Cenima". Crónica 3 A Mariña (Foz). 19 de outubro de 2019.
- ↑ "Antón Niñe presenta no IES Perdouro o seu libro ‘Unha familia de escultores: Xosé Rivas e fillos’". Crónica 3 A Mariña (Burela). 24 de setembro de 2023.
- ↑ "Charla de Antón Niñe sobre o Colexio do Pilar en Foz". La Voz de Galicia (en castelán) (Foz). 4 de maio de 2021.
- ↑ "Antón Niñe e a Acia resumen en 500 láminas a historia dos barcos que operaron no século XX en Foz". Xornal da Mariña (Foz). 13 de agosto de 2020.
- ↑ "A Asociación A Pomba do Arco presenta as XXVI Xornadas de Historia de Foz". Nós Diario (Foz). 26 de xullo de 2023.
- ↑ "As Festas do Carme de Foz serán pregoadas polo mestre e investigador da historia local Antón Niñe o 13 deste mes. Ese mesmo día actuará o grupo Dos Pájaros y un Trío, tributo a Sabina e Serrat". Crónica 3 A Mariña (Foz). 4 de xullo de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Niñe, Antón (26 de xullo de 2022). Historia dos estaleiros na Mariña-Ortegal: Antón Niñe. GALP A Mariña-Ortegal.