IES Perdouro
IES Perdouro | |
---|---|
IES Perdouro. | |
Enderezo | |
Rúa do Instituto, s/n Burela | |
Datas | |
Educación | |
Ensinanzas | Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e FP.[1] |
Xestión | |
Tipo | Público |
Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Xunta de Galicia | |
Director | María José Pardiñas Suárez |
Na rede | |
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesperdouro/ | |
O Instituto de Ensino Secundario Perdouro é un centro educativo público situado en Burela que imparte ensino de educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato e ciclos formativos de grao medio e superior, e Formación Profesional Básica de Fabricación e Montaxe[2] e de Administración e Servizos.[1] Para o curso 2022-23, ofertan o Ciclo Superior de Mecatrónica industrial.[3] Ademais, desenvolve o programa CUALE para a formación complementaria en linguas estranxeiras, co que obter o nivel B1 de portugués.[4][5]
Depende da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Sitúase entre o IES Monte Castelo e o Hospital da Costa.
Historia
[editar | editar a fonte]A mediados dos anos 70, os estudantes de Burela que remataban a súa Educación Xeral Básica, tiñan que moverse a outras localidades se querían continuar a súa formación; ben sexa a relativa pouca distancia (Ribadeo, Mondoñedo ou Viveiro) ou ben máis lonxe, como Lugo ou A Coruña. En 1973, o Ministerio de Educación e Ciencia deu os primeiros pasos, solicitando ao entón concello de Cervo a cesión de terreos para construír en Burela un Centro de Bacharelato Unificado e Polivalente. Houbo varias ofertas da veciñanza para vender leiras destinadas á construción deste Centro, e dunha Escola de Formación Profesional. O 12 de marzo de 1975, o Pleno do Concello aprobou a adquisición dunhas leiras na zona de Os Matos, ás aforas do pobo.[6] En 1978, publicouse o Real Decreto 2045/1978, de 29 de xuño, que poñía en marcha este Centro Nacional de Formación Profesional.[7]
A inauguración foi o 7 de outubro de 1978, que sería recollida polo diario El Progreso ao día seguinte:
Ás cinco da tarde de onte, foron inaugurados o Instituto Nacional de Bacharelato Mixto de Burela, e o Centro de Formación Profesional de Primeiro e Segundo Grao.
Nos anos 80, foi concedida ao centro a Rama de Peiteado e Estética. Tamén foi creado a comezos do curso 1986-1987, o Consello Escolar, con representantes da comunidade docente e non docente, alumnado, proxenitores e o Concello; nel, informouse do acordo dos directores dos centros de FP de Viveiro, Burela, Foz e Ribadeo, para a creación da revista gratuíta bimensual Formación Profesional da Mariña, cuxo primeiro número foi realizado integramente no por entón chamado Instituto de Formación Profesional de Burela. A partir do curso 1987-1988, o centro contaba tamén cunha emisora de radio.
A comezos dos anos 90, entraba en vigor a nova lei educativa: a LOXSE.[8] Con ela, o centro comezaría a ofertar a ESO, Bacharelato e os Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior. No curso 1996-1997, o Consello Escolar propón o actual nome: IES Perdouro. Dous cursos despois, incorpórase o Primeiro Ciclo (1º e 2º) da ESO, para o que o centro empregou temporalmente parte das instalacións do Colexio Público Vista Alegre.[6]
En 2016, fixéronse obras de ampliación no centro para implantar a FP Básica.[9]
Proxectos
[editar | editar a fonte]O centro realizou varias edicións de Encontros de Banda Deseñada,[10][11] nos que se organizaron concursos.[12]
Entre as actividades solidarias levadas a cabo polo centro, destacan as seguintes:
- Na Casa de Papel: doazóns ao Banco de Alimentos, a Cruz Vermella, Cáritas e o Concello de Burela.[13] Gañou o Premio á Solidariedade e aos Dereitos Humanos da Rede Española Aprendizaxe-Servizo.[14][15]
- Elaboración de 1.000 grúas de papel, en solidariedade co Xapón, polos Accidentes nucleares de Fukushima I.[16]
A biblioteca do centro é unha das colaboradoras na Microrrede A Mariña,[17][18] un proxecto colaborativo das bibliotecas escolares da Mariña que realizan diversos proxectos comúns, como algunhas exposicións.[19]
O centro tamén participou no documental Cancelo Gurriarán, de Kaito Estudios, dirixido por Santiago Raimundi e emitido pola Televisión de Galicia. Estaba adicado a Florencio Delgado Gurriarán, escritor ao que se lle adicou o Día das Letras Galegas de 2022.[20]
Asociación Cultural Os Matos
[editar | editar a fonte]En decembro de 1993, púxose en marcha a Asociación Cultural Os Matos para dinamizar as actividades extraescolares do centro; o seu presidente foi o profesor Antón Niñe ata a súa xubilación en 2017. Ademais de diversas actividades culturais, puxeron en marcha a partir de 1995 o Cine-Club Os Matos, a revista Maruxía[21][22][23] (editada pola comunidade educativa) e a edición en 1998 do libro IES Perdouro, 20 anos de vida.[6] Tamén destaca o Encontro Multilateral Europeo, que reuniu en Burela alumnado de Alemaña, Bélxica, Italia e España.[24]
A asociación tamén entrega premios en deportes (baloncesto ou fútbol sala) e diversos xogos (damas, xadrez e crebacabezas).[25]
Modelo Burela
[editar | editar a fonte]A localidade de Burela ten unha gran diversidade en canto á orixe dos seus habitantes, pero das súas 42 nacionalidades[26] destaca (tras a galega, obviamente), a poboación procedente da República de Cabo Verde.
Dende 2008 inicia no centro o Modelo Burela,[27][28][29] primeiro proxecto de planificación lingüística aprobado por unanimidade nunha vila galega e orientado á comunidade procedente de Cabo Verde, impulsado por profesores como Bernardo Penabade ou Karina Parga. Desde 2012 coordina en Radio Burela[30] o programa radiofónico Proxecto Neo,[31][32][33][34][35] centrado nas experiencias de persoas neofalantes do idioma galego. O programa reemítese posteriormente en dúas radios comunitarias: Cuac FM e Rádio Filispim.
A experiencia do centro en radio permitiu que gañasen premios relacionados con este medio de comunicación, como o concurso Educación sen fronteiras,[36] ou a fase autonómica do certame radiofónico O galego na onda.[37]
En 2011, gravouse unha longametraxe-documental no centro sobre o Modelo Burela, dirixido por Matías Nicieza, con guión do profesor Bernardo Penabade.[38][39] En 2022, o primeiro capítulo do documental Aquí medra a lingua o realizado polo Consello da Cultura Galega, está adicado ao Modelo Burela.[40][41]
O 14 de marzo de 2023, celebrouse na Biblioteca do IES Perdouro o I Día da Literatura Caboverdiana, coa lectura continuada do libro Chiquinho de Baltasar Lopes da Silva, escrita en crioulo caboverdiano. Na lectura participou boa parte do persoal do centro (docente e non docente, alumnado e familias), ademais de personalidades da cultura local, e da política como o Alcalde de Burela Alfredo Llano; ou o Diputado Nacional para a Diáspora de Cabo Verde, Francisco Pereira.[42][43][44]
O modelo recibiu varios premios:
- 2015. Un dos seus traballos, Neofalantes iniciais: da alfabetización á fluidez comunicativa recibiu o premio de innovación educativa do Goberno galego.[45]
- 2016. A Fundación Donostia recoñeceu ao Modelo Burela como unha das oito iniciativas galegas inspiradoras para outras comunidades lingüísticas.[46][47]
Outra iniciativa para favorecer a integración desta comunidade foi impartir clases para docentes sobre lingua e cultura de Cabo Verde.[50]
Actividades complementarias
[editar | editar a fonte]O alumnado do IES Perdouro participa de forma periódica en distintos torneos, como:
- A Olimpíada Científica Xuvenil Española,[51] a de Química,[52] a das Matemáticas[53] e a de Xeoloxía.[54]
- O Concurso-Exposición Letras Galegas 2014.[55]
- O Certame literario Trapero Pardo.[56][57]
- 2022: O programa de educación financeira Segura-Mente,[58] e o programa Xeración Eco.[59][60]
Galería de máquinas expostas
[editar | editar a fonte]-
Serra de disco
-
Serra vaivén
-
Mortaisadora
-
Cepillo de ponte
-
Limadora
-
Troquel
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Oferta educativa do IES Perdouro". Web do IES Perdouro. Burela. 20 de novembro de 2021. Consultado o 17 de maio de 2022.
- ↑ Delgado, Marina (9 de febreiro de 2012). "A Rula reabre con fuerza" [A Rula reabre con forza]. El Progreso (en castelán). Consultado o 22 de maio de 2022.
Os alumnos de 2º de Mecanizado do IES Perdouro de Burela elaboraron unha copia do Guernica mediante o gravado en control numérico.
- ↑ González Rey, Ramón (21 de xuño de 2022). "Cinco centros ofertarán 69 nuevas plazas de FP Dual en A Mariña" [Cinco centros ofertarán 69 novas prazas de FP Dual na Mariña]. La Voz de Galicia (Ribadeo). Consultado o 21 de xuño de 2022.
- ↑ Rey, Lucía (5 de outubro de 2021). "O IES Perdouro, de Burela, formará a 12 alumnos para que logren o B1 de portugués". La Voz de Galicia (Burela). Consultado o 16 de maio de 2022.
- ↑ "María José Pardiñas: “Somos o único centro da Mariña que imparte o CUALE en portugués e para toda a comarca”". Xornal da Mariña (Burela). 23 de outubro de 2021. Consultado o 16 de maio de 2022.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Seijas Mourelo, Iria (alumna 4º ESO); Maseda Díaz, Jésica (alumna 4º Administrativo); Rivas Crecente, Mª Mar (alumna 4º Administrativo); Rey Neira, Raquel (alumna 1º Bach); Niñe Fernández, Antón (profesor de Relixión Católica) (1998). IES Perdouro, 20 anos de vida (PDF). Burela: Asociación Cultural "OS MATOS" (IES Perdouro). p. 75. ISBN 84-607-0096-8.
- ↑ "Real Decreto 2045/1978, de 29 de xuño, polo que se crean Centros Nacionais de Formación Profesional nas localidades de Elx (Alacant); Lluchmayor (Baleares); Plasencia (Cáceres); Burela (Lugo); Carballiño e Ourense (Ourense); Salamanca, e transfórmanse as Seccións de Formación Profesional de primeiro grao de Almadén e Daimiel (Cidade Real); Palafrugell (Xirona); Lalín e Vilagarcía de Arousa (Pontevedra); Castro Urdiales e Reinosa (Santander), e Mora de Toledo (Toledo).". Boletín Oficial del Estado. 30 de agosto de 1978. pp. 20317 a 20317 (1 páxina). Consultado o 22 de maio de 2022.
- ↑ "Lei Orgánica 1/1990, de 3 de outubro, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo.". Boletín Oficial del Estado. 4 de outubro de 1990. pp. 28927 a 28942 (16 páxinas). Consultado o 22 de maio de 2022.
- ↑ C., M. (23 de xaneiro de 2016). "El IES Perdouro de Burela gana en capacidad para implantar la FP básica" [O IES Perdouro de Burela gaña en capacidade para implantar a FP básica]. La Voz de Galicia (en castelán) (Burela). Consultado o 23 de maio de 2022.
- ↑ Delgado, Marina (17 de xaneiro de 2013). "El cómic cobra vida en Burela" [A banda deseñada cobra vida en Burela]. El Progreso (en castelán) (Burela). Consultado o 23 de maio de 2022.
- ↑ "Grandes artistas de las viñetas". El Progreso (Burela). 30 de abril de 2013. Consultado o 23 de maio de 2022.
- ↑ Delgado, Marina (10 de marzo de 2014). "Bases do concurso do sexto encontro". Blogue "Encontros de Banda Deseñada da Mariña" (Burela). Consultado o 23 de maio de 2022.
- ↑ "Deberes que logran derechos en Burela" [Deberes que logran dereitos en Burela]. El Progreso (en castelán) (Burela). 20 de xuño de 2020. Consultado o 23 de maio de 2022.
- ↑ "Premio a la Solidaridad y a los Derechos Humanos" [Premio á Solidariedade y aos Dereitos Humanos]. Red Española Aprendizaje-Servicio (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2022.
- ↑ Carreira, Sara (2 de decembro de 2020). "Éxito televisivo e solidariedade do IES Perdouro no confinamento". La Voz de Galicia - Prensa Escuela. Consultado o 23 de maio de 2022.
- ↑ "El IES Perdouro elabora mil grullas de papel para solidarizarse con Japón" [O IES Perdouro elabora mil grúas de papel para solidariezarse co Xapón]. El Progreso (en castelán). 13 de abril de 2011. Consultado o 23 de maio de 2022.
- ↑ Ferreiro Maseda, Carmen (xaneiro de 2018). "Microrrede da Mariña: un proxecto colaborativo cara á sociedade do futuro" (75). ISSN 2171-6595. Consultado o 23 de maio de 2022.
- ↑ "Blogue Microrrede da Mariña". Consultado o 23 de maio de 2022.
- ↑ "Viveiro acoge una nueva exposición de la red de bibliotecas escolares de A Mariña". Enfoques (en castelán). 2022-05-10. Consultado o 2023-02-24.
- ↑ Cancelo: Gurriarán. CRTVG (Burela: Kaito Estudios). 17 de maio de 2022. Consultado o 23 de maio de 2022.
- ↑ "Revista Maruxía". Web do IES Perdouro. Burela. 28 de xaneiro de 2009. Consultado o 22 de maio de 2022.
- ↑ Montes, Susana L. (17 de xuño de 2011). "Letras desde los pupitres" [Letras desde os pupitres]. El Progreso (en castelán) (Burela). Consultado o 23 de maio de 2022.
O IES Perdouro presentou onte o número 17 da súa revista Maruxía, na que se fai un repaso das actividades do curso.
- ↑ "A asociación cultural Os Matos do IES Perdouro presentou a súa publicación anual Maruxía". Crónica3 (Burela). 26 de xuño de 2021. Consultado o 23 de maio de 2022.
- ↑ "Historia da Asociación Cultural Os Matos". Web do IES Perdouro. Burela. 26 de xaneiro de 2009. Consultado o 22 de maio de 2022.
- ↑ "Os Matos premió en Burela a los mejores en damas, ajedrez, puzles, baloncesto y fútbol sala" [Os Matos premiou en Burela aos mellores en damas, xadrez, crebacabezas, baloncesto e fútbol sala]. La Voz de Galicia (en castelán) (Burela). 11 de febreiro de 2020. Consultado o 23 de maio de 2022.
- ↑ Casal, Luis (9 de xaneiro de 2022). "Las 42 naciones de Burela, el puerto gallego con más extranjeros: "Son los que mejor están trabajando"" [A 42 nacións de Burela, o porto galego con máis estranxeiros: "Son os que mellor están traballando"]. El Español (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2022.
- ↑ Cerra, María José (11 de outubro de 2017). "‘Modelo Burela’ pide apoyo para sobrevivir" [‘Modelo Burela’ pide apoio para sobrevivir]. Cadena SER (en castelán) (Viveiro). Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2022. Consultado o 14 de maio de 2022.
- ↑ Montenegro, Eva (27 de xaneiro de 2010). "El proyecto «Modelo Burela, en galego» interesa en Vigo e incluso en Madrid" [O proxecto «Modelo Burela, en galego» interesa en Vigo e mesmo en Madrid]. La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 14 de maio de 2022.
- ↑ Rey, Carlos (18 de maio de 2019). "Burela (Lugo), una Torre de Babel mirando al Cantábrico" [Burela (Lugo), unha Torre de Babel mirando ao Cantábrico]. Agencia EFE (en castelán) (Burela). Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2021. Consultado o 14 de maio de 2022.
- ↑ Penabade Rei, Bernardo (16 de febreiro de 2018). "A Dádiva da Vida : Grandes Vozes do Nosso Mundo". PGL.gal (en portugués). Consultado o 14 de maio de 2022.
- ↑ Mandiá, Diana (8 de marzo de 2012). "Un micro para el ‘neofalante’" [Un micro para o ‘neofalante’]. El País (en castelán) (Burela). Consultado o 14 de maio de 2022.
- ↑ Penabade, Bernardo (20 de outubro de 2017). "The Neo Project: An Educational Radio Program to Promote Social Cohesion" [O Proxecto Neo: un programa de radio educativo para promover a cohesión social]. En DePalma, R.; Pérez-Caramés, A. Galician Migrations: A Case Study of Emerging Super-diversity. Migration, Minorities and Modernity [Migracións galegas: un caso de estudo de superdiversidade emerxente. Migración, minorías e modernidad] (en inglés) 3. ISBN 978-3-319-66304-3. Consultado o 14 de maio de 2022.
- ↑ Rey, Lucía (11 de maio de 2018). "Profesores nativos se ofrecen para «tirar» de los jóvenes caboverdianos" [Profesores nativos ofrécense para «tirar» dos novos caboverdianos]. La Voz de Galicia (en castelán) (Viveiro). Consultado o 14 de maio de 2022.
- ↑ Rey, Lucía (19 de xuño de 2018). "Solicitan al Gobierno de Cabo Verde que ayude a su comunidad en Burela" [Solicitan ao Goberno de Cabo Verde que axude á súa comunidade en Burela]. La Voz de Galicia (en castelán) (Viveiro). Consultado o 14 de maio de 2022.
- ↑ Mariño, Moncho (30 de xaneiro de 2022). "Bernardo Penabade, Proxecto Neo: “Somos o resultado dun enfoque que é a pedagoxía comunicativa”". Xornal da Mariña. Consultado o 16 de maio de 2022.
- ↑ "Un traballo do IES Perdouro gaña o Concurso de Educación Sen Fronteiras". Crónica3. 13 de febrero de 2015. Consultado o 25 de maio de 2022.
- ↑ "O IES Perdouro gaña a fase autonómica do certame radiofónico ‘O galego na Onda’". Crónica3 (Santiago de Compostela). 27 de febrero de 2015. Consultado o 25 de maio de 2022.
- ↑ Modelo Burela (longametraxe-documental). YouTube (Burela: IES Perdouro). 4 de febreiro de 2011. Consultado o 23 de maio de 2022.
- ↑ Salgado, Daniel (8 de marzo de 2009). "Las tres lenguas de Burela" [As tres linguas de Burela]. El País (en castelán) (Santiago). Consultado o 23 de maio de 2022.
- ↑ 'Modelo Burela' no IES Perdouro (Burela). Web serie 'Aquí medra a lingua' (1x01). YouTube (Burela: Consello de Cultura Galega). 21 de marzo de 2022. Consultado o 23 de maio de 2022.
- ↑ Montero, Luis (21 de marzo de 2022). "A realidade do galego na escola co proxecto ‘Aquí medra a lingua’". El Correo Gallego (Burela). Consultado o 23 de maio de 2022.
- ↑ "Burela celebra o 1º Dia da Literatura Cabo-Verdiana". PGL (en portugués). 13 de marzo de 2023. Consultado o 25 de marzo de 2023.
- ↑ "Burela celebrou o primeiro 'Día da Literatura Cabo-Verdiana' a través da lectura pública de 'Chiquinho' por máis de 200 persoas". Praza Pública (en gallego). 15 de marzo de 2023. Consultado o 25 de marzo de 2023.
- ↑ "Cabo-verdianos em Burela (Espanha) continuam a queixar-se do problema de documentação". PGL (en portugués). 12 de marzo de 2023. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2023. Consultado o 25 de marzo de 2023.
- ↑ "Novo premio en innovación educativa para o IES Perdouro de Burela". La Voz de Galicia (Burela). 1 de maio de 2015. Consultado o 23 de maio de 2022.
- ↑ "Oito iniciativas galegas, "inspiradoras" para outras comunidades lingüísticas". Praza Pública (Burela). 8 de abril de 2016. Consultado o 23 de maio de 2022.
- ↑ "Recoñecemento internacional para un exemplo de integración lingüística: o Modelo Burela". Galicia Confidencial (Burela). 8 de abril de 2016. Consultado o 23 de maio de 2022.
- ↑ Rey, Lucía (1 de xullo de 2019). "Un curso para que maestros y profesores «hablen» con los alumnos de Cabo Verde" [Un curso para que mestres e profesores «falen» cos alumnos de Cabo Verde]. La Voz de Galicia (en castelán) (Burela). Consultado o 23 de maio de 2022.
O proxecto Modelo Burela, galardoado co Premio Mil Primaveras
- ↑ Gómez Lourido, Vanesa (28 de xuño de 2019). "O Modelo Burela, Premio Mil Primaveras pola súa promoción da lingua". Xornal da Mariña (Burela). Consultado o 23 de maio de 2022.
- ↑ Rey, Lucía (4 de decembro de 2019). "Lecciones para la integración: profesores de Burela asisten a clases sobre Cabo Verde" [Leccións para a integración: profesores de Burela asisten a clases sobre Cabo Verde]. La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2022.
- ↑ López, Susana (24 de abril de 2022). "Equipo ganador con el verde" [Equipo ganador co verde]. El Progreso (en castelán). Consultado o 25 de maio de 2022.
- ↑ "Foz acoge hoy pruebas de la Olimpiada Galega de Química para alumnos de ESO" [Foz acolle hoxe probas da Olimpíada Galega de Química para alumnos da ESO]. La Voz de Galicia (en castelán). 23 de abril de 2010. Consultado o 23 de maio de 2022.
- ↑ Montes, Susana L. (19 de maio de 2017). "Daniel Piqueras Valle, del IES Perdouro de Burela, tercero en la Olimpiada Matemática Galega" [Daniel Piqueras Valle, do IES Perdouro de Burela, terceiro na Olimpíada Matemática Galega]. La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2022.
- ↑ Montes, Susana L. (21 de xaneiro de 2012). "Una buena marca" [Unha boa marca]. El Progreso (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2022.
- ↑ Bouza, Lupe F. (28 de marzo de 2014). "En busca de la motivación" [En busca da motivación]. El Progreso (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2022.
O IES Perdouro de Burela resultou gañador este ano do Concurso-Exposición Letras Galegas 2014, convocado pola Consellería de Educación, na categoría de educación secundaria e bacharelato, formación profesional o ensinos especiais.
- ↑ Albo, Miguel (25 de febreiro de 2021). "Yorel Ladra: "Conto a historia dun rapaz que sofre no paso do cole ao instituto"". El Progreso. Consultado o 23 de maio de 2022.
- ↑ G., Y. (19 de febreiro de 2021). "Premiado el relato que Yorel Ladra, alumno del Perdouro, escribió sobre el fracaso escolar" [Premiado o relato que Yorel Ladra, alumno do Perdouro, escribiu sobre o fracaso escolar]. La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2022.
- ↑ F.B., L. (31 de maio de 2022). "El IES Perdouro de Burela logra un premio del programa Segura-Mente" [O IES Perdouro de Burela logra un premio do programa Segura-Mente]. El Progreso (en castelán) (A Mariña). Consultado o 20 de xuño de 2022.
- ↑ "O IES Perdouro de Burela recibe o 2º premio a nivel autonómico en Generación Eco". Crónica3 (Burela). 29 de xuño de 2022. Consultado o 30 de xuño de 2022.
- ↑ "O IES Perdouro participou en Generación Eco, programa de Ecovidrio para fomentar a sustentabilidade". Xornal da Mariña (Burela). 29 de xuño de 2022. Consultado o 30 de xuño de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Web oficial do IES Perdouro". Consultado o 24 de maio de 2022.
- "Blogue Microrrede da Mariña". Consultado o 23 de maio de 2022.
- Modelo Burela (longametraxe-documental). YouTube (Burela: IES Perdouro). 4 de febreiro de 2011. Consultado o 23 de maio de 2022.
- 'Modelo Burela' no IES Perdouro (Burela). Web serie 'Aquí medra a lingua' (1x01). YouTube (Burela: Consello de Cultura Galega). 21 de marzo de 2022. Consultado o 23 de maio de 2022.
- Cancelo: Gurriarán. CRTVG (Burela: Kaito Estudios). 17 de maio de 2022. Consultado o 23 de maio de 2022.