Saltar ao contido

Antón Pedro IX Hasownean

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntón Pedro IX Hasownean

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xuño de 1809 Editar o valor en Wikidata
Syria (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte28 de febreiro de 1884 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Cardeal
13 de decembro de 1880 –
Arcebispo católico
2 de agosto de 1846 –
← Poghos MarowsheanEstevo Pedro X Azarean →
Arcebispo titular
7 de xuño de 1842 –
Diocese: Anazarbus (en) Traducir
Patriarca católico armenio de Cilicia
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica armenia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1842–), sacerdote católico (1832–) Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónGiacomo Filippo Fransoni Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia, volume 6, (p.257-258) Editar o valor en Wikidata

Antón Pedro IX Hasownean[1] (en armenio: Անտոն Պետրոս Թ. Հասունեան, Anton Petros T’. Hasownean (ISO 9985)), nado o 13 de xuño de 1809 en Constantinopla (Imperio Otomán) e finado o 28 de febreiro de 1884, foi o 9º Patriarca de Cilicia da Igrexa católica armenia dende o 14 de setembro de 1866 até xuño de 1881.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Hasownean naceu o 13 de xuño de 1809 en Constantinopla.[2] O 7 de xuño de 1842 foi nomeado arcebispo coadxutor de Constantinopla e arcebispo titular de Anazarbus. Recibiu a consagración episcopal de mans do prefecto da Congregación para a Propagación da Fe Giacomo Filippo Fransoni. O 2 de agosto de 1846 sucedeu como arcebispo de Constantinopla a Poghos Marowshean.

Logo do pasamento de Gregorio Pedro VIII era necesario elixir un novo catholicos. Reunidos os bispos armenios en Bsumar, contando coa presenza do patriarca latino Giuseppe Valerga, elixiron o 14 de setembro de 1866 patriarca de Cilicia a Hasownean,[3] quen moveu a sé do patriarcado a Constantinopla, polo que o papa Pío XI coa bula Reversurus do 12 de xullo de 1867 asociou o título de Constantinopla á sé patriarcal armenia.[2]

Durante o seu pontificado tivo que afrontar un cisma na súa Igrexa, cando se atopaba en Roma para a celebración do Concilio Vaticano Primeiro.[2][4] Os motivos do cisma estaban nas latinizacións e por algunhas provisións da bula papal que foron levados a cabo polo patriarca.[3] Os seus opositores elixiron a Hovhannes Kupelian como patriarca en 1872, e aproximadamente un terzo dos armenios católicos seguiron aos cismáticos.[2] O cisma durou até 1879.[2]

A solución ao cisma veu coa elección dun novo patriarca.[3] O 13 de decembro de 1880 o papa León XIII creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de Santi Vitale, Valeria, Gervasio e Protasio; pouco despois, en xuño de 1881, renunciou ao cargo de patriarca.[2][3] Finou tres anos máis tarde, o 28 de febreiro de 1884.

  1. O seu apelido tamén aparece como Hassoun, Hassun.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 La Grande Encyclopédie: inventaire raisonné des sciences, des lettres, et des arts, par une société de savants et de gens de lettres 19. Lamirault et cie. 1886. p. 907. HASSOUN (Pierre), patriarche arménien et cardinal, né à Constantinople le 13 juin 1809, mort en 1884. A son nom se rattache l'un des derniers épisodes de la question arménienne. Hassoun, déjà patriarche des arméniens unis (V. t. XV, p. 629) à Constantinople, fut élu au siège de Cilicie en sept. 1866, ce dont Pie IX profita pour unir les deux sièges dans la bulle Reversurus (12 juin 1867). Diverses dispositions de cette bulle, ainsi que l'ardeur de Hassoun à romaniser son Eglise, créèrent un mécontentement dont les mékhitaristes (V. cemot) prirent la direction. Lorsque le patriarche se rendit à Rome pour le concile de 1870, les mécontents constituèrent l'Eglise catholique arménienne orientale, que la Porte, sur l'avis de l'ambassadeur français, reconnut ainsi que le nouveau patriarche, Ovham Koupélian, élu en mai 1872. Ce schisme, englobant un tiers environ des arméniens unis, dura jusq'en mars 1879; alors le sultan, sollicité par l'Autriche et par la France mieux informée, extorqua sa démission à Koupélian; un iradé réintégra Hassoun dans son office, les dissidents se calmèrent, mais Hassoun céda également sa place à un nouveau patriarche, Azarian, après avoir été créé cardinal en 1880 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Yeghishe, Julián (1981). "Armenia: Historia de la Iglesia". Gran Enciclopedia Rialp 3. Rialp. p. 8. ISBN 9788432106453. 
  4. Catalogo alfabetico di tutti i padri del Concilio Io Ecumenico Vaticano. Osservatore Romano. 1870. p. 24. Hassun Antonio, Patriarca di Cilicia (Rito Armeno). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Poghos Marowshean
 Arcebispo de Constantinopla 
1846 - 1881
Sucesor:
Estevo Pedro X Azarean
Predecesor:
Gregorio Pedro VIII Ter Astowaçatowrean
 Patriarca de Cilicia 
1866 - 1881
Sucesor:
Estevo Pedro X Azarean