Paulo Pedro XII Sappaghean
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de febreiro de 1836 Alepo, Siria |
Morte | agosto de 1915 (79 anos) Constantinopla, Turquía |
Bispo diocesano | |
28 de agosto de 1901 – ← Barnabé Akscheislian (en) – Pietro Kojunian (en) → Diocese: Armenian Catholic Eparchy of Alexandria (en) | |
Patriarca católico armenio de Cilicia | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica armenia |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1901–), sacerdote católico (1857–) |
Consagración | Paulo Pedro XI Emmanowelean |
Paulo Pedro XII Sappaghean[1] (en armenio: Պօղոս Պետրոս ԺԲ. Սապպաղեան, Pòġos Petros ŽB. Sappaġean (ISO 9985)), nado o 12 de febreiro de 1836 en Alepo (Siria)[2] e finado en agosto de 1915 en Constantinopla, foi o 12º Patriarca de Cilicia da Igrexa Católica Armenia dende o 4 de agosto de 1904 até abril de 1910.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Alepo o 12 de febreiro de 1836.[2][3] Foi ordenado sacerdote arredor do ano 1857. Exerceu o seu ministerio pastoral sucesivamente en Urfa, Malatya e Al-Husn.[2] Posteriormente foi vigairo patriarcal en Xerusalén e Beirut.[2]
O 28 de agosto de 1901 foi nomeado bispo de Alexandría, en Exipto.[3] Recibiu a consagración episcopal de mans do patriarca Paulo Pedro XI o 21 de novembro do mesmo ano.[2]
O 4 de agosto de 1904 foi elixido patriarca de Cilicia,[3] cargo no que permaneceu até a súa renuncia en abril de 1910. Finou en Constantinopla en agosto de 1915.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Paulo Pedro XI Emmanowelean |
Patriarca de Cilicia 1904 - 1910 |
Sucesor: Paulo Pedro XIII Terzean |