Antón Seoane
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1949 (75/76 anos) Ferrol, España |
Actividade | |
Ocupación | psiquiatra, musicólogo, músico |
Antón Seoane-Pampín Montenegro, nado en Ferrol en 1949, é un músico, musicólogo e psiquiatra galego. Foi un dos membros fundadores do grupo musical Milladoiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha familia de tradición musical, comezou a interesarse pola música desde neno, estudando piano e guitarra. O seu avó Antonio Seoane foi director desde o 1900 até o 1920 da agrupación musical Airiños da Miña Terra, xerme do coro galego Toxos e Froles de Ferrol.
Licenciouse en medicina na Universidade de Santiago de Compostela no ano 1972, obtendo a especialidade de psiquiatría no 1980.[1] Rematada a universidade foi un dos iniciadores do Movemento popular da canción galega, xurdido logo da disolución do colectivo Voces Ceibes. Neste período naceu o seu compromiso na recuperación da case desaparecida zanfona xunto ao artesán Guillermo Álvarez "O Crego"[2] e colaborou en múltiples proxectos musicais.[3]
No 1977 participou na gravación do disco Fonte do Araño de Emilio Cao, no 1978 gravou xunto a Rodrigo Romaní o premiado disco Milladoiro[4], no 1979 participou no disco In memorian[5] do cuarteto tradicional Faíscas do Xiabre. Con tres dos seus compoñentes deste grupo, Xosé Ferreirós, Nando Casal e Moncho García, e con Rodrigo Romaní constituíu no 1979 o grupo musical Milladoiro.[6]
Formou parte de Milladoiro até o ano 2013, chegando a gravar vinte e cinco discos.[7] Durante este tempo mantivo unha actividade artística paralela que o levou a co-producir xunto a Nando Casal o segundo disco das pandeireteiras Leilía: I é verdade, i é mentira, a colaborar no disco Escarnio de Antón Reixa e na banda sonora da película O lapis de carpinteiro, para a que creou o tema "Foi coma un soño".
Alén destas colaboracións publicou no ano 2000 a biografía Faustino Santalices. Investigador, gaiteiro e zanfonista, no 2004 o disco infantil Lambón. Cancións para os croques,[8] no 2008 o libro CD-DVD A volta dos nove, homenaxe a nove asasinados en Baiona o 16 de outubro do 1936 durante a represión tras do golpe de Estado fascista,[9] e no 2013 o libro-disco De Voces Ceibes a Milladoiro.[10]
Exerceu a psiquiatría no Servizo Galego de Saúde, onde foi xefe de sección, até a súa xubilación no ano 2014.[1] Na actualidade traballa na vila de Nigrán nunha consulta propia.[11]
Libros
[editar | editar a fonte]- Faustino Santalices. Investigador, gaiteiro e zanfonista (2000). Vigo: Ir Indo, Galegos na Historia. 64 páxs. ISBN 978-8476803301.
- De Voces Ceibes a Milladoiro. Unha memoria do movimento popular da canción galega 1973-1978 (2014). Vigo: Galaxia. 120 páxs. ISBN 978-84-9865-494-3.
- Avelino Cabezas e os seus irmáns. Un relato de Narón (2023). Vigo: Galaxia. 322 páxs. ISBN 978-84-1176-164-2.
Libros colectivos
[editar | editar a fonte]- A volta dos nove (2008). Instituto de Estudos Miñoráns. Encargouse da parte musical. É unha homenaxe a nove veciños do Val Miñor asasinados en outubro de 1936.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Dr. Antón Seoane-Pampin. Psiquiatría-Psicoterapia :: Historial". www.antonseoane.com. Consultado o 2021-06-18.
- ↑ Diario, Nós. "Morreu Guillermo Álvarez 'O Crego'". Nós Diario. Consultado o 2021-06-18.
- ↑ "Antón Seoane". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2022. Consultado o 2021-06-18.
|archiveurl=
e|url-arquivo=
redundantes (Axuda);|archivedate=
e|data-arquivo=
redundantes (Axuda);|deadurl=
e|url-morta=
redundantes (Axuda) - ↑ "Antón Seoane And Rodrigo Romaní – Milladoiro (1978, Gatefold, Vinyl)" (en inglés). Consultado o 2021-06-17.
- ↑ "Faíscas Do Xiabre – In Memoriam (1979, Gatefold, Vinyl)" (en inglés). Consultado o 2021-06-17.
- ↑ Pereiro, Xosé Manuel (2009-04-30). "Os que abriron o camiño". El País. ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-06-15.
- ↑ "Dr. Antón Seoane-Pampin. Psiquiatría-Psicoterapia :: Antón en Milladoiro". www.antonseoane.com. Consultado o 2021-06-18.
- ↑ culturagalega.org (2004-06-30). "Antón Seoane e Pilocha editan un CD de música para nenos". culturagalega.org. Consultado o 2021-06-17.
- ↑ Seoane, Antón. "A volta dos 9 - Presentación en Baiona". Youtube. Consultado o 2021-06-17.
- ↑ "De voces ceibes a Milladoiro". Editorial Galaxia. Consultado o 2021-06-18.
- ↑ "Dr. Antón Seoane-Pampin. Psiquiatría-Psicoterapia :: Psiquiatría no Val Miñor". www.antonseoane.com. Consultado o 2021-06-18.
- ↑ "O Instituto de Estudos Miñoranos publica unha homenaxe artística a nove represaliados en 1936". La Voz de Galicia (en castelán). 2008-04-05. Consultado o 2024-01-21.