Antón de Vicente
Nome orixinal | Antón de Vicente Adrio | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 23 de agosto de 1989 Vigo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Antón de Vicente Adrio, nado en Vigo o 23 de agosto de 1989, é un futbolista galego que xoga na demarcación de centrocampista para o Compostela, da Segunda División RFEF.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar con catro anos no equipo do seu barrio, o Priegue, porén ese mesmo ano pasa ao San Miguel FC, e de aí ao Xuvenil Ureca, actual Nigrán CF, onde compartiu aprendizaxe con xogadores como Rafinha e Thiago Alcántara, Rodrigo Machado, Pedro Vázquez ou Diego Mariño.
Despois de sete anos no equipo do Val Miñor, ficha en anos sucesivos por Areosa, Coruxo FC e Racing de Ferrol e outra vez Coruxo, onde pasa dous anos, antes de fichar polo Celta de Vigo B.
Ao pouco tempo de fichar polo filial céltico foi convocado para adestrar co primeiro equipo, incluso chegou a ir convocado a tres partidos[1].
Sete longos anos xogaría Antón de Vicente na súa última etapa no Coruxo chegando en 2016, dándolle moitas alegrías a afección e incluso chegando a xogar un playoff cara Primeira División RFEF, lembrado coma un dos capitáns históricos do Coruxo representando o conxunto con clase dentro e fóra do campo a súa saída do conxunto sería o resultado dunha tensa relación co presidente da entidade Gustavo Falque sendo unha realidade irreparable, entre as queixas de De Vicente e moitos dos afeccionados estivo o feito de que o club non lle fixo ningunha despedida oficial.[2]
Despois de abandonar o Coruxo ficharía pola SD Compostela.[3]
Equipos
[editar | editar a fonte]Ano | Club | División | Partidos | Goles |
---|---|---|---|---|
2008-2009 | Coruxo FC | Terceira División | 32 | 3 |
2009-2010 | Racing de Ferrol | Segunda División B | 16 | 1 |
2010-2011 | Coruxo FC | Segunda División B | 32 | 3 |
2011-2012 | Coruxo FC | Segunda División B | 34 | 0 |
2012-2013 | Celta de Vigo B | Terceira División | 36 | 0 |
2013-2014 | Celta de Vigo B | Segunda División B | 35 | 1 |
2014-2015 | Burgos CF | Segunda División B | 19 | 0 |
2014-2015 | Somozas | Segunda División B | 14 | 0 |
2015-2016 | Somozas | Segunda División B | 35 | 3 |
2016-2023 | Coruxo FC | Segunda División B | 36 | 2 |
2023 | SD Compostela | 2ª RFEF – Grupo 1 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.lavozdegalicia.es/noticia/gradario/2013/05/22/anton-vicente-apunta-lateral-ante-valladolid/0003_201305V22P46992.htm
- ↑ "Antón de Vicente: «Era un segredo a voces que non me renovaban e non o souben polo Coruxo»". La Voz de Galicia. 21 de xuño 2023. Consultado o 10 de Setembro de 2023.
- ↑ "Antón de Vicente, procedente do Coruxo, primeira fichaxe do Compostela". La Voz de Galicia. 23 de xuño 2023. Consultado o 10 de Setembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lago Enríquez, Javier (6 de abril de 2011). "Reportaje Antón de Vicente Adrio" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2013. Consultado o 07 de xaneiro de 2013.
|archiveurl=
e|urlarquivo=
redundantes (Axuda);|archivedate=
e|dataarquivo=
redundantes (Axuda);|deadurl=
e|urlmorta=
redundantes (Axuda) - Artigo no Faro de Vigo