Saltar ao contido

Anticapitalistas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anticapitalistas
Partido político de España
Dirixentes e organización
LíderEsther Vivas
Filiación internacionalEsquerda Anticapitalista Europea
Secretariado Unificado da IV Internacional
Historia
Fundación1995,1 20072 e 2015
Posicións políticas
IdeoloxíaTrotskismo
Anticapitalismo
Internacionalismo
Ecoloxismo
Feminismo
Outros datos
SedeC/ Limón nº 20, baixo exterior. Madrid[1]
PublicaciónPoder Popular
Na rede
Páxina oficial
1 Integrado en Izquierda Unida.
2 Saída de Izquierda Unida.
Creado orixinalmente como Espazo Alternativo, cambiando de nome en 2008.

Anticapitalistas é unha organización política que funciona como confederación no eido de España. Fundada en 1995 co nome de Espacio Alternativo, en febreiro de 2009 inscribiuse formalmente no rexistro de partidos políticos do Ministerio de Interior como Izquierda Anticapitalista, presentándose a varias citas electorais. En xaneiro de 2015 transformouse en asociación para integrarse no partido político Podemos, adoptando o nome actual.[2][3] Defínese como revolucionaria, anticapitalista, internacionalista, feminista e socialista, asumindo o marxismo nun senso aberto, plural e crítico. O seu obxectivo declarado é recompoñer o proxecto revolucionario mediante a creación dunha expresión política unitaria e anticapitalista sustentada no altermundismo, o movemento obreiro en senso amplo e os movementos sociais.

Anticapitalistas formouse en 1995 baixo o nome de Espacio Alternativo polos antigos membros da Liga Comunista Revolucionaria que se integraron en Izquierda Unida e independentes ecosocialistas. Posteriormente ten ido sumando membros dentro e fóra desta coalición, malia ter perdido peso de xeito progresivo como corrente no seo de IU, por mor do distanciamento dos sectores ecosocialistas que participaron na súa fundación. Algúns dos máis destacados dirixentes da coalición vencellados a Espacio Alternativo, como Julio Setién, Oskar Matute ou Concha Denche, abandonaron a corrente cara a 2003, xunto coa maior parte dos afiliados a IU, restando EA como unha corrente maioritariamente externa a IU.

Ten celebrado até hoxe cinco xuntanzas confederais, a derradeira delas en decembro de 2007, cando se aprobou unha resolución pola que Espacio Alternativo abandonaba Izquierda Unida, na que funcionaba como corrente organizada. O 22 de novembro de 2008 tivo lugar unha conferencia política confederal para converterse nun partido político co cal se presentarán ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2009. Nesta mesma conferencia, co 70 % dos votos, decidiron cambiar o nome do partido, deixando Espacio Alternativo, tomando en troques o de Izquierda Anticapitalista (IZAN) e para isto iniciou unha campaña de recollida das 15.000 sinaturas en todo o territorio do estado que precisa; campaña que rematou con máis de 18.000 sinaturas. Así, entra activamente na política estatal, coa activista Esther Vivas como testa de lista.

Forma parte da Esquerda Anticapitalista Europea, que é un conglomerado de partidos e grupos políticos socialistas de diferentes tendencias (dende trotskistas, outros marxistas-leninistas, nacionalistas).

Constitución como asociación Anticapitalistas

[editar | editar a fonte]

Tralos bos resultados obtidos, a finais de 2014 Podemos celebrou un congreso fundacional no que definiu as súas regras de funcionamento como partido político, que prohibían ós seus cargos orgánicos militar en calquera outro partido de eido estatal. Por este motivo, Izquierda Anticapitalista adiantou o seu II Congreso a xaneiro de 2015, no cal se decidiu cambiar de nome e estrutura xurídica, para que os seus militantes puidesen integrarse en Podemos e optar ós seus órganos directivos. Co apoio do 82,6%, o congreso aprobou pasar a definirse como un movemento denominado "Anticapitalistas".[3]

O 21 de febreiro, discrepancias internas na organización sobre a estratexia política e a orientación definida con respecto a Podemos culminaron na expulsión da asociación dos militantes de Almería e Granada e gran parte dos de Málaga.[4] Posteriormente estes colectivos, xunto a outros militantes que abandonaron Anticapitalistas, formaron a organización política "Izquierda Anticapitalista Revolucionaria" (IZAR).[5]

  1. "Rexistro de partidos políticos". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2011. Consultado o 19 de maio de 2009. 
  2. "Izquierda Anticapitalista decide dejar de ser un partido político para integrarse en Podemos". eldiario.es. EFE. 16 de xaneiro de 2015. Consultado o 16 de xaneiro de 2015. 
  3. 3,0 3,1 «Izquierda Anticapitalista se integra en Podemos», eldiario.es, 19 de xaneiro de 2015.
  4. Néstor Cenizo, «Militantes de Anticapitalistas Andalucía denuncian que han sido expulsados por su postura en Podemos», eldiario.es, 8 de abril de 2015.
  5. Página web de Izquierda Anticapitalista Revolucionaria (IZAR) Arquivado 07 de decembro de 2018 en Wayback Machine..

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]