Antilopininos
Antilopininos Antilopini | |||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Antilope cervicapra macho | |||||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||
Xéneros e Especies | |||||||||||||||||||||||||||||||
|
A dos antilopininos (Antilopini) é unha tribo de mamíferos artiodáctilos da familia dos bóvidos, subfamilia dos antilopinos.
Comprende varias especies de gacelas de mediano tamaño, que viven no Sáhara e ao redor deste deserto, no Corno de África e en Eurasia.[1]
Características
[editar | editar a fonte]Viven en pequenas mandas que teñen un macho territorial como líder e, ás veces, únense con outras especies de gacelas. A súa pelaxe é brillante, de cor parda ou canela. A maioría das especies teñen listas negras e marcas faciais. As femias teñen os cornos moi curtos en comparación cos machos.[2] Alcanzan velocidades máximas deaté 60 km/h, e teñen a capacidade de saltar e xirar bruscamente. Están ben adaptados á vida en contornos abertos.[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A tribo foi creada en 2003 polos científicos franceses Alexandre Hassanin, e Emmanuel J. P. Douzery, especialistas en filoxenia e anatomía comparada, no seu traballo "Molecular and morphological phylogenies of Ruminantia and the alternative position of the Moschidae". Systematic Biology 52 (2): 206-228.[4]
Xéneros e especies
[editar | editar a fonte]- Xénero Ammodorcas
- Xénero Antidorcas
- Xénero Antilope
- Xénero Eudorcas
- Xénero Gazella
- Xénero Litocranius
- Xénero Nanger
- Xénero Procapra
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kingdon, J. 2015. The Kingdon Field Guide to African Mammals, 2ª ed. Bloomsbury Natural History. ISBN 978-1-4729-2135-2.
- ↑ "Gazelle Tribe: Antilopini". The Living Africa. Consultado o 16 de outubro 2018.
- ↑ Huffman, Brent. "Subfamily Antilopinae". Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2008. Consultado o 16 de outubro de 2018.
- ↑ Tribe Antilopini Arquivado 17 de outubro de 2018 en Wayback Machine. en Fossilworks.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Antilopini na EOL.