Antilopinos
Antilopinos Antilopinae Antílopes "verdadeiros" | |||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Antilope cervicapra | |||||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||||||||||||
|
A dos antilopinos (Antilopinae) é unha subfamilia de mamíferos artiodáctilos ruminantes pertencente á familia dos bóvidos.[1][2]
Inclúe varios xéneros con numerosas especies de antílopes e gacelas, na súa maior parte presentes no continente africano.
Características xerais
[editar | editar a fonte]Os antilopinos son antílopes de pequeno a mediano tamaño que viven en África e Asia, sobre todo en hábitats abertos e secos. As características comúns dos compoñentes deste grupo son a constitución do cranio, os dentes e os cornos. Case todas as especies teñen glándulas visíbeis diante dos ollos. É escaso o dimorfismo sexual en canto ao tamaño ou a cor da pelaxe. Nas especies máis grandes ambos os sexos adoito presentan cornos, e o comportamento social é polixínico, formando rabaños cun só macho e numerosas femias. Nas especies máis pequenas, que moitos autores adoitan chamar antílopes ananos, xeralmente só os machos pesentan cornos, que son curtos, paralelos e rematados en punta; nestes animais predomina un comportamento social monógamo.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A subfamilia foi creada en 1821 polo zoólogo británico John Edward Gray, na súa obra "On the natural arrangement of Vertebrose Animals" publicada na revista London Medical Repository 15: 296–310.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome da subfamilia deriva do nome do seu xénero tipo, Antilope, e a desinencia do latín científico -ínae, propia dos nomes das subfamilias de animais. (Véxase a etimoloxía do xénero Antilope na páxina Antílopes).
Xéneros
[editar | editar a fonte]Non hai unanimidade sobre cales son os xéneros que comprende esta familia.
Segundo MSW, de Wilson e Reeder, a subfamilia Antilopinae integra os seguintes xéneros:[1]
- Antilopinae
- Ammodorcas Thomas, 1891
- Antidorcas Sundevall, 1847
- Antilope Pallas, 1766
- Dorcatragus Noack, 1894
- Eudorcas Fitzinger, 1869[3]
- Gazella Blainville, 1816
- Litocranius Kohl, 1886
- Madoqua Ogilby, 1837
- Nanger Lataste, 1885[4]
- Neotragus Hamilton Smith, 1827
- Oreotragus A. Smith, 1834
- Ourebia Laurillard, 1842
- Procapra Hodgson, 1846
- Raphicerus Hamilton Smith, 1827
- Saiga Gray, 1843
Porén, segundo o SIIT, serían os seguintes:
- Antilopinae
- Ammodorcas Thomas, 1891
- Antidorcas Sundevall, 1847
- Antilope Pallas, 1766
- Dorcatragus Noack, 1894
- Gazella Blainville, 1816
- Litocranius Kohl, 1886
- Madoqua Ogilby, 1837
- Neotragus Hamilton Smith, 1827
- Oreotragus A. Smith, 1834
- Ourebia Laurillard, 1842
- Pantholops Hodgson, 1834[5]
- Procapra Hodgson, 1846
- Raphicerus Hamilton Smith, 1827
- Saiga Gray, 1843
Filoxenia
[editar | editar a fonte]Investigacións recentes (2013) efectuadas por Bärmann et al. permitíronlles establecer as seguintes relacións filoxenéticas entre moitos dos xéneros da subfamilia dos antilopinos (que agruparon na tribo dos Antilopini).[6]
Antilopini |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A clasificación dos antilopinos está en continua revisión, e non todos os taxónomos están de acordo con esta visión; moitos subdividen a subfamilia en tres tribos, inluíndo o xénero Ammodorcas na tribo dos Antilopini, separan o xénero Saiga na tribo dos Saigini (no que tamén inclúen o xénero Pantholops), e sitúan os xéneros Dorcatragus, Madoqua, Neotragus, Oreotragus, Ourebia e Raphicerus na tribo dos Neotragini. (Véxanse os artigos Antilopini, Saigini e Neotragini).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Antilopinae en MSW.
- ↑ Antilopinae Gray, 1821 no ITIS.
- ↑ Non recoñecido polo SIIT, que sitúa as súas especies en Gazella.
- ↑ Non recoñecido polo SIIT, que sitúa as súas especies en Gazella.
- ↑ Situado nos caprinos por MSW.
- ↑ Eva Verena Bärmann, Gertrud Elisabeth Rössner and Gert Wörheide (2013): "A revised phylogeny of Antilopini (Bovidae, Artiodactyla) using combined mitochondrial and nuclear genes". Molecular Phylogenetics and Evolution 67 (2): 484–493.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antilopinos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Antilopinos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Groves, C. & Grubb, P. (2011): Ungulate Taxonomy. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0093-8.
- Groves, C. P. et al. (2011): "Family Bovidae (Hollow-horned rumiants)". In: Wilson, D. E. & Mittermeier, R. A. eds (2011): Handbook of the Mammals of the World. Volume II. Hoofed Mammals. Barcelona: Lynx edicions. ISBN 978-84-96553-77-4.
- Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
- Wilson, D. E., & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Antilopinae en Tree of Life (en inglés).
- Antilopinae en MSW.
- Antilopinae no SIIT.
- Antilopinae en ADW.
- Antilopinae no NCBI.