Saltar ao contido

Antitauromaquia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Acto antitaurino en Murcia en 2009.
Manifestación antitaurina en Pontevedra.
Corridas de touros ao estilo español no mundo:      Corrida de touros legal.      Corrida de touros prohibida, que se practicaba tradicionalmente. Nota: Algúns concellos prohibiron as corridas de touros en países e rexións onde é legal.
A tauromaquia nas provincias españolas no século XIX.
A tauromaquia nas provincias españolas no 2012.

Coñécese como antitauromaquia ao rexeitamento á tauromaquia, é dicir, ao acto de facer corridas de touros ou outros espectáculos ou festexos utilizando a estes animais.

As corridas de touros, no seu sentido moderno, nacen en España no século XVIII e desde entón espertaron críticas e desatado polémicas,[1] incluíndo prohibicións esporádicas, desde os mesmos comezos ata a actualidade. Os argumentos dos seus detractores cambiaron ao longo do tempo, segundo o momento histórico, e tivo xustificacións moi variadas: relixiosas, morais, económicas, estéticas, políticas e culturais entre outras.[2]

En Galicia

[editar | editar a fonte]
     Concellos adheridos á Rede de Municipios Galegos pola Abolición.
19 / 314

     Concellos onde se aboliron as subencións a actividades taurinas (Deputacións de Pontevedra e Coruña).[3]
155 / 314

     Concellos onde aínda se celebran touradas.[4]
2 / 314

En Galicia existe unha plataforma antitaurina, fundada en 2008, chamada Galicia, Mellor Sen Touradas, cuxo obxectivo é eliminar as escasas corridas de touros que se realizan nunha Comunidade con pouca afección á "festa nacional".[5] Pontevedra é a única capital de provincia que ten unha praza de touros en activo, aínda que se realizan corridas noutras poboacións como A Coruña ou Padrón, ambas con subvención municipal.[6]

Segundo Gallup, o 86% dos galegos rexeitarían ou aborrecerían os festexos taurinos,[7] unha das maiores oposicións á tauromaquia en España.

En 2010 Galicia, Mellor Sen Touradas iniciou unha campaña para declarar o maior número de municipios abolicionistas, baixo o nome "Queres declarar a túa cidade abolicionista?".

  1. Amat, Félix (1807). "Resumen Histórico del siglo XVI y XVII". Índices sumario, cronológico y alfabético del Tratado de la Iglesia de Jesucristo, ó Historia Ecclesiástica. Imprenta Benito García. p. 400. 
  2. Pérez Pena, Marcos (25 de abril de 2012). "As touradas "teñen cabida como espectáculo igual que a danza ou o teatro"". Praza.gal. Consultado o 14 de abril de 2020. 
  3. La Diputación de Pontevedra retira las ayudas a las corridas de toros, Faro de Vigo, 25 de septiembre de 2015 [1]
  4. Antitaurinos promoverán mociones locales para abolir los toros en Galicia, infoLibre, 30 de agosto de 2015 [2]
  5. Pérez Pena, Marcos (7 de xuño de 2012). "En Galicia existe tamén o consenso social para abolir as touradas, pero non se dá o político". Praza.gal. Consultado o 14 de abril de 2020. 
  6. Pérez Pena, Marcos (15 de maio de 2012). "O Concello da Coruña subvencionará indirectamente a feira taurina". Praza.gal. Consultado o 14 de abril de 2020. 
  7. Andrade, Alfonso (13 de marzo de 2010). "Galicia es una de las comunidades con menos espectáculos taurinos". La Voz de Galicia. Consultado o 13 de abril de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]