Rede de Municipios Galegos pola Abolición

Concellos onde se aboliron as subencións a actividades taurinas (Deputacións de Pontevedra e Coruña).[1]
Concellos onde aínda se celebran touradas.[2]
A Rede de Municipios Galegos pola Abolición é unha plataforma civil creada pola Asociación Animalista Libera, a Fondation Franz Weber e Galicia, Mellor Sen Touradas para fomentar a participación dos municipios de Galiza no proceso de abolición das touradas. Ten orixe nas primeiras iniciativas municipais presentadas en 2010 tras unha petición aberta dos abolicionistas á cidadanía.
Segundo a plataforma Galicia, mellor sen touradas os edís do BNG, Compromiso por Galicia, Esquerda Unida e Anova apoiarían mocións contra os festexos taurinos nos concellos nos que teñen representación.
A pertenza a esta rede de municipios implica o compromiso de non participar no impulso ou promoción de festexos taurinos, incluíndo a publicidade de festexos no seu territorio (o que ten especial relevancia en municipios contiguos a aqueles nos que aínda existe a tauromaquia), así como rexeitar o uso de fondos públicos para soster estas actividades.
Concellos
[editar | editar a fonte]En novembro de 2016 hai un total de 20 concellos adheridos á Rede:[3]
Concello | Provincia | Data | Poboación |
---|---|---|---|
Cangas do Morrazo | Pontevedra | xaneiro de 2010[4] | 26.567 |
Vedra | A Coruña | marzo de 2010[4] | 5.073 |
Dodro | A Coruña | 2 de abril de 2010[5] | 2.913 |
A Pobra do Brollón | Lugo | 9 de xullo de 2010[6] | 1.830 |
Teo | A Coruña | 28 de xullo de 2010[7][8] | 18.254 |
Ares | A Coruña | 5.741 | |
Betanzos | A Coruña | 29 de xaneiro de 2013[9] | 13.352 |
Fene | A Coruña | 13.498 | |
Moaña[10] | Pontevedra | 29 de xaneiro de 2015[11] | 19.365 |
Poio[12] | Pontevedra | 24 de febreiro de 2015[13] | 16.794 |
Bueu[14] | Pontevedra | 12.352 | |
Ourense[15] | Ourense | 106.905 | |
Padrón | A Coruña | 24 de setembro de 2015[16] | 8.693 |
Ferrol | A Coruña | 70.389 | |
Cuntis | Pontevedra | 4.931 | |
Ponteareas | Pontevedra | 23 115 | |
Manzaneda | Ourense | 975 | |
Lugo | Lugo | 25 de febreiro de 2016[17] | 98 134 |
Bergondo | A Coruña | 6700 | |
A Coruña | A Coruña | 243 870 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Diputación de Pontevedra retira las ayudas a las corridas de toros, Faro de Vigo, 25 de septiembre de 2015 [1]
- ↑ Antitaurinos promoverán mociones locales para abolir los toros en Galicia, infoLibre, 30 de agosto de 2015 [2]
- ↑ "Rede de Municipios Galegos pola Abolición". Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2018. Consultado o 17 de xullo de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 "Galicia es una de las comunidades con menos espectáculos taurinos", artigo en La Voz de Galicia, 13 de marzo de 2010.
- ↑ "Dodro, tercer ayuntamiento en contra de los toros", artigo en El País, 10 de abril de 2010.
- ↑ "A Pobra declárase contraria ás corridas de touros co apoio dunha concelleira do PP", artigo en La Voz de Galicia, 14 de xullo de 2010.
- ↑ González Díaz, Socorro (3 de agosto de 2010). "El PP y los toros" (en castelán).
- ↑ Botrán, Cristina (30 de xullo de 2010). "Teo rechaza los toros tras debatir más de una hora". El Correo Gallego (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2018. Consultado o 31 de agosto de 2018.
- ↑ "Betanzos, oitavo concello galego que se pronuncia contra a tortura aos animais", artigo en Praza Pública.
- ↑ Aprobado con una moción de la plataforma "Touradas Fóra de Pontevedra"
- ↑ "Prohibición de los circos que utilicen animales", artigo en Faro de Vigo, 30 de xaneiro de 2015.
- ↑ Moción aprobada con los votos del BNG e PSdeG-PSOE.
- ↑ "Poio, a un paso de declararse municipio antitaurino", artigo en La Voz de Galicia, 24 de febreiro de 2015.
- ↑ Aprobado cunha moción da plataforma "Touradas Fóra de Pontevedra"
- ↑ Moción do BNG aprobada con 9 votos a favor e 13 abstencións
- ↑ El pleno de Padrón acuerda que no haya eventos taurinos en el concello, La Voz de Galicia, 26-set-2015 [3]
- ↑ Lugo convértese no 18° municipio galego 'libre de touradas'