Antonia Maury
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Antonia Caetana de Paiva Pereira Maury 21 de marzo de 1866 Cold Spring on Hudson, Estados Unidos |
Morte | 8 de xaneiro de 1952 Modelo:Edad Dobbs Ferry, Nova York |
Educación | Vassar College (pt) (–1887) |
Actividade | |
Campo de traballo | Astronomía |
Ocupación | astrónoma, astrofísica |
Empregador | Harvard College Observatory (pt) |
Membro de | |
Familia | |
Pais | Mytton Maury e Virginia Draper |
Irmáns | Carlotta Joaquina Maury |
Parentes | John William Draper, avó |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Astronomers: A Biographical Reference (en) |
Antonia Caetana de Paiva Pereira Maury, máis coñecida como Antonia Maury, nada en Cold Spring on Hudson, Nova York (EE.UU.) o 21 de marzo de 1866 e finada o 8 de xaneiro de 1952, foi unha astrónoma estadounidense que deseñou un novo sistema de clasificación estelar que sería a base da astrofísica moderna.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Antonia Maury naceu no seo dunha familia de científicos: o seu avó era o astrónomo John William Draper, o seu tío o médico e tamén astrónomo Henry Draper, a súa tía a astrónoma e mecenas Mary Anna Palmer Draper e o seu primo o oceanógrafo Matthew Maury. Recibiu unha esmerada educación (especialmente científica) no Vassar College baixo a dirección da reputada astrónoma Maria Mitchell, graduándose en 1887.[2]
Dous anos despois, ingresou no observatorio astronómico de Harvard como unha das mulleres Calculadoras de Harvard que empregaba dita institución para realizar o catálogo cun salario tres veces inferior ao dun home. Maury pronto destacou descubrindo a segunda estrela binaria coñecida Beta Aurigae e determinando o período da estrela Mizar.
Con todo, pronto comezou a ter discrepancias tanto metodolóxicas como científicas co director do centro Edward Charles Pickering. Maury consideraba que o sistema de clasificación de espectros estelares que empregaba o observatorio era demasiado simple, polo que deseñou un novo sistema máis complexo con novos grupos e numerosas subdivisións que se utilizaban para describir a aparencia física da estrela.[3]
As súas diferenzas con Pickering foron insalvables e Antonia Maury abandonou definitivamente o observatorio en 1896 e dedicouse ao ensino. Con todo, Maury publicou os seus resultados e conclusións (un exame de 5 000 fotografías que abarcaban case 700 estrelas do hemisferio norte) que foron estudadas polo astrónomo danés Ejnar Hertzsprung. Este empregou as subdivisións de Maury para levar a cabo o Diagrama de Hertzsprung-Russell, dado que daba a posibilidade de distinguir as estrelas superxigantes das normais ou ananas.[3]
En 1918 volveu a Harvard baixo a dirección doutro astrónomo, e continuou o seu labor até a súa xubilación en 1948.[1]
En 1943, o catálogo Henry Draper revisouse para incorporar as ideas de Antonia Maury. Un ano despois, a American Astronomical Society concedeulle o Premio Annie Jump Cannon.[4]
Eponimia
[editar | editar a fonte]- O cráter lunar Maury leva este nome na súa memoria, honra compartida co seu primo, o mariño do mesmo apelido Matthew Fontaine Maury (1806-1873).[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Antonia Maury, un espírito libre
- ↑ Claramunt e Claramunt (2012)
- ↑ 3,0 3,1 "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2010. Consultado o 22 de xuño de 2015.
- ↑ 4,0 4,1 Altschuler e Ballesteros (2016).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Claramunt Vallespí, Rosa; Claramunt Vallespí, Teresa (2012). MUJERES EN CIENCIA Y TECNOLOGIA. UNED. ISBN 9788436264210.
- Daniel Roberto Altschuler e Fernando J. Ballesteros (2016). Las mujeres de la Luna. Historias de amor, dolor y valor. Editorial: Next Door Publishers e Jot Down Books (Colección El café Cajal). ISBN: 978-84-944435-4-1.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mulleres na Historia: Antonia Maury, a exploradora das estrelas
- "Antonia Maury". She Is an Astronomer (en inglés). Consultado o 09-05-2021.
- Antonia Maury (1866-1952): la mujer que conocía las estrellas no blog Mujeres con Ciencia