Antonio Agustín
![]() (1791) ![]() | |
Nome orixinal | (es) Antonio Agustín y Albanell ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 26 de febreiro de 1517 ![]() Zaragoza, España ![]() |
Morte | 31 de maio de 1586 ![]() Tarragona, España ![]() |
![]() | |
17 de decembro de 1576 – 31 de maio de 1586 ← Gaspar Cervantes de Gaeta (pt) ![]() ![]() Diocese: Arquidiocese de Tarragona | |
![]() ![]() | |
8 de agosto de 1561 – 17 de decembro de 1576 ← Miquel Despuig – Miquel Thomàs de Taixequet i Fluixà (pt) ![]() Diocese: Diocese de Lérida (pt) ![]() | |
Roman Catholic Bishop of Alife (en) ![]() | |
15 de decembro de 1557 – 8 de agosto de 1561 ← Filippo Angelo Seragli (en) ![]() ![]() Diocese: Roman Catholic Diocese of Alife (en) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Educación | Universidade de Salamanca Universidade de Alcalá ![]() |
Actividade | |
Ocupación | Auditor do tribunal romano da Rota. Bispo de Alife e Lleida, e arcebispo de Tarragona. |
Consagración | Giovanni Giacomo Barba (en) ![]() ![]() |
Familia | |
Pai | Antoni Agustí y Siscar ![]() |
Irmáns | Jerónimo Agustín y Albanell Pedro Agustín y Albanell ![]() |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC Obálky knih, ![]() Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron ![]() |
![]() |
Antonio Agustín Albanell, nado en Zaragoza o 26 de febreiro de 1517, e finado en Tarragona o 31 de maio de 1586, foi un eclesiástico e humanista aragonés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudoso do dereito e as humanidades, proveniente dunha familia que ocupou importantes postos na administración pública e na carreira eclesiástica, o seu cursus honorum comezou no eido civil e rematou no eclesiástico. Foi auditor do Tribunal da Rota Romana, nuncio do Papa en Inglaterra e no Sacro Imperio, participou no Concilio de Trento, e foi sucesivamente bispo de Alife, de Lleida e arcebispo de Tarragona.
Especialista en historia do dereito, tanto civil coma eclesiástico, con importantes achegas na tarefa de fixar os textos orixinais, destacou na historia do dereito canónico, onde os seus estudos foron moi valorados no seu tempo.[2] Foi dos primeiros estudosos en considerar a numismática e a epigrafía como auxiliares da historia.[3] Para realizar as edicións críticas das compilacións de dereito civil romano e dereito eclesiástico, formou unha importante colección de manuscritos, tanto gregos como latinos, converténdose nun destacado bibliófilo, posuidor dunha completa biblioteca humanística que puxo a disposición doutros humanistas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tirado de: Retratos de los españoles ilustres: Con un epítome de sus vidas. Madrid : En la Imprenta Real, 1791.
- ↑ Peset Reig 1996: p. 67.
- ↑ Carbonell Manils 1993.