Saltar ao contido

Antonio Carballo Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Carballo Vázquez
Biografía
Nacemento1884 Editar o valor en Wikidata
Coles, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de maio de 1937 Editar o valor en Wikidata (52/53 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónindustrial, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 1325

Antonio Carballo Vázquez, nado en Coles cara a 1884 e finado en Vigo o 12 de maio de 1937, foi un industrial e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Lugar de memoria na Fortaleza do Castro

Presidente da loxa masónica Vicus Nº 8. Coa República foi elixido concelleiro de Vigo nas eleccións do 12 de abril. Foi suspendido como concelleiro en 1934. Militante de Izquierda Republicana. Foi reposto como concelleiro o 20 de febreiro de 1936.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi xulgado en consello de guerra sumarísimo con José Caldas Iglesias e Julio Vilaboa Villar, acusado de rebelión militar e condenado a pena de morte. Foi fusilado no castelo do Castro. Abríronlle expediente de incautación de bens en setembro de 1937.[2]

  1. El País, 22-2-1936, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 10-9-1937, p. 9.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]