José Caldas Iglesias
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1898 ![]() Vigo, España ![]() |
Morte | 12 de maio de 1937 ![]() Vigo, España ![]() |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político ![]() |
![]() |
José Caldas Iglesias, nado en Vigo en 1898 e finado na mesma cidade o 12 de maio de 1937, foi un traballador metalúrxico, mestre e concelleiro galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Foi mestre na Escola Elemental de Traballo de Vigo e concelleiro dese concello.
Foi detido por estar no Concello de Vigo o día da lectura do bando do Golpe de Estado militar franquista en Vigo. Xulgado en consello de guerra sumarísimo xunto con Antonio Carballo Vázquez foi condenado a morte. Fusilárono no castelo do Castro.
A súa filla Carmen Caldas Vázquez foi nomeada Viguesa Distinguida en 1992.[1]
Na cultura
[editar | editar a fonte]A súa neta Mar Caldas realizou un proxecto artístico sobre a súa historia e a da súa familia.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vigueses distinguidos 1985-2011. p. 49. Fundación Vigueses Distinguidos. Concello de Vigo. 2012 (en castelán).
- ↑ Jorge Lamas Dono (11 de maio de 2023). "El fusilamiento de su abuelo, concejal en la República, inspira la propuesta artística de Mar Caldas". La Voz de Galicia. Consultado o 12 de maio de 2023 (en castelán).